Etiquetas
Hoxe, isto cumpre catro anos, máis de 600 posts e non sei (souben, pero non sei onde mirar) cantos comentarios desta selecta audiencia que tanto me quere e á que tanto quero, responsable final de que persista neste labor tan gratificante como improductivo. (Lista de vodas de sihomesi, no Corte Inglés).
E no capítulo de agradecementos, a Yin & Yang polos estímulos, e nos keyboards: Berto Yáñez!
Parabems e por 600 posts mais!!
Parabéns deste seguidor.
Mimá, catro anos. Pois que sigan caendo poses para os poseídos de ShS. ¡Parabéns!
Ich gratuliere!
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
Moltes felicitats i endavant, del seu germà petit.
Hai que joderse, 600 post, non dá contado os comentarios e a prometida laconada sen ter visos de realidade….
Vaaale. Acepto laconada como tema pendente (en canto se achegue por Galicia algún comentarista habitual, e sexa tempo de lacóns)
Catro anos poden ser moitos ou poucos. No seu caso non abondan, queremos mais 🙂
“vencido y desarmado el ejército rojo… “
Subscribo o comentario de eSedidió 😀
Que raro… que tardara tanto!
Non se preocupe, kamarada Mourullo, que aínda vai haber que agardar outros 600, e despois dirá que vai fatal para a próstata….. e vostede, sr. gurú delaspelotas, póñaseme a contar os comentarios dunha puñetera vez…..
esixente eSedidió: o último comentario seu fixo o número 4.043.
Non hai como pintxar para que as cousas se movan. E máis orgullo que os seus seiscentos (e pico) debería darlle a media de seis (e pico) comentarios por post, sinal de que o que dí interesa ……. agora si, parabéns
Do que mais orgulloso estou é de que todos eses catro mil e pico fosen ocorrentes e civilizados. Parabéns a vostedes, eSedidió incluído.
Menos face_la rosca e máis lacóns.Con isto do cambio climático seguro que en xullo teremos tempo de laconadas…
E noraboa sHs,4 anos e ben noviño e ben feitiño!
Parabéns, y que cumpla muchos más
(cordialidade, cordialidade)
Aínda que comento pouco, saiba que o vixío todos os días.
Siga na súa liña, por si acaso.
Parabéns
Apertas e parabéns. 😀
grazas por estar aquí …e que sexan moitos máis posts, comentarios e laconadas 🙂
Megaparabéns!
Estou con eSedidió, é realmente meritoria unha media de 6 comentarios por entrada. En canto ao de improdutivo, aos seus lectores de cando en vez aínda nos vai producindo algún proveito.
Parabéns e a por máis.
PD: Sobra dicir que se hai laconada e fai falta alguén máis para completar a mesa estaría disposta a facer semellante sacrificio 🙂
Non nos prive das súas palabras, 4 anos máis polo menos… que son moi necesarias hoxendía.