Gústame todo canto escribiches. Parece que aos militantes non lles importan os posibles votantes do BNG, senón a loita na sua propia organización con tal de sentar o cu na silla axeitada.
Polo que se ve en sitios como Chuza! algúns militantes es canto len algo co que non están de acordo, sacan a máquina de decretar anatema. E outros ata teñen medo de significarse mesmo en sitios tan inocuos como o facebook.
Como iremos en política, que un noveloperiodista e un matefilósofo teñen que poñer os puntos onde deixen poñelos.
Xa hai moito tempo que ficou clara unha cousa: nos partidos (chamados) de esquerda, achegánse demasiado o concepto ser militante e ser militar.
Moi boa análise, Sr Pereiro. Só unha matización (moi persoal, pode que estea equivocado): no caso do BNG a orde correcta das cousas parece ser “lea interna” => “non aplicarse cara fóra”, non a inversa. A orde dos factores ás veces é importante…
E logo como habería que facer Sr. Pereiro. Se o sistema PP e PSOE non lle vale, o do BNG, que é o único democrático, tampouco. Entón, cal é o sistema mellor? Explíquese. Porque dar leccións desde o púlpito daos ata un cura chusquero.
Ata onde eu sei, nas “democracias” occidentais, os militantes elixen aos seus candidatos dos seus respectivos partidos. Non é?
E por certo, neste proceso interno e democrático que acaba de pasar o BNG, todos os candidatos (tanto os da U e como os da G) fixeron propostas para a cidadanía. Que pasa?, que xornalistas, como vostede, gustan máis de subliñar o “horror show”, como titulas no artigo, no canto das propostas que fixeron os candidatos.
Creo que é un gran artigo. De entrada para pensar e reflexionar. Tamén para compartir que no Bloque prima demasiado o de quen prefire dormir tranquilo cun concelleiro na oposición que con cinco gobernando. Anque o problema electoral do BNG vai moito máis alá de como se confeccionan as listas.
Manuel: Eu non dixen que os sistemas de PP e PSOE non fosen democráticos. (Tampouco entendo a que veñen as comiñas de “democracias” occidentais. Sen ter unha excesiva fe nas súas vantaxes, as occidentais son as democracias que se coñecen). E claro que son os militantes os que escollen aos candidatos. Nos partidos maioritarios, normalmente polo método de refrendar as propostas de arriba. Noutros, polo método de botar un pulso a ver quen gana, sen reparar demasiado as veces nin nas súas cualidades, nin no que lle poda parecer ao público obxectivo. Impoñerlle, por exemplo, a lista a un candidato é mandalo a loitar cunha man atada á espalda. E os periodistas non somos tan eficaces como para silenciar ese clamor de propostas que foron as primarias do BNG nas cidades. Se pensa que o problema é a prensa, ten vostede dous problemas pero eso si, tamén unha excusa.
A maiores e en concreto, Xosé Manuel Carril penso que é un bo candidato (como puido selo Afonso Regueiro, por outro lado), pero aparecerá innecesariamente lastrado como o candidato dunha parte do Bloque, porque é así como o vendeu a propia organización, empeñada en que os candidatos representen AO Bloque, e non Á PROPOSTA QUE O BLOQUE TEN para a cidadanía. Que non é exactamente o mesmo. Por se lle sirve de acalaración, o eurodeputado de ERC non é siquera militante de ERC. Escollérono porque consideraron que a persoa idónea, non o afiliado mellor situado.
Non sei se isto podese imitar a unha asamblea virtual, onde ler con calma o que se escoita e pensar con calma o que se vai dir, ten as súas avantaxes (respecto da real, semiclandestina ou “en democracia”, deixando de lado as clandestinas, especiais “per se”).
E permítome un sorriso sobre os procesos democráticos nos partidos de esquerdas (nos de dereitas xa non ten sentido falar de democracia, por ser sinxelas agrupacións electorais e “rien de plus”).
E unha última opinión sobre o uso das comillas. A democracia non naceu en Atenas, naceu na primeira fábrica, barrio ou parroquia onde sen distinción de sexo, orixe, capacidade económica…votouse unha proposta e elixiuse un representante (e digo representante, non “representante”).
Sinto a longura, pero o Albinoni invita a tomarse o café co calma (outra avantaxe deste tipo de “asamblea”).
Señor Pereiro, é vostede un brando: se eu tivera a metade de audiencia que vostede -e alguén chuzara o meu blog, que non o fan, obviamente- ía bater o record de comentarios insultantes. Claro que entendo que vostede é escravo da súa posición institucional no eido corporativo e da xestión do -como lle chaman? ah, si- crowdsourcing.
Teño que recoñecer que en chuza xa tiña un par de faltadas redactadas, pero acabeinas borrando. Que razoas a argumentos como “o artigo é lixo”? E ti máis?
A min dame a impresion que a UPG e un partido de escaso debate ideoloxico e de ningunha aplicacion practica das conclusions dese debate.E por iso que a sua unica virtualidade e apanar poder,ben para os seus militantes ou para xente agradecida.
Unha cousa asi como xente do Opus entregada ao porno pero que seguen coas estampas de Escriba e entrando no Goberno.
Debo dicirlle a Xaquin que tamén me gustou moito o de matefilosófico (ou metafilosófico, se é o que quería dicir, que me vale tamén) se o dicía por min.
Só clarar que, respetando completamente as capacidades filosóficas do vagalumecangas, o de matemático e filósofo era polo BR. A quen podemos evitar (para este asuntiño) como matemático, pero a quen, como teórico-practicante (sobre os problemas do coñecemento humano)non viña mal ter “de cabeceira” nas bibliotecas das organizacións políticas (e sacarlle o po de cando en vez). E coidadiño, por certo, “de cabeceira” non quere decir “de catecismo”!
E, postos a aclarar, tamén digo que o autor do bloc pode ser un excelente novelo-periodista, pero o tamén poeta MVM era a diana.