Non sei como será o acto de entrega dos premios Xerais para os premiados, e se os finalistas se desapuntan no último momento, e esas cousas. Pero desde que se celebran en San Simón ademáis de ter un certo regusto a aquelas “xiras” culturais dos tempos da República (polo menos do que lin que eran). levan camiño de converterse nun deses acontecementos que se fan tradición en pouco tempo. Tradición a presenza de Beiras e Camilo (que nesta ocasión, compartiron o banco primeiro na cuberta superior do barco, tanto na ida como na volta). A maioría de mulleres entre as gañadoras. O gaiteiro tipo primixenio. Un grupo de Panxón, principalmente feminino, capitaneado polo fotógrafo Magar, que rabean por cantar. O moi animado séquito de María Xosé Queizán. Pawley destilando similar acidez á dos seus posts. Docampo ídem. Os modelos, desde as camisetas [a da foto pon Sa Martín de Trevelles. Ondi se fala falego (Caciris)] ós traxes de gala.
Este ano, as novidades foron a -de novo- bonhomía de Agustín Fernández Paz, a impresión estraña que teño vendo a Fran Alonso fóra da auga, as patillas de Bragado, entre Ferrín e Tom Jones, e Bernardino Graña (“rioja”, espetaba estricando o vaso en canto se achegaba ó mostrador) como planeta arredor do que xiraban unha chea de satélites. Tamén a posible estampida tipo “fuxida de Saigón” que puido provocar Margarita Ledo (non sei se na faceta de académica ou de nacionalpremiada) propagando a falsa alarma de que xa había unha tremenda cola para o barco de volta.
Polo demais, como eu non son crítico (literario) felicidades e cada seu bico á Mar e Marilar, amigas as dúas.
[Foto do autor e da sherpa viguesa, by María Bragado]
Pingback: Premios Xerais 2008, as crónicas nos blogs « Xerais blog
Esqueceu vostede a tatuaxe de Rosalía que levaba Tino Vaz no antebrazo. A cultura galega comeza a cruzarse cos mariñeiros que chegaron nun barco de nome estranxeiro
E tamén o cento de bolsas de agasallo que se entreveran entre as mesas (co risco da perda do ventolín, 😉 e unha xeira de zapatos. O acto, simplemente glorioso.
Porra, esquecin ós puteos que le metín a Folerpa en cando a parecidos
Para me identificares, eu era o do traxe, ;). Parabéns polo nomeamento.
Xa me parecía, xa. Polo do ventolín e polo problema dos zapatos
😉
Un meme:
http://logio.blogspot.com/2008/06/dardo-2008.html
Saudos.
Dende que é vostede un prócer, o blog comeza a ter un cheiro xa me explico, con tanto sarao, tanto agasallo, tanto traxe, tanta crónica de sociedade e tanta foto de VIP… O artigo laudatorio de chef de deseño está ao cair, témome…. e para iso fixemos a revuluçao…. (diga algo, sr. pardo, que o noso gurú estase a botar a perder….)
Serán os anos,serán os kilos ou as malas compañías?
Sexamos optimistas,mesmo con tanto nomeamento e tanta merendola de xente respetable,seguro que o noso gurú segue a ser un punki rabudo de Monforte.