• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tuneado electoral

27 Venres Feb 2009

Posted by sihomesi in Kinopravda

≈ 12 Comentarios

 

Valorar:

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Navegación de artigos

← Previous post Next post →

12 thoughts on “Tuneado electoral”

  1. Matachin said:

    27 Febreiro 2009 ás 16:39

    É a mantenta? ¿que pon na folla en pequeno?

    Resposta

  2. sihomesi said:

    27 Febreiro 2009 ás 16:51

    chourizos.org ou algo así. Tívenme que poñer no medio da rúa para sacar a foto

    Resposta

  3. Matachin said:

    27 Febreiro 2009 ás 17:49

    Todos os partidos teñen a súa merda, e esta é unha forma ben xeitosa de sinalala.
    Encántenme estas cousas 🙂

    Resposta

  4. ghanito said:

    28 Febreiro 2009 ás 00:02

    Rin moito vendo ese mesmo cartaz e tamén o fotografei (e iso lémbrame que hei de cambiar o móbil por outro cunha mellor cámara) porque paréceme moi ben a crítica satírica. Probablemente a crítica mais elegante feita nesta campaña a Quintana.

    O que pon en pequeno é caciques.gz

    Resposta

  5. Chuzas said:

    28 Febreiro 2009 ás 01:11

    Boas tardes. Quintana foi pra min unha das moitas decepcións desta campaña. No 2005 pareceume moi boa a campaña do Bloque e os resultados non foron os esperados. Nesta o Bloque errou personalizandoa en exceso na figura de Quintana que xa non é o de ai catro anos. Vin un Quintana resabiado, sin aquela frescura, ilusión e confianza nas propias forzas que trasmitiu no 2005. Quizáis esta vez contra do meu prognóstico os resultados sexan mellores. Dentro da penosidade xeral da campaña penso que a do PP foi a mellor e a de Núñez Feijóo como candidato a presidente. No PSdeG penso que están bastante acojonados ainda que a base de dar bandazos mellorou neste tramo final ao igual que o discurso de O Presidente Pérez Touriño, que non é santo da miña devoción.

    A pesares de que sihomesi non propuxo sequera unha porra para pasar o tempo, eu son algo mula torda e como non escarmento dos anteriores fracasos voulles dar a miña sensación do que pode ocorrer a partires do domingo e máis un vaticinio.

    A abstención vaise incrementar sobre as últimas autonómicas arredor dun 5% rondando o 40%. Vexo bastante seguro que o PP perderá un dos seus escanos por Ourense. Con algunha menos seguridade, o PP pode incrementar en 1 os que ten en Pontevedra. Ao respecto do reparto total dos escanos do Parlamento e do futuro goberno… case mellor lles conto un conto unha miga triste.

    Pasaron xa 10 días dende a xornada electoral en Galicia. Os partidos estatais teñen despregados nas capitais provinciais os seus equipos xurídicos chegados dende Madrid ao igual co Bloque. Aínda se está a escrutar o voto da emigración. Faltan por chegar algunhas sacas de ultramar que poden ser determinantes para o resultado final das eleccións. As xuntas electorais provinciais e a central reúnense caseque de forma permanente para resolver os centos de impugnacións e reclamacións de todo tipo feitas por todolos partidos. As presións e as acusacións cruzadas entre todos e contra todos nos medios de comunicación teñen farta e anoxada a cidadanía. …

    Pasarón … días dende a xornada electoral en Galicia. A xunta electoral fai públicos os resultados oficiais (que terán que ser ratificados nos xulgados para seren definitivos).
    A suma dos escanos do BNG e o PSdeG dalles unha exígua maioría absoluta. O Presidente candidato Pérez Touriño revalidará o seu cargo con toda probabilidade. (Xamais se soupo que foron decisivos os votos dun vello de Buenos Aires finado o día antes das eleccións e o dun mozo de Caracas que nin estivera nin estaría nunca en Galicia).

    Que así non sexa.

    Resposta

  6. sihomesi said:

    28 Febreiro 2009 ás 12:06

    Estou de acordo -e cruzando os dedos para que non se cumpra- con ese pequeno ensaio seu de politica-ficción. Co que non o estou é co da campaña personalista. Non de que non o fose, senón que non o debía ser. (Por certo, o do personalismo recórdame aquelas críticas contra o “culto á personalidade” do paleozoico que facían precisamente os que máis culto facían, ata que cambiaban de cabalo). Se gobernaches e te presentas á reelección, o normal é que reivindiques esa acción de goberno. Se fas fincapé na organización, estás dicindo que quen a representaba non o fixo ben, ou que hai dous BNGs, un que estaba no goberno e outro fóra del. E se os outros partidos fixeron exactamente o mesmo, por algo sería.

    Resposta

  7. sihomesi said:

    28 Febreiro 2009 ás 12:08

    Ah, e non fixen unha porra porque non sei facer/son alérxico ós métodos blogueiros para aumentar a participación. E porque nunca atinei ningunha.

    Resposta

  8. Alfonso Pardo said:

    28 Febreiro 2009 ás 16:14

    A ver,pra que rían vostedes de min ben a gusto:o PP vai perder dous deputados que irán ao saco do BNG.O PSOE mantense.

    E o dos vellos moi triste.Claro que Quintana non é o peor do BNG,máis ben todo o contrario.Quen do BNG argallou o conto dos vellos? Quen argallou a campaña persoal contra Anxela Bugallo?

    Resposta

  9. Chuzas said:

    28 Febreiro 2009 ás 16:54

    sihomesi, seguramente teña vostede razón sobre o personalismo e a extratexía do Bloque. Pero hai algunha cousa que quero matizar. Quintana, en realidade, non se presenta a reelección. Esa foi a estratexia clara de O Presidente, que si ten posibilidades reais de volver a selo. E, por suposto, ao que máis lle conviña ese enfoque (ou ti ou eu) era a Núñez Feijóo. Por iso rexeitou o papel de un candidato máis fronte ao presidente nun debate a tres. Non sei, segundo dicían as enquisas preelectorais, mentireiras ou non, os conselleiros do Bloque eran os mellor valorados do goberno. Penso que tiraron pouco de aí, De obrigar aos outros a baixar a area do debate sectorial, do que se fixo e mostrar que esa boa valoración tiña fundamento e que os cadros do Bloque eran os mellores.

    Esperemos que non se produzan máis liortas noxentas unha vez que a xente teña votado e que o novo goberno asuma con normalidade as súas funcións o máis pronto posible.

    Resposta

  10. alvarez said:

    1 Marzo 2009 ás 15:09

    sr.chuzas: “Esperemos que non se produzan máis liortas noxentas unha vez que a xente teña votado e que o novo goberno asuma con normalidade as súas funcións o máis pronto posible”. Recoñezo que conmoveume vostede. Ainda cree nos reixes magos e nos paxariños de cores. Noraboa.

    Resposta

  11. Chuzas said:

    2 Marzo 2009 ás 00:29

    Ben, alvarez, entendo as súas chanzas. Qué lle quere, eu sempre procurei manter a miña ánima limpa de velenos ainda que non sempre o conseguín.
    Voulle facer unha confesión e entenderei de bo grado o seu posible riso condescendente: creo nos reis magos. E dígolle máis, vinos. Xa fai moitos anos, sendo aínda un neno soñador e ilusionado. Ao das barbas brancas, sorrindo co nariz pegado a fiestra da habitación unha noite de reis.
    Desta vez penso que o meu desexo, por mor dos resultados bastante claros, vaise cumprir. Non haberá CERAs sospeitosas nin acusacións de fraudes e carrexos, nin cambalaches alleos ao expresado nas urnas. O goberno poderá traballar dende xa, e o Núñez Feijóo tera a oportunidade de demostrar a súa capacidade para gobernar sen subordinacións aos elementos indesexables que aínda teñen moito poder no PP galego.

    Unha moi agradable sorpresa foi a alta participación que non fun quen de atisbar durante a campaña. É importante e bo para todos.

    Sr. Quintana dos altos fumes: parece que desta vez non choveu. Os humildes mariñeiros de Allariz empoleirados nos yates son fácilmente afundidos ou secuestrados en Oia. Xa llo avisaron cando a víbora de Losada arrabuñaba os cristais nas dependencias da Xunta porque lle parecía que os apelidos de Benestar e Igualdade facían máis pequeno ao Vice, vice, presidente, Sr. Quintana. O Rei Sol resultou ser somentes unha estrela bermella despuntada. Ao Beiras xa lle pasou algo polo estilo.

    A maior decepción foi que os ourensáns non lle deran unha boa patada democrática nos fuciños a Baltar, que para min representa o peor e máis indesexable da política. Espero ferventemente que aínda perda ese escano co voto exterior.

    Escepto para este tiparraco, sorte e ánimo para todos, que nos fai moita falta.

    Resposta

  12. alvarez said:

    2 Marzo 2009 ás 11:01

    Sr. Chuzas: Como o do escribir non é o meu, desculpe se lle parecin condescendente, porque non era a miña intención. A Noraboa era e é sinceira.
    En canto o de creer nos reises, as miñas creencias sonlle mais osadas e delirantes e basase na creencia (sin negunha base real, como boa creencia que é) en que algun día habera nesta terra que lle chamamos Galicia (ou Galiza ou como queiran chammarlle) habera unha maioria de xente traballadora e responsable, como a inmensa maioria que apoia as creencia contrarias as miñas, que realmente asuma a sua condición nacional de galegos, e que, coma no dibuxo de Castelao que é a miña guia dende os 13 anos, asuma de verdade aquelo de que “Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hai sitio para todos”.
    E non se cabree co Sr. Baltar que iso é o que lle fai disfrutar a el e a moitos coma el, non lle dea ese gusto, oh.
    Moito temos que aprender dos ourensans, teñen as sua convincións tan fortemente arraigadas que lles importa un pito quen fagan ou digan quen estea arriba defendendoas, se Baltar, Feijoo ou Periquito, tanto lles ten, para eles o importante son as suas ideas e creencias.Chapeau.

    Resposta

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Gravatar
Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. ( Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. ( Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. ( Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. ( Sair /  Cambiar )

Cancelar

Conectando a %s

Twitter Updates

  • RT @PacoAudije: Citado polo xenial @sihomesi nun dos seus libros https://t.co/c7VhF90HTG 1 day ago
  • RT @alvorota: A achega de @argondezaoito ao #LP25anos Marabilla 😊 @sihomesi @ateneocasino https://t.co/tStDba4wKR 1 day ago
  • HBO, Netflix, Filmin... Gracias por tanto!!!! twitter.com/Vertele/status… 3 days ago
  • Maniobras orquestales en la oscuridad del libre mercado twitter.com/idebarron/stat… 5 days ago
  • Creo que la otra candidata era Cristina Cifuentes twitter.com/p_beramendi/st… 5 days ago
Follow @sihomesi

o meu Facebook

o meu Facebook

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    loading Cancelar
    A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
    Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
    Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: