Etiquetas
Anxo Quintana, Cidade da Cultura, corrupción, EL Bigotes, Gürtel, Jaume Matas, Luis Bárcenas, Touriño
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.
08 Xoves Abr 2010
Posted El País
inEtiquetas
Anxo Quintana, Cidade da Cultura, corrupción, EL Bigotes, Gürtel, Jaume Matas, Luis Bárcenas, Touriño
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.
soberbio! (no sentido pexorativo non, eh!, no outro; he he).
saúde.
Ás veces conviña que non se fose tan bó periodista, pois pode levar a súa lectura a “querer pegarse un tiro”. Pero graciñas por seguir na trincheira… Ata nas pulgas dos cans haiche categorías!
Pois non creo que os candidatos á seren escusados o merezan. Nin pouco nin moito.
Eu prefiro, sen melancolías nin envexas irónicas, a indignación e a denuncia ante a ignominia. Moito máis tendo no cártel e nun papel non pouco principal a un tal Pablo Crespo Sabarís, Que máis que fio na trama esa do gürtel, é unha maroma pra turrar a eito dela.
Pena do finado Pepe Cuiña que, de non estar morto, tería que desfacerse dalgunha destas cargas de mortos financieiros. De seguro que entón non teríamos que envexarlle o protagonismo a valenciáns ou madrileños.
Vostede, como membro ilustre da redacción do diario colonial-madrileño, podería explicarme que demo significa a seguinte afirmación publicada hoxe polo diario El País: “EL PAIS es el rotativo de información general líder en Andalucía, Madrid, Comunidad Valenciana y Galicia”. Creo, se os datos do EGM, que controla Prisa, non fallan, que El Faro de Vigo ten o dobre de lectores na Galiza que o País de Madrid, e a Voz ten en Galiza como seis veces os lectores do diario madrileño/madridista-colonialista. Todas as noticias do País teñen a mesma credibilidade ca ista? Será que fan as noticias con moita Prisa? Pensan de verdade que os galegos somos todos tontos/pailáns e que teñen que vir os da metrópoli a civilizarnos? Obrigado.
Ten razón no das cifras. Supoño que cofunden prensa en xeral co que adoitan chamar “prensa nacional” (a que se edita en Madrid e se difunde por todo o Estado). Eu sei tanto da política editorial de EL PAIS, e tan responsable son dela, como o director da sucursal de Vimianzo do BBVA das directrices económicas do banco. E teño moita máis liberdade para non seguila que o director da sucursal, e penso que tamén algunha máis que os traballadores que coñezo da prensa anticolonialista galega que vostede cita. Mesmo me permiten criticar públicamente os operacións de cambio no accionariado. E algo de civilización en segundo que casos nunca vén mal. De nada.