Etiquetas
Saín do cine con complexo de timado. Son un fan de Tarantino, ou máis ben funo. Reservoir Dogs e Pulp Fiction parécenme dous fitos do cine actual. Malditos bastardos paréceme unha confirmación de que no cine actual os talentos son tan inflamables como o vello nitrato de celulosa. Toda a posible credibilidade da película esváese na primeira escena. Un gandeiro francés fai de Clint Eastwood no comezo de Sin perdón. É dicir, un farrapento que realiza un traballo baixo. Soamente que ningún gandeiro francés se permitiría ter esa pinta (nin siquera un galego). E que o traballo consiste en petar cun machado nun tallo. Nin pica leña nin outra cousa. Espeta o machado e máis nada. E a casa é cuspida a de Clint, unha casoupa. E o gandeiro é gandeiro, e ten leite na casa, pero non hai cortes para as vacas.
Que dous asasinos discutan sobre hamburguesas mentras se preparan para facer o seu choio é unha maneira de dar a entender ata que punto para eles, matar é unha rotina. Sen embargo, o comezo de Malditos bastardos o que revela é a fraxilidade da película, que acaba sendo, no mellor dos casos, unha mestura fracasada de Allo, allo e Los violentos de Kelly (dous exemplos, por certo, de que as traxedias admiten sen problemas tratamento de comedia, por se non chegara To be or not to be, rodada ademais en plena traxedia). A ambientación, para quitar o chapeu (nunca mellor dito).
Dende logo,que pouco sentido do humor.Empézase así e remátase indo ver as de romanos para cachar rolex e swatch.
Que eSedidió e máis vostede non fagan botellóns paréceme ben atendendo ás súas edades,pero que non lle fixeran rir os inglorious bastards…
PS.Eu fun un día ver a de Tarantino e o seguinte fun ver L’Armée du Crime .Vaia vela cando teña ocasión.
Pues a mí me gustó mucho. ¿De verdad buscas credibilidad en las películas de Tarantino?
Si, quizais “credibilidadeW non sexa o concepto axeitado. A pelicula, enganchar enganchoume, pero amoloume a falsidade desa primeira escena.
Eu é que non vou moito ao cine, que é demasiado caro para os meus posíbeis. Por iso tento escoller a peli, e Tarantino está borrado da miña lista dende case os seus principios. Atrévome a dicirlle que, se “creadibilidade” non é axeitada, probe con “sobrevaloración”.
E a defensa do gandeiro way of life é a proba irrefutábel de que o labor de zapa comeza a facer efecto 🙂