Etiquetas
A caixa negra, crisis, El País, internet, medios de comunicación, Murdoch, NYT, prensa, TVG
Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:
En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración daquela -socialista- quedaba bastante malparada.
Sobre a reflexión gremial, dicir que me sentín pouco identificada co de “esto que estamos haciendo, ustedes y yo (…) Lo de escribir/leer en papel”, xa que eu non o lin en papel. 😀
E que tampouco confío moito niso de que os periodistas non determinan os produtos informativos, senón os medios. O camiño de futuro máis ben é o contrario, os periodistas terán máis oportunidades máis poder que os medios, que se limitarán a comprarlle a información. Penso en Anxo Lugilde ou nalgúns outros casos de xente que fai contidos informativos (e interpretativos) de gran valor para varias cabeceiras, que se convirten dese xeito en clientes máis que en xefes.
Neste momento de crise dos medios (que non do periodismo), os periodistas teñen unha oportunidade de ouro para facerse valer cos seus propios medios, máis que de andar reclamando un asento nunha redacción. Que mesa, silla, ordenador e ADSL con chamadas gratis agora ten todo dios na casa (e cámaras e micrófonos).
E con ise poder (ter os medios de produción) os xornalistas tamén adquiren a responsabilidade de pensar nun modelo de negocio tamén para eles. Pero claro, para iso haberá que abandonar a clase obreira pasiva. Ou pasar á activa con folgas e mobilizacións, pero iso tampouco creo que dea moito resultado.
Se un sindicato (partido…) pode impedir que consumamos o producto informativo, quen lle riñe ós cidadáns K por facer o mesmo? Suponse que a democracia consiste en favorecerlle o dereito de réplica, non negarlle ós demais o dereito a unha información.
Como lector (case compulsivo) de informacións e opinións preferiría concordar co comentario optimista de orsinia. Pero teño para min que estamos lonxe de lograr que o control da información pase das empresas aos traballadores
entre outras cousas, porque de momento son as empresasa as que deciden que compran e que non, e encantadas de non ter que pagar seguridade social, etc. (Aínda que, desde logo, non me queixo por min, que estou nesa situación de ofrecer servizos)
si, bueno, tamén ao final os lectores deciden que compran e que non (e por desgraza tamén algúns governos)
quería dicir gobernos con b, e si, pode que tamén quixese dicir por sorte
Ao fío do escrito pero mudando de terzo: o caso de “Aberto por reformas”: eu non discuto o dereito dos xefes de facer a súa programación, retirando un programa ou o seu presentador, pero o que non ten xeito é manter o nome e a melodía inicial para facer un producto totalmente distinto: unha fraude comercial (pretender vender un producto que xa non se oferta) e unha decisión políticamente estúpida, porque de eiquí en adiante cada vez que escoitemos o nome do programa lembraremos o que foi e xa non é.
The year the media died: