O artigo é bo pero o tema dos gandeiros despois de tantos anos e como o dito vijes “a chorar a Cangas”. Nesta nación de propietarios e de contas de aforro que meten medo, ninguen gana un can: os mariñeiro non te quero contar, os autónomos de calqueira caste dan ganas de darlle esmola e os labregos…xa o dixo todo vostede.
Non é por poñerme no meu, asalariado nunha pequena empresa privada, pero amigiño, se a cousa sempre estuvo jodida, agora é mellor leer e escriber neste blog que pensar o que esta a punto de caer pero de verdade, sen terras que vender nen indemnizacións que cobrar e probablemente sen ingresos durante meses como xa estan dous cuñados e varios amigos e veciños.
Pero en fin deixemos a depresión para cando realmente veña…
Meu benquerido comisario, unha peza maxistral. Peches de humilde no dos tags, aí fálase de algo máis que do rural e dos gandeiros, fálase dun país. Como diría brétemas, beizóns.
el sector lácteo es más importante para Galicia que Citroën.
…e máis que o será no futuro, porque o petróleo é un recurso finito e vai haber que buscar unha mobilidade máis reducida (non haberá mercado para tanto coche) porque non hai recambio a este combustible. Pola contra, leite hemos seguir bebendo.
Ben, Pereiro, polas túas reflexións sobre a inconsistencia das axudas (bo eufemismo para o que non é senón “quitar do diñeiro de todos para llelo dar a uns poucos” ou sexa, un roubo ou unha estafa maiúscula e televisada).
E ben tamén pola defensa do agro. Eu desque son consciente de que estamos nos comezos do colapso da civilización industrial, deféndoo moito máis! Vainos ir a vida en ter un campo vivo e conservar modos e saberes de vida e produción tradicional.
Os que se modernizaron han ver con infinita carraxe que os meteron nunha rúa sen saída.
O futuro do agro pasa, tendo en conta o cénit do petróleo e as transformacións brutais que traerá, pola redución de dimensión, a produción autocentrada e a alimentación sustentable (vamos, deixarnos de pensos que veñen en camións). Vai ser moi dura esta mudanza e canto máis tardemos en ver que é inevitable peor para todos.
Boas, o artigo está ben, coma sempre, e eu hoxe non teño moitas ganas de polémica, que hai que ser solidario, pero vou apontar algunhas cousiñas, se non lle parece mal.
Unha.- Hai trinta anos eiquí non había case leite con destino industrial. A produción leiteira galega é un fenómeno moi novo, que ten moito que ver coa aparición do leite UHT. De modo que non confundamos produción masiva de leite con tradición. E non caiamos no tópico de vaquiñas pastando, que na maioría das explotacións os bechos só salen de cando en vez ao patio, como os presos da Lama, e comen a herba en forma de ensilado.
Dúas.- O sistema de fixación dos prezos do leite é disparatado. Pero se se mantén non é só porque as industrias son moi malas moi malas. Algunha responsabilidade terán os produtores, supoño, por acción ou por omisión. E hai épocas (cada vez menos, iso si), nas que producir leite é un negocio moi saneado. E daquela non se queixa nindiola.
Tres.- Un dos problemas máis serios que ten a política agraria galega, sobre todo na resposta social, é que eiquí tododios ten “aldea” e polo tanto todo o mundo opina como se entendese do tema. E xúrolle que o asunto é complicado de pelotas.
Hala, con iso abonda por hoxe.
Lendo de novo o meu post, quédome coa impresión de que parece que o punto tres ía contra vostede. Para nada. Xa sabe que vostede é o meu gurú e aprecio o seu grao de omnisapiencia no que vale.
Abundando no que dí eSidió no seu punto 2, opino que iso non é máis que outra manifestación dunha incapacidade histórica (que non conxénita) dos galegos, que é a carencia de ciclos productivos pechados que fixen o valor engadido de dita producción (é dicir: as plusvalías, con perdón) no noso territorio e nas nosas xentes. O mesmo que pasa co leite pasou coa pasta de papel procedente da madeira dos nosos montes ou coa minería a ceo aberto de Valdeorras ou O Porriño, por poñer exemplos rápidos.
Claro que se isto segue a ser así, se cadra o vello debate sobre a condición colonial da economía galega non é tan vello nen tan superado.
Ole, ole y ole!
Pese a orixe antivacuna da expresión, vouno tomar como un cumplido,

Incisivo comentario, se me permite o retruque (agradézolle aquilo, pero o rubio das fazulas impediume telo dito antes).
Magnífico artigo: parabéns.