En resposta a unha enchente de peticións, queda aquí reproducido un dos vídeos máis bizarros (no sentido anglosaxón) da actualidade galega. Unha hemorraxia de polifonías, emoción e sana alegría a cargo do radiofonista Rial e os profesores Cancio e Marí Solera. (Letra de algún dos tres. Música de Luis Aguilé ou Palito Ortega)
Los Tres Soles del Faladoiro
26 Xoves Mar 2009
Posted Res Publica, Xeral
in
¿Els hi passa sovint? Jo, de vostés, em preocuparia.
Imposición, imposición. Nada de petición popular.
Falta María Ostiz. Ou mellor aínda, a tal Gloria Lago.
A música, de Palito Ortega. Inenarrable o xeito de aplaudir do Cancio nos últimos segundos….. cuspidiño ao de Gorgorito, un títere que viña a Castrelos nos veráns da miña infancia e que remataba o espectáculo cantando aquilo de “té, té, teeeeee….. té, chocolate y caféeeeeee”. O único que fallou foi que non aplaudira en pelotas, que houbera sido máis acorde cos seus antecedentes.
Será isto unha mostra da cultura que nos agarda nesta nova etapa de “libertad sin imposición”?
#1 No pasa a menudo, Allau. Por lo menos no pasaba hasta ahora. Pero reconocerá que son mucho más graciosos que los tertulianos de la COPE
Que tomaron que eu tamén quero!
Aos tres comendadores do churrasco que regurxitan versos a trío: por favor, NON insulten a Palito Ortega.
Deixando a un lado a inefable interpretación, penso que se debe ter moito ollo en permitir que calle na xente a “falsa” idea de que o PP gañou ao bipartito as eleccións en escanos -que non en votos (789.427 votos papaíños fronte aos 524.488 do PSOE e mais os 270.712 do Bloque)- por mor da chamada “imposición lingüística”.
Os resultados de Feijoo (subiu uns 3.000 votos) non son tan esmagadores como parece que nos estamos a convencer. Coido que foi a innegábel sangría de votos do bipartito (alzando e baixando, o PSOE perdeu 73.000 e o Bloque por volta de 44.000) a determinante da perda da Xunta. E hai que ter en conta, de primeiro, que o Bloque non dá estiñado a ferida -desque algúns “descubriron” o proxecto común- e volta para os resultados do 1993 e mais que, en segundo lugar, non todos os votos que baixou o PSOE foron para UPyD (23.445 votos).
Permítanme facer política ficción: se o PSOE levase os mesmos votos mais o Bloque non baixase os tales 44.000, non habería goberno papaíño. Sinceramente, non penso que os descontentos co labor do BNG na Xunta estivesen movidos polo rexeitamento á “imposición do galego” e a loita pola “liberdade” estilo Galicia Pilingui.
Saúdos.
Faga o favor de seguir nesta liña e poña mais post deste queridos ciudadanos que da josto velos disfrutar, Haber cando toma posesión o meu veciño para que poda pagar a contribusion e as multas do Concello vigues e sobre todo miralo na capital disfrutando cos seus correlixionarios todos ledos e pensando que nos deron unha tunda. Almiñas de dios..
Se poidera poñer moitos post coma este, retirábame a blogueiro e deixábame de andar currando en cousas pretendidamente serias.
mellor sen audio… inenarrabel.
Allau, un pracer ler unhas pingas de catalán por aquí (e que me disculpe o autor do blog, que so son un invitado)
:-O
(sen palabras; permitame que lle roube o post unha vez máis)
Tranquilo, r.r., non é meu. Mandáronmo por email e logo vino nunha chea de sitios
carallo, jastei o PRIMPERÁN !