O título non deixa de ser inexacto, cando non tendencioso: parece dar a entender que en Galiza non hai máis partidos cós 3 con representación actualmente no parlamento (ou as súas divisións internas correspondentes, 6 en total segundo o artigo). Hai vida política alén da que permite o sistema electoral pasar a peneira da pseudodemocracia participativa, Pereiro.
Os titulares teñen uns condicionantes de espazo. No texto especifico que falo dos partidos con representación parlamentaria ou que puidesen tela. Os outros partidos que hai en Galicia non teñen perspectivas inmediatas de acadala, por moito que se baixe a porcentaxe de representación mínima. UPyD, o que tivo máis votos dos extraparlamentarios, non chega nin a metade do 3% que establecen as leis electorais máis abertas, e que tivo no seu momento a de Galicia.
Con todo, o que máis lles envexo ós anglosaxóns é a posibilidade que teñen de poderen parar ó seu deputado por calquera das rúas da súa circunscripción (sí, esa que terían que transitar e dar meiró a esgalla e a cotío, e non só nas ocasións) e tirarlle das orellas como corresponde en democracia.
Compañeiro Pereiro, a puxo vostede en claro e co bo facer de sempre un tópico do ambiente nacionalista ou ilustrado da Gallaecia, pero dame a min que non deixa de ser unha confusión entre desexo e realidade.
Pensar que a efectos prácticos hai dous PP ou dous PSOE en Galiza só pode derivar dalgunha noite de xoldra con Rafa Cuíña ou Xocas. Non hai tales sectores nas organizacións reais deses partidos nin moito menos no seu imaxinario colectivo. No que respecta ao discurso ou ao pensamento, as dúas máquinas funcionan perfectamente sincronizadas cos madados dos xefes (véxase a posición do maioritario sector galefogono do PPdeG). Hai xente, iso si, que pode sentirse cómodo nese marco que vostede propón, pero realmente non existe. Un marco de análise máis conveniente sería o das ganancias por servir aos donos.
Do BNG non vou falar agás para dicir que acepto a súa división só a efectos simplificadores de oportunidade xornalística. Non creo que a maioría dos lectores estean interesados na diferenciación escolástica dos infinitos sectores do BNG…
Coincido con vostede pero creo que últimamente e co axunto iste xa vomitivo das caixas, creo que non minto cando digo que hai dous psoes, o do meu ben querido e admirado alcalde de Vigo e o resto que queda ese mundo de dios…