Etiquetas
Parece mentira que as cousas da língua susciten un chisco máis de interese que as da carne/o mundo/o demo
05 Luns Mai 2008
Posted El País, Matrix Press
inEtiquetas
Parece mentira que as cousas da língua susciten un chisco máis de interese que as da carne/o mundo/o demo
Estou convencido: quérennos reducir á unha subcategoría máis dentro da amplia panoplia dos freakies, e que recibamos o mesmo tratamento condescendente e hipócrita polo resto de “la gente de bien”, o de recluirnos nunha especie de “reserva” social onde non molestemos. O mesmo que os do tunning ou uns moteiros por aí cando se lles pechan unhas rúas para que fagan ruido e queimen roda sen dar polo saco ó resto do personal, ou como cando se habilitan unhas naves industrais nun polígono semidesértico para que os rapazolos do “makina” vaian a encherse de pastilliñas que se venden uns ós outros… Esa é a súa lóxica noxenta.
Só que nós non nos imos deixar, claro.