Etiquetas
En contra do que afirmaba no derradeiro parágrafo da miña análise en Xornal, o Goberno parecer ser que rectificou, sen enmendarse. Serán 400.000 euros para os medios en galego (o mesmo que custou a consulta aos pais sobre o idioma, creo recordar). Agora soamente falta que saibamos cantas son as axudas aos medios en castelán.
Medios en castelán? Medios en castelán? Non sei en que mundo vive vostede! Mais, afortunadamente, aínda está vostede a tempo de poñer os pés no chan. Eu mesmo asumirei a pesada carga de conducilo ata o bo camiño, e de guialo para que non se extravíe. Repita comigo: todos, todos, todiños os medios de comunicación de Galicia contribúen positivamente ao esforzo pola normalización do idioma (si, no “todos” vai incluído o de D. Santiago, alias “Émile Zola”).
Segundo datos do INE, entre xullo de 2009 e xuño de 2010 entraron en concursal en Galicia un total de 297 empresas, das que 91 corresponden ao sector industrial, 77 ao inmobiliario e da construción e 13 ao sector de servizos profesionais (enxeñerías e consultorías, entre outras). No mesmo prazo, 1 ao sector dos medios de comunicación.
Das 297 empresas, 10 tiñan unha plantilla superior aos 50 traballadores.
Estou que nin respiro agardando a saber cando lle vai cair de reparto aos medios de comunicación en castelán.
eSe, xa que está posto (sen segundas), mire as porcentaxes de caídos en combate con respecto ao número de empresas de cada sector. E a maiores é o que eu dicía: so morren os do bando contrario.
De todas formas, os peches empresariais non preocupan á superioridade porque, como dixo unha vez Antonio Ramilo (q.e.p.d.): “es que sólo se cuentan las que mueren, no las que nacen”.
D. eSe, teña vostede un chisquiño de piedade cos que perdemos o tempo preocupándonos pro frivolidades 😉 Se segue a contestar con esta contundencia nos debates sobre o galego, vai facer que me poña colorado…
Unha puntualización:
Fala vostede de “A Nosa Terra, un dos poucos medios de comunicación centenarios de Galicia”. Alucino. Practicamente todos os xornais que se publican en Galicia (a excepción das edicións galegas dos xornais foráneos) son centenarios ou están a piques de selo: El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo… El Ideal Gallego o será no 2017… Por favor, un chisquiño de rigor cando escribimos. Ulrich
Fai vostede ben en alucinar pola pouca seriedade dos datos. Dos medios de comunicación galegos, poñamos que arredor dun cento, son centenarios, por este orde, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e El Progreso. El Correo Gallego, para ser centenario necesita contar coa historia do seu precedente en Ferrol, en Santiago leva desde 1938. La Región cumpre este ano. O Heraldo de Viveiro dentro de dous, La Voz de Ortigueira en 2016 e El Ideal Gallego en 2017. As emisoras máis antigas teñen 75 anos, e as televisións, 25.
E mesmo este blog acaba de cumprir cinco anos
Na miña modesta opinión, é hora de defender o pouco que nos queda de imformación xeral impresa 100% en galego: Tempos, Galicia Hoxe… hai algo máis?
1.- Feliz quinto cabodano.
2.- Estou eu errado (ferrado xa sei que si) ou ANT é un exemplo de medio – guadiana (agora si, agora non)?
3.- Non lle podo mirar o da porcentaxe das concursais sobre total de medios máis que nada porque non dou atopado o seu CNAE, como tal. De todos os xeitos estou seguro de que vostede xa ten o dato.
4.- Inda que non corresponda, a referencia ao “derradeiro comentario” do post anterior referíase obviamente ao tema en cuestión. A ver se pensa que o vou deixar só para que faga o que lle pete…..
5.- Eu máis ou menos entendo o de que a Administración ten que axudar aos medios con cartos, pero máis ben menos que máis. Sonlle as desvantaxes de ser centrista liberal.
6.- E para axudar aos medios en galego, pois nada: a seguir a compralos e se un dispón de posíbeis, a anunciarse. Claro que non viña mal unha pouca de axuda pola súa parte, en forma de boa xestión económica e comercial….
Xa sabia eu que il nostro commendatore eSedidio non nos ia abandonar.
Pois si,mellor que dar a roncheta a noso patron sHs ou a Deus bendito,fariamos mellor comprando Tempos ou Galicia Hoxe.As mil primaveras hai que ga alas.
Teño unha suscripción a Tempos; o de Galicia Hoxe se me fai máis complicado
Consumir -falo de consumir, mercar ou apoiar por solidariedade é outra cousa- un medio, ou calquera produto cultural só polo idioma en que está non deixa de ser loable, voluntarista… e pesado. Aínda que sexa o caso oposto ao que nos ocupa, os lectores castelanfalantes redondos que contribuíron a facer de Casares o columnista máis lido da Voz tíñano claro.
E a única responsabilidade que ten un medio, ou polo menos un xornalista -como profesional, non como persoa- é cos lectores, e con máis nada. Outras responsabilidades ás veces funcionan como coartadas.
Outra cousa é esixir que, xa que se axuda, que se axude máis a quen máis o necesita, ou polo menos o mesmo.
Sr. eSedidio, deixo o de “boa xestión económica e comercial” e quedome co “a seguir a compralos” porque o de “a anunciarse” paréceme moito pedir.
O cerme é o de comprar, jastar os cartiños e non fundilos nos diversos derivados do alcohol e nos múltiples lugares onde catalos. E non hai mais importante que apoiar comprando as diferentes iniciativas ,polo menos, na miña ignorante opinión.
E sobre todo entre os chamados progres, esquerdistas, nacionalistas e de mais ralea de caracter xeralmente amarrada que anda por esta desgraciada terra onde nos tocou nacer.
Contolle un sucedido para que se ria un pouco e haber se nos sacamos de tanta mala noticia (e as que viran):
Cando era un rapazolo, intentamos montar nesta aldea un ateneo libertario por catro veces. Contactamos con uns vellos militantes da CNT, daquela ainda non existia a CGT, imaxinese que pureta vou, e esta xentiña deixounos un local, lembro que perto da igrexia de Fátima. Sen pagar alquiler nin na, so tiñamos que adecentalo, conseguir unhas vasoiras, unhas fregonas, uns pinceles e un pouco de pintura. Por defecto profesional tocoume facer o presuposto que ascendia a 245 pesetas. Quedeime coa cantidade para o resto da miña puñeteira vida. Pois en catro reuinions, iso si, tomando os consabidos botellins de skol no Porco, non houbo maneira de xuntar semellante fortuna entre uns 15 pimpins. Moita palabreria pero nada de soltar o parme e sin plata, coma ben sabe, non hai revolución nin farrapos de gaita.