Etiquetas
David Taguas, Maite Costa, síndrome de la Moncloa, Seopan, Zapatero
Vexan atentamente estas dúas excelentes fotografías de Maite Costa [Uly Martin, EL PAIS] , presidenta da Comisón Nacional de la Energía (aquí a súa imaxe anterior) e a David Taguas [Gorka Lejarcegi, EL PAIS] , ex director da Oficina Económica de Zapatero antes de ser director da patronal de grandes construtoras. Vendo as imaxes, extrañalle a alguén que a primeira propuxera no seu momento, por exemplo, subir os recibos da luz nun 31%?, ou que ó segundo o repescaran para xefe das grandes construtoras sendo o gurú económico do Presidente?
Agora entendo determinados síndromes (como da Moncloa) e necesidades como a de “conectar con la calle”
Xa pensaba que era a Corina… estas mulleres parece que van todas ao mesmo estilista.
O síndrome da Moncloa é unha doenza universal que traspasa os tempos e as fronteiras. Nada como un achegamento ao poder para contactar coa “outra realidade”… e virar de dereitas.
Respecto ao comentario que deixou no meu Blog:
>Veño de descubrir o seu blog, e sobre todo, alguén que tamén coñece o >verbo “invar” (que eu sempre pensei que era “imbar”, protagonista dunha >antiga anécdota familiar entre unha mestra gaditana transplantada ó >Incio de hai un século e un alumno que tragou un pizarrillo. Ver o >título do seu blog foi sentir o mesmo que cando ules un fento ou a >herba seca: unha volta á infancia.
En efecto a palabra “Invar” tamén se pode poñer como “Imbar”. Eu resgateina a través da miña nai que a lembraba da miña avoa (nós somos de Ancares, por tanto Lugo Oriental). A palabra quere dicir algo así como “tragar sen masticar”, ou sexa “engulir”.
Eu vina por vez primeira nun relato de Méndez Ferrín de Arraianos, e daquela levei a mesma alegría que vostede.
Saúdos. Suso Mon (susomon@terra.es)
Coido que xa o comentei aquí algunha vez, pero hai certas cousas que me reafirman na miña postura: Segundo a Declaración dos Dereitos Humanos, todos temos dereito a unha nacionalidade; moitas veces, teño a sensación de que, máis que un dereito, é unha condena (sobre todo porque non cha deixan escoller alegremente).
O caso é que cada vez teño máis claro que o futuro pasa por ser capaces de organizarse cada parroquia pola súa conta, sen precisar de certa categoría de personas que nos alivian desa dura tarefa a niveles superiores.
Vamos, que saiba vostede que recibín e lin o seu email, pero aínda non tiven o tempo preciso para lle dar o tratamento axeitado.
No Cebreiro tamén se di “imbar”. A RAG condena “invar” por vulgarismo e só admite “enviar”.
Onde dixen
A RAG condena “invar”
quixen dicir
A RAG condena “imbar”
Parafraseando a Raymond Chandler, hai loiras e louras. Dentro destas últimas están as loiras ou louras Farmatint con suplemento de pedrería. Son doadamente detectables en calquera negociado público, onde haxa que poñer a alguén malencarado e/ou maleducado para atender ao persoal. Falan perdoándoche a vida: “Ay, neniño, no sé de qué me estás hablando”. Tamén as poden encontrar, a certas horas da mañá do sábado, facendo bicicleta estática nun ximnasio de nivel e dicindo cousas churrusqueiras como: “Ay, Piluca, a ver si bajo las ostras de Arcade que me tomé en el **** el otro día”.
Se lle meteran os Kw. aumentados de prezo polo cu, seguro que lle cambiaba o estilo de imaxe. A todos eles. Son uns atracadores “legais” Poque si éstas medidas se me ocurriran a min, mandabanme a cadea.