Etiquetas

, , , , ,

Ás veces, poucas pero veces, non sei se fixen ben non quedándome a vivir en Madrid. Claro que desde que residín alí ata agora producíronse fenómenos fondamente desagradables como a pobreza e a marxinalidade extremas ou Esperanza Aguirre, pero un a un, os madrileños son agradables, e as cañas están ben tiradas -aínda que non sexan Estrella- e algunha que outra cousa. Pero sobre todo, miren que o pasan ben agora en Madrid os do meu gremio. Por exemplo, o caso de Sor Maravillas, ou Santa María Maravillas, virxe, que é o nome canónico (e que por certo, parécese un pouco a Zaplana).

Non ela, senón o rebumbio montado sobre se lle poñían a placa no Congreso ou non lla poñían. Desde os serios cronistas parlamentarios ata os redactores de programas graciosetes tocando o tema. Sinal de que é o TEMA, o que abre os informativos, preside as seccións nobres dos xornais, inunda as tertulias da radio e reina nas listas de noticias máis visitadas na prensa dixital. En Cataluña despiden dunha tacada a dous mil e pico obreiros dunha empresa, aquí quedan centos cun pé dentro e outro fóra, pero o TEMA é se lle poñen unha placa nas Cortes a unha monxa por unha razón que se me escapa. Que se me escapa e, se queren que lles diga a verdade, nin me interesa, pero hai que recoñecer que é ben máis ameno e divertido que o debate das posibles ou improbables medidas das Administracións para que as listas do INEM non se poñan como Montserrat Caballé.

Ese espírito rebuldeiro, esa joie de vivre que din os franceses contaxia todo. O que sexa. Por toda España hai xente, que con máis fe e esforzo que medios e axuda, tenta recuperar os restos dos seus parentes asasinados, e que para vergonza xeral, levaban tanto tempo enterrados de ditadura como de democracia. Apareceu un xuíz e un fiscal a facer diso unha chocallada, grandilocuente e de aparencia máis que seria, pero chocallada no fondo.

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:”Times New Roman”;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-bidi-font-family:”Times New Roman”;
mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}
Mismo Rajoy, que ten un sentido do humor ben máis depurado, cae no chistecismo e repite como un loro o mantra descalificativo: “despilfarro, audis y mojitos” como se a Xunta anterior se trasladara en Skodas, ou o alcalde Ruiz Gallardón non se comprara un coche 30.000 euros máis caro ca o de Touriño, ou non fose seu o cuñado aquel (de Rajoy, non de Gallardón nin de Touriño) a quen transformaron directamente de becario en director financeiro da Cidade da Cultura, ese exemplo de previsión e aforro.

Como todo se pega, sempre hai quen, como os viaxantes de antes, se apunta a importar as novidades, veñan ou non a conto. Como esa decisiva polémica sobre se algúns deputados poden dicir “Parlamento de Galiza” ou se teñen que ater á denominación oficial “Parlamento de Galicia”. Eu fun desde sempre de Galicia, pero Galiza, polo menos fóra do Parlamento, é unha expresión academicamente correcta, e non sei por que non o vai ser dentro. O que non o son, nin dentro nin fóra, son cousas como poñer os pronomes onde a sus señorías lles peta: “lle digo, señor X”. Pero por iso, que fai renxer as orellas a calquera galegofalante (ou a calquera que, sen selo, leve tempo bastante escoitándoo) sorprendentemente non protesta ninguén.

Quitado aquí, que como estamos en provincias dámoslle mil voltas e moita importancia ó xoguete, os políticos e periodistas mesetarios cambian de apandote en canto se aburren. Morto o do placa da monxa e as boutades de Bono, le dernier cri é que parece que Álvarez Cascos, ex ministro e galerista consorte, se dedicou a mandar sms con rumores de que crebaba Sacyr. Eses son temas, perdón TEMAS, e non a perrallada de aquí. Non lles parece emocionante?, non lles recorda ó colexio?

(sábado 22 de nov. de 08)

Advertisements