Etiquetas
Benedicto XVI, Fernando Alonso, papanatismo, política, Xacobeo, Xunta
Contra o papanatismo (ou papalatría) político, máis que relixioso.
11 Xoves Mar 2010
Posted El País
inEtiquetas
Benedicto XVI, Fernando Alonso, papanatismo, política, Xacobeo, Xunta
Contra o papanatismo (ou papalatría) político, máis que relixioso.
Suxiro sustitua o método “abeliano” de contar xente, polo mais refinado “corinoporrino” da inefable presidenta do Porto de Vigo, a auxiliar de enfermería Corina Porro, que con ocasión da regata de veleiros Volvo Ocean Reis, afirmou sen moverselle un lacado cabelo que a Vigo chegarían TRES millóns (en letra) de persoas. Mire vostede que tirei días e días sumando as prazas hoteleiras de Galicia e non daba atopado donde meteríamos tanta xentiña. Supoño que na sua finca de Vilaboa entraría un feixe dela, pero aun así… Menos mal que o final con 25 ou 30.000 persoas chegou, eso sí, todas elas galegas. Coma tí.
Ahhh, perdon, esquecéuseme. Non sexa tan duro con Fernando Alonso. Coma dí un grupo do Feisbuk de Ben Linus, o malo de Perdidos, “Ben non é malo, é riquiño”. Ademais é asturiano, de aqui ao lado.
Si, o método abeliano ten unha longa tradición anterior. E boa parte da culpa é dos xornalistas, ou dos medios, que ca escusa de que cada quen ten conta do que di, non hai unha comprobación mínima. E sobre Fernando Alonso, que ten mala hostia, sexa asturiano ou murciano, non é unha opinión: ata fixo anuncios publicitarios con ese leit motiv.
So correxir unha migalla a Cornelius para decirlle que os 300.000 logo reconvertidos polo método abeliano a 83.025 éramoslle todos portujesiños.
Meu querido e respetado Alvarez: non sei donde falei dos 300.000, mais como dixo Bretch, así é se así os parece. E mira que puse o dos Tres millóns en letra (por si as “flys”) que son as moscas americanas…
Queda dispensado Sr. Cornelius porque vostede non falau dos 300.000, iso foi a primeira orden dada polo meu nunca ben admirado e amado alcalde. En canto a Sra. Porro, so matizarlle e sen ánimo nengún de levarlle a contraria, que é ATS e o sei porque alomenos asi actuaba como tal na guardería pública onde foron os meus fillos.
En canto a método corinoporrino so decirlle que vostede non fixo as seguintes contas da miña ex-alcaldesa: 300.000 nativos portujeses, 700.000 galegos da provincia de pontevedra e redondeando 2.000.000 de portugueses dó altominho que pasaron ese día polo corteinjles e logo puseronse en ringleira dende cabo Sillerio a Cabo Home.
So engandir que no método abeliano estes últimos 2.700.000 non entran porque so contábamos os auténticos portujeses os que nos van roubar el oro y el moro. Pero estan ahi de reserva por si ascaso.
Sihomesi, póñalle chatas á visita da Súa Santidade e xa verá a morea de votos negativos que recolle nas eleccións.
Este é un asunto de nación. Criticalo vai contra da nosa hostelería, beatería e do noso incremento do PIB (moito máis incrementado que se viñeran os Rolling Stones, onde vaí parar).
O seu é un exercicio de iconoclastia que atenta contra o baseamento da UE e a civilización occidental, forxadas no Camiño a Compostela, agora recoñecido e revivido en todo o mundo por mor da peregrinaxe papal.
Non quedemos no groso e mundano, sihomesi. Qué importa que a retirada do andamio, que agocha o arcano máxico do Pórtico da Gloria, saia máis cara co carro blindado de Touriño si o comparamos co inmenso beneficio espiritual, que seguramente nos deixará en superavit para o que resta de século e, si Deus o quere, quizais a semente, en unha ou duas ánimas escollidas, da santidade do Santo Pai.
Debemos pois louvar os desvelos e o xesto xeneroso do Presidente Núñez, poñéndose non él, senón a todo un pobo aos pés da Testemuña de Cristo.
É unha pena que non poidera arranxar uns bolos previos do Coro da Catedral de Ratisbona polas sedes episcopais galegas, coroando así as súas xestións cun halo cuasi celestial.
Saúdos
Oiga, Don Si, empezo a estar ate as meninxes de que non faga outra cousa que anunciar no tuister ese que sae do lado da páxina os tremendos cocidos que se está vostede a papear ao longo e largo do país. Francamente paréceme unha provocación imperdoábel á grea de fieis lectores aos que lles prometeu un lacón hai xa nin lembro o tempo. Vostede siga por ese camiño e verá como non vai dar entrado polas portas.
Pero home de dió, pra un lugués, dous cocidos que levo no que vai de ano son case estar a réxime. E comprobe como o estilo parroquial prende ata en xente con nomes tan mundanos e rollingstonianos como dumping jack
A xente non se decata, pero “La cultura en el desván” ven sendo a magna obra que representa o presidente da Xunta e Cía.
Pois eu celebro que Fernando Alonso sexa un tipo con malas pulgas, así non ocupa máis sitio que o que lle corresponde polo seu oficio, non coma outros, moito máis majos sen dúbida, que andan por ahí a diario e un xa non ten claro qué mérito fixeron para que a súa opinión/vida/o que sexa teña relevancia nos medios.
Iso non irá por min, Míguez. Ademais eu tamén teño bastante mala hostia…
Home, eu pensaba máis ben na Belén Esteban, ou nun ex-futbolista que se chama Kiko (que non sei como se apelida, pero podo engadir que xogou no Atlético de Madrid para axudar a identificalo), ou no presentador ese de telecinco que lle deron un premio o ano pasado. Con simpáticos (enténdase: que xeneran simpatía) así, cada vez admiro máis ós antipáticos.
Conste que o comentado sobre a súa puntería noutro lado foi anterior a ler este outro comentario, non me vaia pensar que iba con retranca.