A Carmen Pérez-Lanzac, por esta réplica na súa entrevista ao gurú da comunicación William Baker, falando da crise da prensa:
R. Todo el mundo se ha acostumbrado al todo gratis. Parte de la solución pasa por lograr sacar rentabilidad de la Red, pero no es la clave del problema. Por ahí no se van a sustituir las pérdidas derivadas de la caída de la publicidad y los anuncios clasificados. Hay que buscar otras cosas.
P. Somos todo oídos.
Esa é unha pregunta?
É unha réplica para indicarlle ao tipo que siga contanto. Algo máis imaxinativo que “¿y qué otras cosas son esas?” ou “”¿por ejemplo?” e ao tempo unha chiscaldela interna relativa ao moite que lle interesaría a un xornal impreso saber cal ese camiño a explorar. Quizáis tamén eu estaba receptivo aos chistes.
E eu que pensaba que “a pregunta total” xa estaba inventada polo xornalista deportivo aquel de “Fran… ¿qué?”.
E falando de premios, vexo con asombro que entre os finalistas ao premio á mellor traxectoria xornalística que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega (nesta categoría en colaboración co Colexio de Xornalistas de Galicia) aparece, curiosamente, o propio decano do Colexio de Xornalistas de Galicia… E logo “pontificamos” sobre os Baltares… Si home si.
Herr Ulrich, agradezo o seu papel de troita que coa súa soa presenza, como pasaba naquel conto de Fole nunha fonte do Incio, proba a pureza das augas deste blog e da miña traxectoria profesional incluida. Pero mergulle máis. Non é a primeira vez que son candidato ao premio da AELG á mellor traxectoria xornalística, mesmo antes de ser decano, e lamentablemente para a miña carreira, nunca me deron o premio. Tal e como anda a profesión, mesmo penso que ser o decano que a representa legalmente é un hándicap máis ca unha vantaxe. A maiores, na Cea das Letras, despois de ter que poñer cara de pau como se non pasase nada cando citan aos candidatos, eu son o encargado de dar o premio a este tipo/tipa que escribe peor ca min, pero cáelle mellor aos votantes. Unha ordalía, créame.
(E xa de afondar no meu proceloso pasado, mire a ver se atopa algunha pontificación criticando a sucesión baltariana, que eu non a recordo, o que non quere dicir que non a fixera).
Xuro solemnemente que Ulrich non é un mot de guerre meu. As miñas diferenzas co gurú atinxen exclusivamente aos sectores empresarial e dos derivados do porco.
Tamén as ten co francés, eSedidió. É “nom de guerre”, e non “mot (palabra) de guerre”. De todas formas, repunancias aparte, consideran ético ou non que me designen candidato? (ou máis ben, se debería rexeitar a tal candidatura)
Permítame o dono do furancho un pelotilleo: coñecemos a súa traxectoria profesional dende moito antes de ser decano de nada, e seguirémolo a ler e admirar cando deixe de selo e ata os 67 (presumible data da súa xubilación), ou moito más aló se non se da sacado do vicio de escribir como o fai.
Nen que dicir ten, todo isto con ou sen premios.
Herr Pereiro. Só uns apuntes. Primeiro, dar as grazas ao autor do blog por publicar estes comentarios meus, que eu estimo discrepantes pero non ferintes, aínda que percibo certa tensión no autor. O cortés non quita o valente. Segundo, unha dúbida. Deduzo das súas palabras que de resultar elixido como gañador, ¿Pereiro tería que entregarse o premio a si mesmo? ¿Estou no correcto? Permitirame dicir que iso, como mínimo, resultaría curioso…
O protocolo resolvería. Pero hai precedentes. Sen ir máis lonxe, Napoleón.
Home,sHs,digo eu que por ser decano non ten porque adicarse á vida contemplativa,nin tan siquera profesar os 3 votos.
Pero o comentario de Herr Ulrich paréceme moi acaído.Non vería eu dúbidas sobre a súa integridade persoal,aínda que si sobre o panorama xornalístico do país.Sen ser eu moi punki,recoñézo valor ás declaracións ultrapunkis do Conselleiro de Cultura.(Mágoa que el,a diferencia de Sid Vicius,viva dos cartos da Xunta).A endogamia,a falta de novos talentos,a autosatisfacción,estes son todos perigos reais nos países grandes e non digamos nos pequenos.
En fin,digo eu que vostede,aínda sendo decano,non poderá amañalo todo.
PD.A min, o que de verdade chinchoume ben,foi ver a Rivas de 5. Porque é un santiño,que si non,tiraba de navalla ou de dedazo,tipo Aznar.
Faga o favor de non recorrer a un lapsus calami para desviar a cuestión dos derivados do porcino, que era o importante. No tocante a cuestión esa do premio, vaiamos ao cerne: ten dotación, económica quero dicir? se non a ten, renuncie despois de ser nomeado, que queda do máis digno.