Volveume esquecer, nesta ocasión por dous meses redondos, mencionar o terceiro aniversario deste taboleiro dixital, máis que blog. 500 posts e uns milleiros de comentarios que non podo precisar porque xa non sei onde se mira cantos van -antes diciamo sen preguntarllo-. Tampouco a cantidade de visitantes, porque cambiei de cabalo contador a metade de carreira, pero o que importa é a calidade, a súa. Saiban que estou tan agradecido polas visitas como os que se mudan a unha casa no campo.
III Ano Triunfal
02 Sábado Ago 2008
Posted Non sei eu..., Xeral
in
Parabéns! “E que cuuuuumpras moooooitos maaaaaaáis!” 😀
Parabéns!
Parabéns, pero non morra de éxito cabaleiro, a loita continua.
Home, as casas no campo onde o xamón e o viño son dos bos sempre teñen mais visitas, e o viño, o xamón e a conversa na súa casa sempre mereceron os meus parabéns.
Mentras estea aberta a porta, aquí estarei 🙂
Parabéns polo blogue!
Agradecido a todos. Doutor Krapp, non haxa medo de endiosamento, o de III Ano Triunfal, evidentemente, é irónico…
3 anos e aínda ben rufo! Vostede siga dando ben que nós hemos comerlle todo o que bote enriba da mesa.
Parabéns por estes tres anos tan intensos.