Eu aprecio a todos por igual, pero hoxe espeto un pao na terra, como dicía Virginia Woolf, para recordar o día en que un seguidor deste blog (máis ben un lurker) , Agustín Fernández Paz, acada o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Non é sen tempo o galardón, pero cravo o pao tamén porque é dos homes máis sinxelos, amables e sabios que teño coñecido, aínda que sexa coñecido ben pouco. Póñame na lista de apertas, xefe.
Felicidades, Agustín!
23 Xoves Out 2008
Posted Xeral
in
Póñome eu tamén nesa lista, abofé.
Anunciate Gratis en Galego
http://www.atopar.es “Anuncios en Galego”
Sn dúbida que os coñecemos a Agustín sabemos que é excelente como persoa e como escritor. Parabéns!
Pingback: Parabéns para Agustín « Xerais blog