• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Xuño 2010

Como nos ven?

24 Xoves Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

Imaxe de Galicia, Julia Otero, medios de comunicación, Onda Cero

Julia Otero, a quen podería chamar esa dama da radio se non fose por ese sorriso de rapaza encantada co que fai que ten e que tamén se lle aplicou a algunha que, máis que dama da radio era estrita gobernanta da micrófono, convidoume ao seu programa cando o fixo desde Santiago aproveitando que Onda Cero cumpre 20 anos (circunstancias que non sei se teñen relación). A cousa era falar da imaxe de Galicia nos medios de comunicación, enténdese que nos de fóra (nos de dentro, hai unha enquisa moi interesante do Colexio Profesional de Xornalistas sobre como os periodistas pensan que os seus medios reflicten a realidade galega). Algo que a ela lle preocupa, como galega que leva residindo toda a vida fóra e como comunicadora que sabe da importancia dos medios á hora de conformar a opinión da xente. Tamén é algo que preocupa aos galegos que levan dentro toda ou a maioría da vida, como se ve porque hai moitas cartas ao director que inclúen como argumento definitivo o parecer duns amigos de fóra. Se lles importa o meu, a min tanto me ten o que pensen por aí. Depender da aprobación allea é un síntoma de inseguridade tanto nas persoas como nas sociedades. Pero aló fun, a opinar, porque a indiferenza non deixa de ser unha opción.

Seguir lendo →

Advertisements

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Colexio de España en París

23 Mércores Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Kinopravda, Res Publica

≈ 5 Comentarios

Dúas capturas de pantalla que evidencian que o mundo -sobre todo o institucional-non necesariamente mellora co tempo.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Alguén debería dicirlle a Feijoo que xa ganou

18 Venres Xuñ 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Feijoo, goberno, Xunta de Galicia

A homilía quincenal en EL PAIS.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Os anos que vivimos estupendamente?

13 Domingo Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

Cameron, crise, economía, funcionarios, Merkel, PP, PSOE, recortes sociais, reforma laboral, UE

Agora vai resultar que os vellos tiñan razón. Os vellos aqueles que rosmaban que este non era xeito de vivir, e que así non se podía seguir. Os líderes europeos véñenlle dar a razón a aqueles predicadores apocalípticos que deseñaban un futuro de lume e cinza para a economía. Winston Churchill advertiu no seu día á cidadanía que chegaban tempos de sangue, suor e lágrimas. O seu sucesor, David Cameron, prometeu o mesmo e aforrou unicamente o sangue. Vivimos por riba das nosas posibilidades todos, incluído eu, a pesar dos consellos paternos de nunca deixar a deber nin comprar a prazos. Vale. Pero despois de facer os sacrificios que nos piden e os que nos impoñen, alguén nos pode asegurar que xa está? Non vai pasar outra vez iso de que o incendio provocado porque a Macroeconomía andou xogando con lume acabe carbonizando a nosa Microeconomía? Temo que non.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

A presentación de GalegoLab

10 Xoves Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 2 Comentarios

Amighos, amighas, comentaristas e trolls, a facerse socios (non usuarios, socios)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Un asalto á razón

05 Sábado Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 12 Comentarios

Etiquetas

conflicto palestino, flotilla da liberdade, Gaza, Hamas, Israel, Mavi Marmara, Oriente Medioi

A infamia do asalto israelí á flota de barcos que pretendía levar axuda humanitaria a Gaza, bloqueada desde hai catro anos, é unha demostración máis de que o peor dos conflitos, sobre todo dos armados e aínda máis dos que se alongan no tempo, non é soamente que morre xente: é que envilece a situación e fai peores aos sobrevivintes. Israel comezou sendo a única democracia na zona, un refuxio de progreso para xente perseguida longo tempo. O malo é que se fixo botando a un lado aos que alí estaban, que eran precisamente do máis civilizado da contorna, en comparación sobre todo cos seus veciños, sometidos a ditaduras políticas ou relixiosas. Despois de anos de loita e de milleiros de mortos en ningún dos lados a xente vive mellor nin máis tranquila, e nos dous estase impoñendo a marchas forzadas o fanatismo. O que foi un pobo civilizado é agora un estado que, grazas á impunidade que lle dan os seus aliados, fundamentalmente EEUU,  masacra  todo o que quere ou o que pode á poboación civil palestina, reforzando de paso aos máis extremistas dos seus inimigos.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

A guerra do AVE

03 Xoves Xuñ 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 16 Comentarios

Etiquetas

AVE, Fomento, infraestructuras, José Blanco

Estou das polémicas das infraestruturas e do investimento en cemento ata aquí.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • Pedro Sánchez en Hogwarts | @ctxt_es bit.ly/2E1keDA Tal que así me parece. 10 hours ago
  • Non tes plan para a fin de semana? O teu lugar favorito, un viño (mellor mencía) e saborea este (ou outro) relato d… twitter.com/i/web/status/1… 14 hours ago
  • "Este juicio nunca hubiera existido si los medios hubieran descrito el Procés, no como un golpe de Estado, o como u… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • RT @ctxt_es: Otro historión gracias a la @RevistaLuzes. En esta ocasión, sobre el Padre Silva y su ciudad revolucionaria para niños y jóven… 1 day ago
  • RT @TradutorGalego: -Os corredores Atlántico e Mediterráneo, por Madrid. -A segunda lonxa mundial de peixe e marisco é Mercamadrid, só supe… 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • RSS Artigos
  • RSS Comentarios
  • WordPress.com
Advertisements

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: