Os de Vigo que fixeron unha reconquista en condicións mes e pico antes eran tamén protonacinalistas?
E o nome da Xunta non viña dunhas xuntas de defensa daquela época?
Non hai coma ter un pintor de corte para retratarte e pasar á Historia, hoxe en día sustitúase o do pintor con ter a sé de todos os medios de información mais relevantes na casa.
Outra cousa tamén son os mitos que se poderían ter e se pasa deles.
No artigo ademais do episodio de 1808, hai unha referencia interesante á nula oposición en Madrid cando os Cen Mil Fillos de San Luís chegaron no 1823 desde Francia, previo requerimento do Fernando VII, para devolver a España á senda absolutista. Para resistencia constitucional naqueles días ante á invasión reaccionaria igual habería que mirar para Cádiz… ou para a cidade da Coruña, cousa por certo que deste lado da ponte da Pasaxe non se lembra nada (e xa non digamos máis aló). Eso si, conmemorar si conmemoran tanto pasadas como presentes autoridades municipais a batalla de Elviña no 1809, que non deixa de ser o final da persecución dun exército inglés por parte dun francés, e xa nos podemos preparar para ver que argallan, para o ano que vén, os señores eses disfrazados de soldadiños de chumbo para escenificar a batalla do bicentenario. Mais A Coruña no trienio liberal (1820-1823) parece que non interesa. E eso que é a que fai, no primeiro momento, que o pronunciamiento de Riego -para volver á Constitución de 1812- tire para adiante e prenda nas máis importantes cidades de España. Tres anos despois, A Coruña será das últimas cidades en caer baixo control absolutista logo dun asedio bastante tremebundo. Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (con sede na Coruña), sabe un bo cacho do tema.
Magnífico artigo, si señor. O único que boto en falta é o idioma (disimule, un ten sempre a teima de andar na procura de peliños no leite, sonlle cousas da miña idiotasincrasia).
Agredézolle ademáis como coruñés que traia ás nosas mentes as lembranzas daqueles feitos esquecidos. ¿porqué teimamos tanto en lembrar ao capullo de Sir John Moore e non queremos lembrar aos paisanos que morreron pola libertade?
Graziñas polo artigo. A ver se algún día pode arranxar o seu problema co idioma, e xa sería perfecto.
Mourullo,douze points pola súa erudición liberal-coruñesista.En comparación co vazquismo, calquer tempo pasado foi mellor.
A min,ultimamente,o conto dos Green Jackets non me cabrea tanto.Se cadra, máis que amosar que A Coruña é un cidade decimonónica e conservadora ,podería ser a expresión dun sentimento drag queen do máis moderno.
aljo bo tiña o ser aldean vijes. Nin exercitos nin nin tonterias. Iso de ver o cachamuiñas coa machada escorrenta a calqueira persoa civilizada (lease frances).
Para collóns os de Ferrol, meu. Non só lle deron ben ao inglés no 1800, senon que o fixeron con trebellos de andar no terrón, ao lado dos quintos de profesión. ¿serían os artífices na nación ferrolán? ¿son os precursores do “conachés”, isa lingua que emerxe a todo “filispín”?

En efecto, dragón queen, húsar queen, zuavo queen
aljo bo tiña o ser aldean vijes. Nin exercitos nin nin tonterias. Iso de ver o cachamuiñas coa machada escorrenta a calqueira persoa civilizada (lease frances).
Moi bo artigo, Decano. Hai que ver ao rei decir eso da liberté, egalité…!
Para collóns os de Ferrol, meu. Non só lle deron ben ao inglés no 1800, senon que o fixeron con trebellos de andar no terrón, ao lado dos quintos de profesión. ¿serían os artífices na nación ferrolán? ¿son os precursores do “conachés”, isa lingua que emerxe a todo “filispín”?
Xa que non é fundacional, pero semella que Curros está a acadar certa condición mitolóxica.
Home, reclamar hai que reclamar sempre, como dixo aqueloutro mito, Arsenio.
Este é a miña versión do mito fundacional en versión revoltillo (con permiso de Miguel Costas e do dono deste currunchiño tan feituco):
Revoltillo 1: ” (…) Cachamuiña, María Pita, ron-ron-ron, la-botella-de-rooon…! (…)”
Revoltillo 2: ” (…) TERRA CHÁAA – TERRA CHÁAAAAAAAAAAA (…) “.
P.D.- Esperanza Aguirre… ¿Esperanza Aguirre? ¿E QUEN CONA É ESPERANZA AGUIRRE?