Etiquetas
A reportaxe sobre a situación do nacionalismo hoxe en EL PAIS (estes eran o título e antetitulo orixinais).
06 Luns Abr 2009
Posted El País
inEtiquetas
A reportaxe sobre a situación do nacionalismo hoxe en EL PAIS (estes eran o título e antetitulo orixinais).
Qué facer, disque dís? Ordiá! A modiño, que iso cheira a metafísica leninista!
Pois empeoráronlle o título e non pouco…
“Algunas bases quieren volver a Riazor [la asamblea fundacional del Bloque en 1982], y el BNG tiene que reformularse, pero no creo que el sistema que se usó para superar el antiautonomismo de entonces sirva ahora. Ese modelo está bien para resistir, pero no para proyectar”, analiza a título personal el presidente del Consello da Cultura, Ramón Villares.
Pois se cadra é o que queda: resistir.
Si, claro. COmo decía o outro día un en Chuza, que volva Bautista Álvarez a poñer orde.
Iso, iso, reflexionade, meus, reflexionade moito, que mentres tanto nos deixades aos demais en paz…..
Estamos a 7 de abril. Alguén sabe cando haberá un/unha candidat@ oficial do BNG ás europeas?
PP e PSOE teñen os seus candidatos dende hai moitas semanas.
Sería bo que o establishment do BNG traballase mellor.
Aquí pode ver a reivindicación de Ana Miranda (que eu apoio, como supoñerá) e aquí o ruxeruxe
Vostede,sHs,sempre en todo.Dende logo Ana Miranda parece unha moza moi disposta.Fala as 3 grandes linguas europeas,sabe moito das Institucións Europeas e sobre todo non ten ese estilo choromiqueiro,autoexculpatorio e finalmente derrotista que se ten instalado nos que están a mandar no BNG…..E se conta co seu apoio para que seguir cavilando….aínda que por desgracia non sexa vostede o que teña máis man nas listas electorais…
En fin,o realmente grave é que estamos a 9 de abril e o BNG debe ser a única forza política europea sen candidato ou candidata oficial.
Os que mandan agora no BNG dan a impresión de estar a repartirse as migallas de poder que quedaron despois do 1 de marzo.Enviar mensaxes ao conxunto do pobo galego,traballar para as europeas non parece unha prioridade para o actual establishment do BNG.