Comezarei por unha declaración de principios: Eu son esencialmente un roqueiro, e podo vibrar co pop. Non comparto o folk riba dun escenario. Non concibo a canción popular fóra das tascas e dos sitios onde se inventou (esas interminables probas de son para instrumentos feitos para tocar sen amplificación), non me gusta polo xeral o folk evolucionado ou como se chame. Pero asistín ó concerto de Fuxan, por amistade, por curiosidade e porque me interesou o que escoitei nun ensaio. E emocionoume. Quizais porque teñen himnos que herdei como xeneracionais, ou cantos a unha época que na deles xa esmorecía e da que eu tiña recordos da infancia, esa idade media que aínda presenciamos os da miña época que tiñamos raíces na aldea. Pois iso e máis nada. Que me gustou.
Fuxan os Ventos
20 Luns Out 2008
Posted Non sei eu..., Xeral
in
Advertisements
Eu non tiña pensado ir pero ao final fun por traballo, e confeso que botei unha lagrimiña escoitando “O carro” e media co “Afiador”. Foron demasiados sábados de infancia nos que meu pai nos espertaba co disco dos malditos Fuxan. De aí vén tanto a manía que lles teño, por pura rebeldía xeracional, como a emoción do sábado. Non llelo digan a ninguén.
Vostede e máis eu coñecímonos nunha tarde de outono de 2006, no Chaminade, nunha especie de “disco forum”, unha excusa para xuntármonos estudantes galegos, e facer -como non- política. E alí soaron fuxan e batallán. Iso é memoria histórica e o demais son filfas. Vaia merda de nostalxia, e eu sen medicarme……
Como un bo peixe de mar hai que limparlle as escamas nostálxicas que rodean aos grupos míticos da nosa mocidade e velos na súa autentica realidade.
Hay uns anos reivindicar a figura, por poñer un caso, de Frank Sinatra era un síntoma de reaccionarismo evidente. Hoxe por hoxe escoitar a aquel home é un auténtico galano para a nosa sensibilidade.
Fuxan os Ventos é un excelente grupo musical máis ala das lembranzas, dos politiqueos de conxuntura e das posturas interesadas.
Orsinia:o que dicía eu das raíces, que son moi malas de arrincare.
eSedidió: O seu si que é memoria histórica.
Ben,
unha vez cuberto o trámite necesario da reunificación de Fungan os Bentos,
para cando Radio Océano Revival?
Interesante ler isto tamén. A ausencia de Mino e Mero está sendo moi comentada.
Non é raro, levan ausentes desde 1983…
#5 Sobre o ROR (Radio Océano Revival)hai un par de proxectos en CD ós que non lle vexo moita traza. En directo, mismamente despois dos Beatles.
Máis sobre Radio Océano, e tamén sobre os que aínda temos unha raiciña chantada na aldea: nunca esquecerei un memorable “Terra Chá” que me puxo os pelos de punta cando sonou nun festival de Pardiñas por obra e arte de Radio Océana e boca do dono deste alpendre de ideas, non sei se no 87 ou por aí. Así que, eu tamén proclamo: revival Radio-oceánico xaaaa…!!
Mon lle faga caso a cansendono que o quere mal..Vostede o seu, que ponse a dar berros durante duas horas enriba dun escenario como cando era un pimpim e pode darlle aljo, é non bo precisamente, meu. Sentidiño.
Cansendono: vostede quere matarme o Guru e logo que facemos eSesidio, Prado e etc sen poder leer tranquilamente as columnas que tanto gostamos.Mon sexa malo e deixe de dar azos o vello.
oia, Álvarez, un respecto dentro do cariño. Que para dar choutos e berrar aínda estou, todo depende de quen toque.
Diga que sí! Terra Chá, Terra Cháaaa…!!!
Meu deus,revival habemus.Que vena alguén co botiquín,por se ascaso….
Arredemo e agora son os Led Zeppelin os que queren voltar! Boas novas…..alomenos para a Seguridade Social.
E andan a procura de cantante…hummmmm, que me aconsella, Álvarez, presentarme ou non ó casting?
como o quero ben digolle que si, porque cos cartos que ia levantar teria para a reanimación e ainda para o marcapasos. Outra cousa sería co seu exgrupo, que, ou estou talmente errado, ou non creo que lle dea a reaparición nin para os cubatas. Menos mal que o Sr. Pardo tamen o ten a ben e non quere que faja o ridículo como eses dinosaurios que tocan para outros acabados que ainda pensan que ainda son mociños…meus pobriños.
Because of reading your blog, I decided to write my very own. I’d never been interested in keeping a blog until I saw how fun yours was, then I was inspired!
Greetings, super job, basically wasnt so busy with my research work I just read your full blog. I must say i need to express gratitude!