Etiquetas
Sinceramente, aínda sen compartila, pensei que a decisión sería a contraria. Que Touriño faría caso da oferta-non-rexeitable. Non deixa de ser unha agradable sorpresa, (aínda que non podería definir por que agradable).
28 Xoves Ago 2008
Posted El País
in
Vou repetir un post que colgei noutra casa, pro eu non lle vexo a graza:
“Sinto non concordar para nada con vostede… Non nos poden vender a solución a un enredo que eles mesmos crearon… Por non falar do tratamento mediático da TVG… Pero o peor non é iso, o peor é que significou a maior das deslealdades cara o seu socio de goberno. Que ningúen se chame a engano, este é o PSOE… cando o BNG actúe en consecuencia algúns acusarano, pero tristemente aquí hai que aplicar o de Baltar: “se un se despiste pásanlle a rebordadora”.”
A gracia hailla que ver a case calquera cousa. Desde logo, ese tono solenme de declaración institucional para desmentir o que soamente era un rumor propagado e consolidado polos promotores, ten o seu aquel.
Home, visto así…
Eu atrévome a dicir por qué agradable, sr. Pereiro: por valente (presuntamente).
[Como diría o inefable e nunca ben ponderado Xosé Luis Blanco Champaña nos albores da TVG… é ou non é?]
Coido que intentaronlle sacar partido a unha metedura de pata,que non foi cousa del, e logo el e os da metedura sacaronlle bo proveito. Máis nada, e verán…hai que esaxerar un pouco