!! Supoño que a escusa é que a variedade xenética dos pementos procede dos de Padrón, pero non me parece ben que o producto se venda dese xeito porque por moita semente de Padrón que leven pra Marrocos, non pode ser o mesmo que uns pementos de Padrón (ou Herbón), polo clima, os coidados, o solo..
Saúdos!
Eu sentín que o nome de “Pimientos de Padrón” o rexistrara un empresario de Murcia, que comezou a producilos alí e agora en Marrocos. Non sei se é ou non lenda urbana. Creo que se os de Padrón non poden recuperar a exclusiva do nome, deberían rexistrar e lanzar como producto de calidade o nome de pementos de Herbón, antes de que nos cheguen de China
A cousa é a seguinte:
1.- O etiquetado da tal bolsa é perfectamente legal e mesmo correcto. Pemento “Padrón” e orixe “Marruecos”.
2.- A denominación “Padrón” correspóndese cuha variedade rexistrada de pemento, igual que unha mazá “Golden” ou unha pataca “Kennebeck”. Esta variedade cultívase en todo Estado, en Marrocos e mesmo noutros continentes.
3.- A variedade foi inscrita no rexistro oficial de variedades comerciais do Ministerio de Agricultura alá polos anos 80, e no rexistro figura como “anónimo” a persoa ou entidade que o inscribíu.
4.- No seu momento podía haber sido denegado o nome comercial, a solicitude por exemplo da xunta, pero seica non houbo reflexos.
5.- A Denominación de orixe “Pemento de Herbón” está a piques de saír ao mercado, pero está restrinxida á produción da parroquia de Herbón e área limítrofe.
6.- Desgraciadamente nestes tempos enténdese moito máis das uĺtimas tendencias estéticas de New York que do que comemos e como o comemos. Ata resulta que o progreso do país ven dado porque nos dediquemos ao deseño textil ou a arquitectura. E, lembren: “sine agricultura nihil”…..
Mais nada.
PS. O problema non é esa bolsa, senón outras omitas que na parte de diante teñen un mapa e o nome ben grande de Galicia, e pola parte posterior, en letra minúscula, orixe maroc. O dito: vixíen as súas costas.
Unha última, despois de ler o chuzado: é ben máis probable que nos atopemos pementos de padrón etiquetados fraudulentamente en pequenos establecementoos e/ou en cadeas de supermercados xenuinamente galegas que nos casos de Eroski-Vegalsa, Mercadona ou Carrefour. Falo por experiencia. Os operadores/envasadores galegos son os únicos que poñen o nome de Galicia máis grande por dianre eo nome “maroc” (para despistar) en letra lexible só con microscopio por detrás. E así nos vai: a culpa non é do Ministerio, nin de murcianos listos: éche de nos mesmos….

Houbo un (sempre) interesante debate sobre o tema hai uns días en Chuza.
…No que se evidencia unha vez máis, o moito que Ministerio de Agricultura (non se especifica cal en concreto) vela pola agricultura de Galicia.
Eu sentín que o nome de “Pimientos de Padrón” o rexistrara un empresario de Murcia, que comezou a producilos alí e agora en Marrocos. Non sei se é ou non lenda urbana. Creo que se os de Padrón non poden recuperar a exclusiva do nome, deberían rexistrar e lanzar como producto de calidade o nome de pementos de Herbón, antes de que nos cheguen de China
Míralle o lado positivo, meu !!!
Alomenos indican que veñen do pais do perixel. 😀
A cousa é a seguinte:
1.- O etiquetado da tal bolsa é perfectamente legal e mesmo correcto. Pemento “Padrón” e orixe “Marruecos”.
2.- A denominación “Padrón” correspóndese cuha variedade rexistrada de pemento, igual que unha mazá “Golden” ou unha pataca “Kennebeck”. Esta variedade cultívase en todo Estado, en Marrocos e mesmo noutros continentes.
3.- A variedade foi inscrita no rexistro oficial de variedades comerciais do Ministerio de Agricultura alá polos anos 80, e no rexistro figura como “anónimo” a persoa ou entidade que o inscribíu.
4.- No seu momento podía haber sido denegado o nome comercial, a solicitude por exemplo da xunta, pero seica non houbo reflexos.
5.- A Denominación de orixe “Pemento de Herbón” está a piques de saír ao mercado, pero está restrinxida á produción da parroquia de Herbón e área limítrofe.
6.- Desgraciadamente nestes tempos enténdese moito máis das uĺtimas tendencias estéticas de New York que do que comemos e como o comemos. Ata resulta que o progreso do país ven dado porque nos dediquemos ao deseño textil ou a arquitectura. E, lembren: “sine agricultura nihil”…..
Mais nada.
PS. O problema non é esa bolsa, senón outras omitas que na parte de diante teñen un mapa e o nome ben grande de Galicia, e pola parte posterior, en letra minúscula, orixe maroc. O dito: vixíen as súas costas.
Unha última, despois de ler o chuzado: é ben máis probable que nos atopemos pementos de padrón etiquetados fraudulentamente en pequenos establecementoos e/ou en cadeas de supermercados xenuinamente galegas que nos casos de Eroski-Vegalsa, Mercadona ou Carrefour. Falo por experiencia. Os operadores/envasadores galegos son os únicos que poñen o nome de Galicia máis grande por dianre eo nome “maroc” (para despistar) en letra lexible só con microscopio por detrás. E así nos vai: a culpa non é do Ministerio, nin de murcianos listos: éche de nos mesmos….
isto é semellante….
http://untalmarra.wordpress.com/2007/08/22/o-que-comemos/