Etiquetas
A columna dos xoves, adiantada ó mércores, sobre o galego (o idioma) e a súa influencia nas eleccións, así como outras veladas críticas a como está pasando o que está pasando. Pasen e lean.
25 Mércores Mar 2009
Posted El País
inEtiquetas
A columna dos xoves, adiantada ó mércores, sobre o galego (o idioma) e a súa influencia nas eleccións, así como outras veladas críticas a como está pasando o que está pasando. Pasen e lean.
La “imposición” del gallego en la enseñanza que aireó una organización (encabezada coherentemente por profesores) (…). Bravo! Aplaudo e reaplaudo ler isto POR FIN nalgures!!! É fundamental isto que apuntas, quen encabezou isto explica a raíz deste problema que están creando, e quen é que está realmente sente e “padece” (deixemos as comiñas, que son moi pertinentes) tal opresión. E tiremos de aí, deste comezo todas as derivacións posibles. Que ao final, é o de sempre: ninguén pensa nos nenos.
“profesores, reacios como tales a los cambios”, era a redacción orixinal, pero sacheino entre o que entresaquei para axustarme ó espazo e por ser unha crítica xeral a un colectivo no que teño á miña muller, á miña mai e á miña irmá.
Gran artigo,sHs.Con máis ideas das que a min me caben na cachola,pero para escomenzar eu diría que autocrítica,o que se di autocrítica diso haiche ben pouco por eiquí.
Habitualmente,no canto de facer autocrítica,criticamos aos inimigos,ben do mesmo ou ben doutro partido.O Rodríguez-Quintanismo está a bater records históricos,para non facer autocrítica están a criticar:
1.Aos inimigos,preferentemente do propio partido e preferentemente aos que lle criticaron a eles.
2.Ao pobo en xeral que non se decatou do ben que estaban a traballar.(Todos eles, coa deshonrosa excepción de A.B.)
3.Aos seus propios ideais, pois agora din que iso de galeguizar un chisquiño o país érache moito traballiño de Deus.(É certo que non se lle pode pedir un traballo intelixente a quen leve máis de 30anos levantando a man cando manda o coronel)
A culpa non foi do galego.O problema principal do réxime Rodríguez-Quintanista foi a incapacidade de:
1.Transmitir ideas novidosas(ou máis ben transmitir ideas en xeral)
2.Proxectar unha imaxe de modernidade,apertura e diálogo.(Vexan o caso A.B.)
Como dicimos na aldea,logo de apañar poucos votos estes feirantes veñen con que a feira era de pouca categoría ou,aínda peor,con que o queixo que levaban non sabía moito.O que estaba podre por dentro era o Rodríguez-Quintanismo e non o producto que tiñan que vender.
Dicir que a política galeguizadora tivo a culpa ven sendo unha lexitimación do españolismo máis radical,grupo pequeno malia todo.Vexan as fotos da manifa dos de Galicia Bilingüe e non se deixen convencer nin por Quintana nin polo coronel Rodríguez de que media Galicia botouse a rúa ese día.O problema non foi a política galeguizadora,o problema foi a incompetencia dos gobernantes.Coa análise do Rodríguez-Quintanismo o BNG queda moi por tras do PSC na defensa da pluralidade lingüística.
A eiva na argumentación do Rodríguez-Quintanismo é aceptar o paradigma do nacionalismo español.Non é verdade que a perda de votos fora causada polo sufrimento de certos grupos debido á imposición do galego.Houbo sufrimento,pero polo pouco atractivo de certos políticos.O galego non se impuxo,o único que se fixo foi dar unha formación mínima.É a mesma aceptación de paradigma que cando un político de esquerdas debate cun político de dereitas cousas como a defensa da familia ou da libre iniciativa partindo do conceito conservador de familia ou de libre iniciativa.O que fan é darlle 5 goles de ventaxa aos conservadores.
A ver se mudamos de adestrador,de dianteiros e tamén de hooligans,porque o fútbol no fondo é bonito. E outro fútbol é posible.
O señor Afonso Pardo manifesta unha dura crítica que en grande medida comparto (máis no fondo que na forma). Pero habería que ver de como superar o cainismo que parece devorar non só ao nacionalismo galego, senón á esquerda (véxase senón o lamentable espectáculo de IU). E talvez este tipo de duras críticas , moi comprensibles, non sexan o camiño máis oportuno.
Aínda que non teña que ver directamente con este tema, a demisión dos vicerreitores da USC identicaficados co nacionalismo mostra, na miña opinión, que ou non fixeron unha lectura axustada das causas do fracaso electoral do 1M, ou tiraron unha lección equivocada.
Señor Pereiro, magnífica análise. Pero me temo que non sexa asumida por aqueles con responsabilidades políticas. Eu, simple cidadán, votante e non militante, estou comezando a caer nunha certa melancolía
Ben, Alfonso, quizais a sociedade catalana tamén estea máis pola pluralidade lingüística ca galega.
Ten razón, Ramón. Tomémonos algo.
Desapareceu o post seguinte co vídeo de “youtube” da canción adicada a Feijoo nun programa da televisión local de Compostela.
Saúdos.
Si, porque vin que xa saía en todas partes. Se hai demanda, póñoo de novo.
Eu acabo de ver a entrada porque o Google Reader parece ser que (aínda) non se enterou de que a fixo desaparecer. Creo que debería recuperar a “Los tres soles del Faladoiro” 😀