10 thoughts on “Nacionalistas no PP, centralistas no BNG”
eSedidiósaid:
Boas. Espero que a súa gripe non sexa do tipo 1, ou A ou como carallo se chame, que non estea vostede embarazado, non sexa musulmán e/ou non fume máis dun paquete de tabaco ao día. Nalgúns destes casos o mesmo temos que facerlle unha necrolóxica.
Polo demais, aproveito que son o primeiro comentador deste post para invitarlle a vostede e en xeral á parroquia toda á estrea dunha nova leira no blogomillo: a miña (http://etxeoquehai.wordpress.com). Xa ve vostede: ao final pico como tododiós, pero xusto no momento no que a peña emigra cara os facebús e os tuísteres. É que como profeta e adiantado aos meus tempos non teño prezo.
Mellórese, e desculpe o asalto, que non teño outro modo de publicitarme.
PS. Estiven pensando en sortear un lacón entre os visitantes, pero seica non é tempo.
Non me sorprenderon nada os datos que aporta vostede hoxe en El País. Cando andaba eu a recoller material para a miña tese de doutoramento (nos anos ’90) xa me chocara moito a elevada porcentaxe de mozos e mozas de 17-18 anos que asumían un similar concepto do que era ou non era unha nación, mentres que as súas simpatías políticas estaban repartidas entre PP e BNG (había diferenzas máis nidias para outras adscripcións ideolóxicas). Sería longo de explicar, pero debería ser motivo de reflexión política para as dirixencias de amabas formacións.
Por certo, eSedidió, agardo que ter leira propia non faga que deixe de visitar esta. E magnífico -entre Tom Waits e Tom Petty- o cover Non sabía das súas cualidades musicais (da calidade da cualidade, vamos)
Eu? nin morto. Polo menos non antes da laconada.
E polo demais, infintamente agradecido. Non é habitual que unha estrela do rock dedique tales epítetos a un pobre karaokista. E o detalle de colgar o cover merece polo menos que eu corra co coste dos chourizos.
Por non ter outra maneira de facelo, quero decirlle a eSedidió que o meu mozilla / zorriño de lume ¡3.5!! ¿eeinn?? dí que non atopa o seu servidor.
Para SHS. Si xa tiña os miolos medio despendolados, agora con esta enquisa, coido que as neuronas emprenden veloz fuxida. Parabéns
Sr. smychy; sonlle tan torpe que puxen a ligazón incluíndo o paréntese final. O meu mozilla tampouco o atopa, pero se clica no meu nick ou escribe o enderezo na barra de navegación terá unha singladura segura.
E paro xa de publicitar a paxina que xa es´ta ben de molestar, e ademais vaime custar unha pasta en chourizos
Benquerido eSedidió:Noraboa polo blog.Para evitar unha competencia destructiva con sHs, o mellor é a cooperación e pasar do mundo virtual ó mundo real,das palabras ós feitos.Ou sexa,sHs pon o lacón e vostede os pementos,non si ?
Sr. Pardo, o máis fodido do asunto é que eu aborrezo o lacón (a miña teima é só por incordiar, xa me coñece), e a finais de agosto os pementos, de Herbón ou de Marrocos, rabean….
Pero en fin, por min que non sexa. Lacón con pementos estilo lume na palleira: imos descobrer unha nova receita. Mágoa non sermos cataláns, que seguro que levábamos algún premio deses que dá Nestlé….

Benvido! non era sen tempo…

Como estou de vacacións haberá que agardar a finais de agosto…