Etiquetas
arribismo, gallegos, nacionalismo español, peyorativo, política, Rosa Díez
Un pode ser rabudo, pero grazas aos esforzos da educación familiar, no fondo tento ser un cabaleiro. E ver como se lle está chamando de todo menos bonita a Rosa Díez por esas declaracións criticando a Zapatero porque “podría ser gallego, en el sentido más peyorativo del término” e a Rajoy por ser “gallego” (a secas), non podo menos que defendela, pedir algo de calma e analizar o asunto polo miúdo. Os de Monforte somos así.
En primeiro lugar, é certo que algo que deu posto de acordo desde as forzas políticas galegas (non precisamente ben levadas) ata a internet, por mencionar as dúas estremas do pensamento occidental, non debe ser cousa pequena. En internet, a maiores de encher de epítetos o blog do cómplice necesario Gabilondo e de arrasar os foros dos xornais sobre o tema, a media tarde de onte, o grupo de facebook Eu tamén creo que Rosa Díez é gilipollas no sentido pexorativo da palabra tiña a media tarde do venres 17.482 membros (medran a unha media dun cento por hora) e o de Seguimos buscando en vano un gallego con un CI inferior al de Rosa Díez 7.516, por citar dous dos moitos que hai. Tamén é certo que atopei un tipo noutra rede social, Twitter, que aseguraba ser galego e non sentirse ofendido “porque esa acepción viene en la Academia Española”, que por riba de non ser certo xa, supón que a RAE, ademais de gobernar as palabras, goberna no uso que se faga delas (tamén vén “gilipollas”, e non por iso deixa de ser un insulto). E a verdade, a defensa da lideresa de UPyD que fan tanto ela como certos ámbitos onde a consideran a gran esperanza branca que axite o anquilosado sistema político (está ben axitar, pero a modo) é penosa de todo.
A defensa vén sendo que non pasa nada, porque “es un tópico que todo el mundo dice”, ou “es una expresión coloquial”, “quería decir que Zapetero es muy reservado”. Un argumento que non resiste a proba do algodón da propia RAE, que define peyorativo como: “1. Que indica una idea desfavorable. 2. Que empeora”. Tópicos son que os galegos son reservados, os cataláns laboriosos e os andaluces divertidos. Que son, respectivamente, falsos, agarrados e folgazáns son acepcións pexorativas. Tampouco lle fan favor ningún no seu partido. O portavoz que teñen aquí, e que tentou despexar o balón aplicando a fórmula habitual de que as declaracións “se sacaron de contexto”, non debeu reparar en que nunha entrevista televisiva sen editar ou en directo non hai contexto nin interpretacións do xornalista, nin tales carneiros: dixo o que dixo. Na web de UPyD, se lle envías unha queixa, mándanche un comunicado que empeza dicindo: “Creemos por su comentario que se ha dejado llevar por la manipulación emocional en la interpretación de las palabras de Rosa Díez”, é dicir, que vostede é un tipo inestable que di o que di porque se deixa manexar por outros, sen especificar quen. E despídese: “Y ofenderse por esto es una muestra de intolerancia, complejo de inferioridad o perturbación nacionalista”. Hala! Home, Manolo (o meu asinábao un responsable de comunicación que se identificaba como Manuel Rodríguez, e entre colegas debe haber confianza), ter unha opinión distinta ou criticar a alguén, aínda que sexa a Rosa Díez, non supón ser intolerante. O nacionalismo, propio ou alleo, é unha opción política máis, non unha perturbación, quitado que ser socialista sexa unha perversión ou conservador unha dexeneración. E por último, recoñecerás Manolo que é un pouco bravo diagnosticarlle aos discrepantes un complexo de inferioridade en base a un email.
Así que o que lle suxiro humildemente á malinterpretada xefa de UPyD é que tente facerlle dicir a Berlusconi (ou a Carod Rovira) que Zapatero (ou Rajoy) “es español en el sentido más peyorativo del término”, e logo que se vexa que non pasa nada nin se montan cirios propios de intolerantes, acomplexados ou perturbados. Ánimo.
(La Opinión de A Coruña, sábado, 27 de febreiro de 10)
Gran artículo.
O comunicado do partido paréceme unha manolada (no sentido máis respetuoso da palabra), porque considerar que os ofendidos padecemos de “complexo de inferioridade” amosa un complexo de superioridade preocupante. E completamente infundado.
UPyD nace ao calor da defensa dos vascos antinacionalistas, deriva nunha facción centripetista e polo tanto, contraria a calquera que asome a cabeza na periferia. Esa actitude de si no está cómodo (en España co papel que lle tocou, na propia UPyD) se jode, o populismo e esas criticas anti sistema estando dentro del fan temer unha vía que pode convertir fascista nun insulto manido e sobreexplotado nunha definición.
Como dicía o outro: “¿y Savater, que opina de esto?”
¿E R. Blanco Valdés que opina?
E os da Coz?
despois do bombo que lle deron a esa formaciòn e a GB fai un ano. Agora que din?
A min o que gusta recordar é o do siñó Ramón “O Pancho”(mariñeiro dos de verdade, con máis mareas ás costas que gloriosas gestas españolas ten narrado Pérez Reverte), cando puxeron unhas pegatas de Upyd, daquela un partido non moi coñecido, polas farolas do porto de Rianxo e el lía, sen malicia, dou fe, “un peido”. Pois iso.
Un galego e un home, que monta nun taxi adiante.Un galego e unha galega que van xuntos, ó home monta adiate,é a muller atrás.¿tópico?
A min ocúpame/preocúpame o día despois. Dado que son incapaz de acreditar que esta señora e o seu grupo estean no cero absoluto mental, pregúntome o por que, non da famosa frase, senón da resposta posterior. Só podo pensar que pretenden aproveitar a metida de zanco en forma de provocación. Así, a señora virá a Galicia dentro de pouquiño, atoparase cun montón de tipos berrándolle con cara de cabreo e terá de novo unha imaxe de portada nos medios. Rosa atacada polas hordas nacionalistas.
Eu, se fora quen, prepararía unha resposta adiada, en forma, eu que sei, dunha chea de xente de costas ensinándolle o cú.
Non pensan salir na defensa de Doña Rosa o Sr. Rueda, Negreira, Lopez Chaves, Pousada e a Sra Lago e Corina Porro…que ian coa pancarta de GB hai un ano por Santiago, defendendo a Libertá????…que pouco agradecidos!!!
A min preocúpame o mesmo que a eSedidió, sen que sirva de precedente
Coindico tamen con eSededió e Pereiro.
E o do taxi debe ser un tópico experimental ou en extinción. Eu soamente o vin coa condesa de Fenosa e algunha outra que tiña chaufer.
Ou xente coma esta
Pingback: chuza.org
De tal persoa tal partido.
Mentres as normas da educación política din que se erras debes descculparte, vai o partido e insiste…
As da educación política e as da educación a secas. Pero aínda andan por aí fans mediáticos deixándoas caer para facer ver que non é para tanto. Desde o director do ABC ata o dunha cousa chamada Cotizalia, que co nome abonda para imaxinar de que vai.
moi ben argumentado,
gústame, e sen tirar da lista dos insultos que todos teriamos galas de dicir.
O máis curioso defensor de Rosa Díez resultou ser, como non, certo diario de Madrid, que publicaba isto:
http://www.elpais.com/articulo/opinion/resbalon/Rosa/elpepiopi/20100226elpepiopi_3/Tes
Qué cousas… Por certo, ¿alguén pode aclararme que demos é iso de Academia Gallega de la Lengua? ¿Non lles explicou o Manolo Rivas que se chama Real Academia Galega? Estes centralistas e as súas sucursais…
Os centralistas caracterízanse por non facer moito caso ás sucursais.
Eu tamen quedei incrédulo ante “o acento” que se escribiu dende Telemadrid, como dixo Suso de Toro no seu Blog. Mais non fiquei quedo e traballeime unha extensa queixa a figura do Defensor de Lector que conta este xornal. Contesteille o seguinte: “Me gusta, como sugiere el editorial, “vivir sin estereotipos gracias a un mayor y más rico conocimiento de la realidad”. Pero es que es este mayor conocimiento de la realidad – de la xenofobia nacionalista, como creo que fue el comentario político, y sus consecuencias- el que me empuja a no callarme y a no ejercer el relativismo moral ante ellos, como me parece que hace el comentarista. Creo que si hay valores que merecen la pena recordar y defender durante toda la vida (es decir, siempre!), la igualdad es uno de ellos. Como creo en esto, me permito escribirle al editorialista lo siguiente:
1) tildar de “descorazonador” recordar y defender estos principios a modo de combatir tópicos resulta descorazonador.
2) Cuando la xenofobia se practica contra gallegos, ¿carece de importancia y debe ser disculpada? Sé que el debate político-filosófico de fondo en este caso es muy complejo: identidad frente al colectivo,etc. pero no como para tomárselo como chiste del día o el juego del patio de colegio en el recreo, como creo que lo ha tomado el editorialista. Cada uno es, además de un yo individual, un yo en un entorno y en un tiempo que no ha podido elegir. Esto no es relativo, es objetivo. Y los comentarios tópicos despectivos, como creo que fue en este caso- a esta realidad no pueden ser relativizados a menores.
3)Asignarlo y reducirlo a una lucha de reacciones entre políticos profesionales y a sus posibles beneficios electorales me parece, viniendo de un periodista, un fallo profesional. Yo, que no soy político profesional, y mucha gente como yo, esta llenando comentarios en la calle y en internet contra la opinión de Rosa Díez.
4) Si la diputada por Madrid se dirigiese a esos electores suyos como “madrileños, en el sentido peyorativo de la palabra”, ¿sería para el editorialista meramente un resbalón?. Creo que la respuesta está en el diccionario de la RAE: no existe ese sentido peyorativo en las palabras madrileño o español asi que, puesto que se ignora -como creo que debe de ser, por supuesto- no hay por qué indignarse. En cambio,la identidad de los gallegos carga con caracteres peyorativos segun la RAE, y tiene que combatirlos.
Espero que se me haya entendido. Un cordial saludo.”
Fin da carta a Defensora do Lector. Bueno agora que acabo de releelo, igual é un poco coñazo-filosófico pero é que quedei impávido ante este progre de Madrid.
Por suposto non recibin resposta.
Clamoroso o silencio de Mr. Pereiro sobre ese “acento” do País… Tan clamoroso coma o silencio de Manuel Rivas (membro da “Academia Gallega de la Lengua”) e de outros entusiastas correspondentes do xornal madrileño en Galicia, que con tanta resignación asumen a orde de Madrid de escribir en galego só os venres, que como é vixilia seica non fai dano. Correxídeme se me equivoco, pero o único deles que dixo algo ao respecto foi, creo, o Suso de Toro: http://susodetoro.blogaliza.org/2010/02/26/sobre-as-declaracions-da-diputada-madrilena-e-comentarista-en-telemadrid-rosa-diez-2-olladas/
E mira que o Suso é home de Zapatero (biógrafo de cámara) e de Prisa, pero home, ás veces non se pode estar tan caladiño. ¿E os demais?
¿Será esta a nova procesión dos caladiños?
Non comparto en absoluto a tua vision torticera e retorticera.
Refírome a de Ulrich.
Hai que entender o contexto (si, precisamente para non sacalo del, como dicía o outro). O que pasa é que o contexto non é precisamente favorable a ela.
A “galiña” como a chamaba miña nai cando estaba na goberno vasco aquel tan xeitoso PNV-PSOE e saía cuns pelos aterrorizantes ou inventaba lemas tan pouco afortunados como aquel “Ven y cuéntalo” que a min sempre me soou a “Atrévete a venir al far-west euskaldún y con un poco de suerte a ver si vuelves a casa para contarlo”… naceu no interior de Biscaia, é “maketa” descendente de emigrantes cántabros. Ese dato é fundamental para comprender de verdade o que lle pasa pola cabeza cando de galegos falamos. Alá, onde eu nacín, os que máis tirria lles teñen aos “maketos” galegos non son os vascos-vascos senón os outros maketos, nomeadamente casteláns e da órbita (burgaleses, rioxáns, etc.). Haiche tópicos bastante negativos e certo resentemento máis ou menos larvado (nunca mellor dito, de larva=verme). E non me parece que aí encaixen mal os de orixe cántabra, aínda que non coñecín moitos. Esta señora criouse seguramente nun ambiente antigalego de “maketos” españois… e aínda que foi compañeira de moitos galegos no PSE-PSOE vese que non lle fixo ben esa convivencia senón todo o contrario.
É a interpretación sociolóxico-histórica de catro pesetas que fago eu como “maketo” galego biscaíño.
Toc,toc, ¿hai alguén aí?
Pereiro… “El acento”, di algo, home!!!
Xa vai, xa vai, que de momento non acampo diante do ordenador. E non se pasen de agudos e incisivos, non se vaian mancar. O de El acento pareceume un texto pobre e apresurado, enfiado a base de lugares comúns, sen máis reflexión detrás que a de saír en defensa da que algúns consideran a musa do aire fresco que necesita a política, e na confianza -errada- de que esa postura acaía co senso común maioritario. Xente que ten unha relación máis estreita e máis dependente con EL PAÍS manifestou o seu desacordo co texto, e eu desde logo teño bastantes antecedentes de que colaborar cun medio -EL PAIS, TVE, LA OPINIÓN- non supón asumir como propia a liña editorial. Non sei que fixeron vostedes -os incisivos- no caso que nos ocupa. Vagalumecangas polo menos colleu o camiño axeitado de queixarse onde se debe e onde doe. E non podo deixar pasar a ocasión de recordar que esixir compromisos desde o anonimato é como retar a duelo a algúen que ten os ollos tapados.
Moi de acordo con Ulrich.O de EL PAIS manda truco e moito.A min paréceme moito peor a soberbia senoritil dese medio que a chulería pailana do empregado de Rosa Díaz.
Pero Rivas xa contestou na columna do sábado.Neste país de ananos non vexo xente que lle poida aprender ética ao Rivas(pai,non fillo)
Casdeiro, gracias pola aclaración porque agora entendo o ton e os comentarios dun grupo heteroxeneo de vascos respecto a esta Corea que era como lle chamaban a nación cando tiven contacto diario e a todas as horas durante un mes e medio con alguns deles por circunstacias digamos “chuscas”. Aquela experiencia deixoume abraiado e cambioume a alta opinión que como rapaz esquerdoso tiña sobre ise pobo. Logo os anos e os feitos foron tristemente confirmando a miña opinión e poñendo a franca xenreira que aqueles rapaces tiñan hacia nos e que, coa inocencia da xuventude, decian abertamente na nosa cara. Os comentarios da rosa de españa eran en comparación, sinceiros alagos.
En canta a esa gichiña, zapeando esta seman a vin sair dun acto en Cataluña e a sua cara reflexaba a satisfación do traballo ben feito : xa tiña os titulares e os minutos de televisión que fora ali a buscar.
Permitame recordarlle sr. Guru que como decia Costas, daquela veciño meu pero que agora según lein vive polos seus lares, “que esta canción no te importe, no somos de Monforte”. Digollo porque os sureños gostamos da bronca e caemos a mínima na provocación, non temos remedio, pero vostede como Monfortino que é, tiña que ter mais sentidiño e non caer nas insidias que algún resentido escribe por aqui. Non se preocupe, alguns dos seus lectores andamos atontados pero a mala hostia vexe dende lonxe.
Comparto con Pereiro o seu “esixir compromisos desde o anonimato é como retar a duelo a algúen que ten os ollos tapados”. É o malo que ten a rede. Discutimos sen espazo fisico común, e iso cando menos desconcerta e cando mais mete algo de medo. O de andar con psuedónimos tampouco axuda.
Debo sair en defensa do traballo de El Pais feito despois despois de este Acento. Hoxe mesmo, a Defensora do Lector respostoume na sua columna do Domingo. http://www.elpais.com/articulo/opinion/pendiente/resbaladiza/topicos/elpepiopi/20100307elpepiopi_5/Tes/
O meu nome aperecía entre outros moitos que coma min que optaron por non calar e do xeito que eu tamén creo que é o correcto, ante esta noble figura ten El Pais. Reconfrta, por outra parte, saber que non foches o único que así o fixo.
Pois eu seguirei a ser eSedidió, con ou sen ollos tapados, polo menos mentres non me poñan un lacón diante.
Entendaseme que eu non esixo o outing dos comentaristas deste blog (e menos de eSedidió, que saíu do armario hai tempo)
En resposta a Álvarez, efectivamente o de coreano é un termo utilizado se cadra durante os anos 70 e primeiros 80 para referirse ao que na miña quinta eran denominados “maketos”. Lembro unhas consignas que se berraban na facultade de xornalismo, algo así como “Este decano es un puto coreano” 😀
O que non me queda claro é se eses vascos dos que falas era aboríxenes ou eran “maketos”.
Parafraseando aos negros dos EUA: “Eu son maketo e estou orgulloso!” 😀
Pois Casdeiro temo non poderlle responder porque de sempre nunca lle preguntei a ninguen as suas orixes.Na niña parroquia ninguen di eso de “de onde ves sendo”. Eles considerábanse como tales e naquel lugar os responsables os tiñan nunha especie de cuarentena porque o seu domicilio era das “provincias vascongadas”. Salvo un que tocume detras del nunha fila e pasouse dez minutos decindolle o que tomaba nota, unha recua de apelidos impronunciables, por certo, este rapaz so se queixaba que ninguen lle falaba en castellano, o pobriño.
O de Rivas, que eu tampouco lin no seu día
Primeiro, corrixo o dito sobre Rivas, que escribiu, aínda que con tanto retraso que xa non contabamos con el (a polémica xurdiu, se non me equivoco, o 24 de febreiro…) Pero, ben, todo foi chegando. Tamén a aclaración da Defensora do Lector do País, á que felicito pola súa excelente reflexión (e isto non é unha ironía).
En canto ao de “esixir compromisos desde o anonimato é como retar a duelo a algúen que ten os ollos tapados”, eu vexo por aquí vagalumes, Álvarez, Zeltia, ata un Oscar Wilde… e parece que o anonimato só molesta cando pode ser utilizado para criticar, aínda que sexa só moi suavemente, ao autor desta bitácora. Sempre pode vostede, señor Pereiro, habilitar unha moderación de comentarios ou suprimir os que lle resulten molestos e irrespetuosos, pero a liberdade para opinar anonimamente é unha das cousas que fan interesante a Rede e parte inherente das regras de xogo. Se para comentar nos pediran DNI, teléfono e enderezo, isto non sería Internet, senón a sección de “cartas al director” de La Región.
Criticar pode criticar o que queira quen queira (véxase o curioso caso eSedidió). Xa o sabe por experiencia. Iso é unha cousa e outra esixir compromisos, respostas ou calquera outra cousa, e menos con determinados tons. Hai unha chea de sitios por aí nos que ofrecer/recibir hostias, e outros que destilan mel e amor.
Polo demais, o anonimato é divertido, e desinhibidor, pero desde logo non é inherente a internet, quitado que o positivo de internet sexa insultar de balde -non digo que este sexa o caso – ou poder tirar pedras sen ter siquera que esconder a mao. E nas cartas ao director de LA Región e da maioría dos xornais, comproban tan pouco o remitente como aquí (pero non publican todas).
Oiga, a min non me líe, que ultimamente a miña medicación impídeme as saídas de ton, son un centrista liberal e estou ocupado facendo oco para a laconada.
Hai unha agradable e inofensiva poética na posibilidade de empregar pseudónimos en Internet. Eu mesmo entro con “vagalume” en foros, como neste caso. Pero a hora de difamar, insultar (que non foron os casos) ou de esixir compromisos (que si foi o caso) entendo que cada un deberia desvelar a identidade sen medo a que o recoñezan. Internet somete a persoas a insultos e infamias sen que eles teñan posibilidade de defenderse. Poderíase dicir que na rúa sucede o mesmo, e así é. Pero nela o anonimato non existe. Velaí a diferencia.
E senón, a proba está no que acaba de acontecer co comentario do 5 de Marzo de Ulrich e as posteriores reaccións dos esixidos sobre o Resbalón.
pufffffffffff