Estes días, quen máis ou quen menos anda atafegado procurando oportunidades, ou laiándose por ter saído do Nadal sen carto ningún para aproveitar agora as gangas, ou cando menos fíxase nos escaparates a ver que se salda. Eu non dubido da experiencia e sabedoría do sector do comercio á hora de enfocar o asunto. Ao fin e ao cabo, acabamos picando todos. Pero a min paréceme que un fenómeno económico e social de tal magnitude como é das rebaixas, está aínda por desenvolver en todas as súas potencialidades.
Por exemplo, os coches. Non entendo por que non hai rebaixas de coches, O sector está que asubía coa crise, e non fai máis que pedir medidas ó goberno. Soamente lle queda esixir que se prohiba circular ós vehículos con más de cinco ou dez anos de antigüidade. Pero, como moito, fan promocións, nunca rebaixas,. Creo recordar que a cuarta ou quinta parte do custo dun coche é a publicidade. E a publicidade dos automóbiles non sirve para proclamar as vantaxes do produto, senón unicamente para crear imaxe de marca. Daquela, que tal unha sinxela estratexia tipo: “Modelo X. Xa sabe o que hai e de que vai. Rebaixámolo un 20%”. Ou facelos directamente máis baratos e con menos tontería. Os fabricantes da India, Tata, Maruti e Mahindra, aplican o que chaman “principio da competencia cooperadora”, máis ou menos como código aberto do software libre, no que comparten coñecemento, provedores e compañías auxiliares, de forma que partillan os riscos e os gastos. Estímase que esta estratexia pode reducir custes dun 30 a un 40 por cento. Tamén que os fabricantes tradicionais poden lograr recortes do 20 ao 30 por cento mediante economías de escala e métodos de deseño orientados ao aforro.
Outro sector con máis oferta que demanda, situación que teoricamente debería facer baixar os prezos, é o da vivenda. Pero tampouco hai rebaixas de pisos, por moitos que haxa montes e moreas sen vender. Segundo a opinión dun dos maiores expertos do sector (tanto que vendeu xusto antes de que as vacas pasaran de gordas a fracas), non é unha boa medida, porque se perden cartos. Se unha vivenda estaba pensada para colocala por 200.000 euros, vendela por 180.000 é perder 20.000. Eu non son experto en nada, e menos no ladrillo, pero si sei que promotoras e inmobiliarias tiñan unha marxe abismal entre o que lles custaba construír e o que obtiñan por vender, de aí os beneficios substanciosos que tiveron cando había movemento. Ou sexa que coas rebaixas o que farían sería deixar de ganar algo, no canto de perder nada. Claro que estas cousas pasan porque da mesma forma que sobre as cabezas dos propietarios de vivendas de aluguer planea a ameaza reiterada da penalización fiscal se as teñen baleiras, sobre as cabezas fiscais dos que teñen urbanizacións sen vender non planea nada. De todas formas, quen debe de saber agora a mitra deste asunto é o meu ex xefe Alfredo Urdaci, que acaba de tomar posesión como responsable de prensa e imaxe de Paco Hernando (a) El Pocero. Hai que ver a vista que teñen algúns á hora de escoller árbores con boa sombra ós que lle levar as relacións públicas: de José María Aznar a El Pocero¸ iso si que é unha traxectoria.
E tanto o sector do automóbil como o do cemento se poderían beneficiar do principio que domina o fenómeno das rebaixas: comprar o que non precisamos pensando que nos facemos con cousas que necesitamos a prezos que pensamos que podemos pagar.
(sábado 10 de xaneiro de 09)
A min a deontoloxía do decano(e aínda por riba deste)paréceme un tema aburridísimo e ténolle moita hincha a iso de ir ás compras….
Gustaríame,xa que logo,seguir coa mina teima.Anxela Bugallo ía de número 2 nas listas(por tras de Quintana)e agora desapareceu.E ninguén deu explicación ningunha.Non deberíamos chamar a Lobatón? Coido que só un programa de “Quen sabe onde” sería quen de nos explicar estes fenómenos.Como convidados deberían ir Paco Rodríguez e Santiago Rey Fernández-Latorre.Home,convidamos tamén a Yolanda Castano,para que non rosme o amigho eSedidió.Vostede sHs,debería facer o guión que seica ten experiencia.
Especial de Quen sabe onde a prol da transparencia política?Bueno,haberá que pensar nun título máis corto….
Joder que perrencha……. Parece mentira que un descendente de decapitados (insisto) se sorprenda de como as gastan aseghun quenes. Ben se ve que a defenestrada non ten fans tan inquebrantables coma vostede…… En canto ao do pope da voz, faga coma min, dea de baixa a suscrición da empresa no libelo e lea el ideal no almorzo (síntoo, pero é que na cafeteria non hai outros). agora só agardo a que a miña amiga multiempregada deixe de figurar como columnista para darme de alta no xornal.
El Ideal?Que nostalxia, vaia cafetería,cal é a edade media da parroquia? Eu non é que vaia a cafeterías de modernos,pero hai xa un cacho que non paso do tandem La Voz-La Opinión.E non se me faga o inocente,aproveite e lea Xornal.Ou é que nunca se pasou por Sargadelos a ver o panorama?
O de quitarse da Voz non sería mala cousa.As loas a Paco Vázquez e as críticas á Bugallo tenme xa moi canso.
Pero o programa de Lobatón hai que facelo a ver se atopamos á Bugallo.Iso de que prexuizos sexistas misturados cun xeito de facer política propio dos feirantes pouco serios puideran rematar con ela sería moi triste para ser verdade….
E falando de troulantes e feirantes,xa viu vostede que pechou Toñi? A perda da estrela Michelin debeu ter máis peso que o apoio da beautiful…
E que a beautiful tamén comerá na casa de cando en vez, e non tiraráa cotío de restaurante