Estes días, ó abrir isto saía de cando en vez un aviso de virus. Investigado o asunto, resultou ser un carracho que se agachaba no post De que vai Feijoo. A día de hoxe, localizado o desactivado o bicho, teño que aclarar que os servicios de Presidencia son inocentes, e que todo puido deberse a que debin facer algo mal (algo distinto que meterme co presidente). Enjoy it.
O virus
08 Venres Mai 2009
Posted Xeral
in
Élle a defensa dos políticos do futuro. Mandar un virus a quen lle toca os aqueles.
Que non, que foi casualidade (dixéronme). Se chego a ser Alfonso Rueda…
Cando estaba acostumado ao do virus, desaparece e toca agora acostumarse ao novo look da páxina 😀
Pois a min soamente me saíu unha vez. E o do look, foi unha proposta que non quixen rexeitar
A todo isto, este é o post número 600. Pista non ghastarei, pero tecla…
¡Carallo! ¡600! ¡Un cochaso! ¡Parabéns!
Por motivos que non veñen a conto, estou co primeiro comentarista. Iso foille un aviso dOs Novos.
O dos virus é unha gaita. Hai un que me ten desconcertado dende hai tempo e do que confeso que, ás veces, me ten ‘infectado’. O caso é que non se libra nin dios: políticos, sindicalistas, xornalistas, músicos e calquera que diga algo que sexa o suficientemente importante como para ser reproducilo pola radio, tv, acto, mitin, palco, megáfono, etc.
Estoume a referir ao famoso virus I, o que sen saber como se empeña en substituír à conxunción copulativa E galega de toda a vida. Non sei se a casa Norton, sacou ou ten pensado algún paquete específico para este troiano ou como raio se chame.