Romeiros
O máis chamativo non é a lexítima ansia de facerse unha foto cun líder máis ou menos mundial, sucesor de San Pedro nada menos (e iso fai que, igual que no caso das criticadas fillas de Zapatero con Obama, co Papa se retraten ata o escoltas, nun desleixo profesional inadmisible). O rechamante é o dress code, sobre todo o das mulleres (do dos relixiosos non falo). Entendo que Belén Esteban non sexa unha referencia protocolaria pero, é necesario que vaian de beatas redondas?
Feijoo demostra que non é parvo; facendo coincidir a foto co aniversario do 1-M elabora un telón de fume a unha semana segura de críticas en moitos medios.
A ver se é certo que vén o papa, non creo que sexa nada malo.
A ver se o do “dress-code” vai ser cousa do protocolo do Vaticano…
O de ir de negro, eles e elas, pode que si. Pero o dos complementos…
Algúns, cando se achegan a Benedicto, compleméntanse de negro “por añadidura” que diría un simpático amigo meu.