Etiquetas
Como reivindicar outra vez a cultura galega, coas súas sombras e as súas luces, dándolle de paso un toque aos criterios informativos.
- A Seitura, de onde saquei a información de UK
- A Ferdinand Von Galiztien, pola de Deustchland
- A Paola O., pola gabacha.
- A Gustavo Pernas, que me dixo que eu tiña razón
joder rotring, o mellor artigo que escribiches en moito tempo. encantoume.
Mellor non ler o informe da Zona Franca de Vigo e do Consello da Cultura Galega e non ver que “actividades do sector produtivo da cultura galega” contabiliza:
http://www.ardan.es/consellodacultura/index.php?option=com_content&task=view&id=51&Itemid=157
(capítulo 2, páxina 3)
Aínda estou a recuperarme do “Comerc. almacenista aparatos electrodom. e aparat. radio e telev.” entre outras.
Só decir que naquela famosa frase de “La arruga es bella” o Sr Domíngues non se refería ás do cerebro. Creo!
Alédome de que che resultase útil a información que publiquei. Realmente é un tema que cómpre desmontar (hoxe mesmo souben dun caso de ter que cambiar do castelán para o galego nun proceso de selección, e logo falan de “galegofalantes subvencionados, vividores blablabla”), e se é desde tribunas a nivel estatal, mellor que mellor.
Perdón, obviamente quería decir “cambiar do galego para o castelán”.
Xa sei que a culpa nn é súa, e xúrolle que desta vez non teño gaña ningunha de amolar, pero as contas esas que se botan sobre do paeso no PIB da cultura ou do consumo de pistachos versus outros sectores resúltame xa coñecido e aburrido. Os cruzamentos entre as contas do Gran Capitán e a lei do funil fan que ao falarmos do sector da pesca contemos unicamente tipos tirando da rede, e ao falarmos do sacrosanto ese da “cultura” botemos man ata dos quiosques de chucherías.
Oportunamente xa o sinalou o infalíbel Mourullo, pero eu me reitero. Se engadimos ao sector pesqueiro o que realmente habería que engadir para falarmos de cantidade homoxéneas, teríamos que sumar dende o sector conserveiro ata unha parte non pequena do industrial.
E menos mal que se fai a comparación coa pesca e non coa agricultura, que entón tería que tirar de faca.
Bo comentario de Mourullo e eSedidió.
Co de contar , un pouco de precaución e un moito de moderación porque se non, se saber como, e cando as contas favorecen as teses de un, acabase contado ate 300.000 mil……. vostedes xa me entenden.
Eu collo os datos feitos por entidades, como Ardán, supostamente serias, que sirven de base para unha chea de pronunciamentos. E moitos outros titulares sobre sectores produtivos non se basean máis que no propio criterio das fontes (por exemplo, os beneficios de tal e cal feira ou actividade).
Mourullo: na lista de empresas do informe tamén detectei bugs e moitas ausencias (por exemplo, aparece un xornalista freelance que coñezo, pero non todos os que coñezo).
rallante eSedidió: eu nunca cometería o pecado de desleixo de atacar a agricultura. Teño dito e escrito que o sector leiteiro é máis importante para Galicia que Citroen.
Álvarez: 300.000 non serían, pero a de Vigo foi a manifestación mundial máis multitudinaria a prol dunha entidade financeira, e probablemente tamén a de maior presencia de traxes e garabatas.
Non falo de bugs nin de ausencias. Máis ben me refiro a presenzas sorprendentes nun informe titulado “O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia, unha visión económica”.
As dez primeiras empresas por volume de ingresos poden ser un bo exemplo:
http://www.ardan.es/consellodacultura/index.php?option=com_content&task=view&id=44&Itemid=151
TELEVES, S.A.
http://www.televes.com/
LA VOZ DE GALICIA, S.A.
http://www.lavozdegalicia.es/
UNION GALLEGA DE ELECTRODOMESTICOS, S.A.
http://www.ugesa.es/
FARO DE VIGO, S.A.
http://www.farodevigo.es/
EDITORIAL COMPOSTELA, S.A.
http://www.elcorreogallego.es/canales/grupo/indexgrupocorreo.htm
MASTER ELECTRODOMESTICOS NOROESTE, S.A.
http://www.empresasdegalicia.info/detalle.php?id=357
BLUSENS TECHNOLOGY, S.L.
http://www.blusens.com/
UNION MERCANTIL ELECTROD. GALICIA-UMEGA
http://www.empresasdegalicia.info/detalle.php?id=9265
TELEVISION DE GALICIA, S.A.
http://crtvg.es/CRTVG/compania.asp
GRUPO COMERCIAL GALLEGO, S.A.
http://www.activagalicia.com/