Permítame unha corrección: falo de memoria, pero paréceme que en Predapio aínda hai unha estatua (penso que un busto) do Duce, coa súa barbela baronil e todas esas cousas tan feixistas, e onde por certo nunca tampouco falta un bó feixe (ollo ó xogo de palabras) de flores frescas.
Por outra banda, e facendo algunha concesión ó cinismo, tampouco temos que nos rasgar as vestiduras coa chambonada do noso serodio, raquítico e acomplexado proceso de memoria histórica, tendo en conta que o maior proceso “chaqueteril” da historia non foi o rexistrado na transición española, senón foi o que protagonizaron os centenares de miles (senón millóns) de mandos, cadros e cadriños intermedios e militantes de a pé do partido feixista italiano non expurgados pola xustiza trala guerra mundial. E, tirando do fío, seguro que tamén hai un nexo causal entre iso e as trangalladas que anda a protagonizar o propietario de certo implante capilo-craneal, ambos italianos tamén.
¿e porque sigo cavilando que o noso Presidente fai esa politica que vostede tan ben describe porque esta convencido, e eu con el nun sindorme de estocolmo mal curado, que os nosos paisanos é o que queren?
Non acabo de velo como o gran timomel que aturamos durante non sei cantos lustros.
Fixo que eu debo estar errado, pero polo errático do seu comportamento, paréceme un buscavidas que sigue o que os seus asesores vanlle indicando e o primeiro e mais doado e que para min desgraciadamente teñen toda a razón visto o noso autoodio maioritario: Ataca al gallego que eso da muchos votos, reafirma a nuestro electorado y enfrenta a esos impresentables del psoe y bnj.
Os deuses nos collan confesados.
Eu diría que pode funcionar o “sistema do aparcamento”. Se o coche da plaza esquerda está ocupando a plaza do centro, onde deixa o coche o cacique típico? E, por certo, ou ando mal da vista, ou se ven poucos coches pola esquerda últimamente. Tamén podemos pensar que ven sendo unha plaza inútil!
O sistema do aparcamento non hai que desbotalo,cada feirante ten que diferenciar a súa mercadoría e agora Feijoo non vai dicir que o bipartito era de centro,igualiño ca el.Imaxínense a Federico dicindo que o PPdG segue á roda do marxismo-leninismo da UPG……
Outra explicación sería o esmagamento das boinas.Había moito progre enterao que dicía que boinas e birretes eran o mesmo.Agora poden ver que non.
Volveu gañar vostede o seu soldo, sexa o que sexa. Parabéns polo artigo.
Ese Pereiro! Necesitámolo máis que nunca!
Permítame unha corrección: falo de memoria, pero paréceme que en Predapio aínda hai unha estatua (penso que un busto) do Duce, coa súa barbela baronil e todas esas cousas tan feixistas, e onde por certo nunca tampouco falta un bó feixe (ollo ó xogo de palabras) de flores frescas.
Por outra banda, e facendo algunha concesión ó cinismo, tampouco temos que nos rasgar as vestiduras coa chambonada do noso serodio, raquítico e acomplexado proceso de memoria histórica, tendo en conta que o maior proceso “chaqueteril” da historia non foi o rexistrado na transición española, senón foi o que protagonizaron os centenares de miles (senón millóns) de mandos, cadros e cadriños intermedios e militantes de a pé do partido feixista italiano non expurgados pola xustiza trala guerra mundial. E, tirando do fío, seguro que tamén hai un nexo causal entre iso e as trangalladas que anda a protagonizar o propietario de certo implante capilo-craneal, ambos italianos tamén.
Si, o de Predapio non o tiña claro, pero tirei para adiante co punkerío que me caracteriza. E non me fale dos italianos, que me poño atómico.