Home, é que esas apostas son sobre seguro, amiguiño. Nunha destas o noso Paco argalla un par de milagres coruñeses e testificados e retorna do Vaticano caseque beato.
O galeguista marquiños non sabe que facer para sair nos peródicos, a vindeira a ser a miss terceira idade; primeiro una fase previa por barrios e logo a final na praza de maría gallina e senón ó tempo jajaja.
Mimá…! É metafísicamente imposible ser máis rancio e balorento ca estes aspirantes a bisagristas sen carteira. Pregúntome cantos votos han necesitar de entre a curuñesería para acadar as súas abxectas finalidades. A sospeita prodúceme unha mestura de vértigo, noxo e angustia.
Os coruñeses non premidados non deben de ser “coruñeses de toda la vida”, senón de “pouca vida”. En todo caso, ese “De toda la vida” sóname a “aquí (en La Coruña) toda la vida de Dios se hiceron así las cosas”, “no sabe con quién está usté hablando” ou “Todo para la Coruña, y para los demás sarna”.
Cumpriría reeditar, actualizándoa, aquela biografía “non autorizada” de Francisco Vázquez, publicada por Luis Pita e Primitivo Carbajo en 1993: Paco Vázquez: A pegada dun príncipe. Xa só o Dopeso, na súa traxectoria pre- e post-constitucional, daba para un capítulo, así como a camándula de bingueros, construtores e monaguillos que serviron fielmente ao alcalde.

Sobre todo na Opinión, onde lle publican todo

Por un caso deses, de amistades perigosas do alcalde, fun eu a declarar a un xulgado de Madrid.
Cona, Pereiro, para cando unha crónica ou un “comadreo” sobre tan alta ocasión?
Non estiven alí, e son tan clásico que considero esa circunstancia un argumento que me exime de facelo.