O meu traballo e o doutros participantes ten que ver coa ‘economía do comportamento’ (behavioral economics), onde xogan un papel esencial algúns dos sesgos que menciona o señor Pereiro. O ser humano funciona así, busca -nos xornais, na bolsa, ou na vida en xeral- os datos que confirman o seu posicionamento previo (os termos en inglés, ‘overconfidence’, ‘anchoring’ ou ‘conservatism’ entre outros explican este comportamento).
En economía cada vez teñen máis peso estas análisis que enfatizan os sesgos sicolóxicos da xente, e seguro que en política, xornalismo e outros eidos das ciencias sociais o efecto destes sesgos é aínda máis marcado.
Asi que non queda outra que traballar o dobre de duro, ou se cadra, ser consciente destes temas para procurar outras solucións.
Eu non leo moito, pero cando leo algo, leo hasta os agradecementos; por iso cheguei ó último párrafo do seu artigo, que suscribo e aplaudo.
O caso é que nese panorama informativo, triste, que vostede pinta, paréceme case unha nota pintoresca o artigo este no que un editor da BBC aclara que non se refiren a ETA nin a ninguén como terroristas por que é un termo relativo e que implica un xuízo por parte de quen o emprega.
Aínda a risco de desviarnos do tema, gustaríame coñecer a súa opinión ó respecto.
Volvendo ó allo, e pensando no escandaloso que resulta a negativa dos políticos a admitir preguntas, eu propoño unha coletilla sistemática tipo “nunha comparecencia sen admitir pregutas” de uso xeneralizado, para que a xente vaia sabendo a quen ten… se quere sabel, claro.
Efectivamente, o que eu quería dicir era o do final, porque os leit motifs anteriores xa os teño dito (e o do final posiblemente tamén.
Non menos efectivamente, chamarlle terrorista a unha organización non deixa de ser un argumento propagandístico, como denominarse “movemento de liberación” polo outro lado. Sobre todo, porque como digo sempre, unha organización é terrorista ata que triunfa. Caso do Irgun israelí, o FLN arxelino e outros. Tampouco non chamarllo significa aprobar os seus métodos. Moito máis curioso e revelador é aínda o de “banda”. O de banda terrorista converteuse nunha denominación sen sinónimos posibles hai uns anos. Antes, o normal era “independentista”, “separatista” e desde logo, “armada”. O que pasa é que os británicos, que guerra sucia fixeron aínda máis que en España (porque no Ulster había ademais grupos armados nos dous bandos, unha policía sectoria e a maiores o exército) tiñan detalles de democracia vella como facilitar aos xornalistas estranxeiros o enderezo e teléfono do gabinete de información do IRA.
O de mencionar que non houbo preguntas xa o recomendamos o COlexio e outras instancias dos xornalistas.
Estando de acordo co escrito claramente no País (e co que podo intuir nos comentarios 2º e 3º), quisera disentir do parágrafo sobre “estar cómodo no desalento”.
Ademais do Cunqueiro, cada galego que se precie versionea o do Hamlet desde hai hai moito tempo: “to be or not be galegho”. Pero coa dificultade engadida de que cada vez está máis difíl saber que é “ser galego”, polo que escoller ser ou non ser…
Ah, e please, non me veñan con catecismos varios! Xa os seguidores do Xesús, do Lenin ou do Mao amosaron como se pode cagar moi por fóra do cagadoiro…
Para min o mais pavero e que lle deran o comunicado a un ghicho da BBC en Paris.Terroristas si,pero ben saben que,tamen no xornalismo,ainda hai clases.
O de Wikileaks está ben, pero ten a favor que fala en inglés dos secretos do mundo por 600.000&( segundo Sihomesi).Polo tanto, o seu mercado é global. En troques, en Galicia sería difícil unha achega por ese montante de maneira desinteresada (É unha boca inocente Wikileaks?) para ver as vergoñas das institucións e de quenes as gobernan (mercado local).
Polo demais, os que “descubre” Gallego-Díaz xa estaba nos manuais de publicidade e relacións públicas de cando Sihomesi mais eu estudábamos. Non´é que haxa moito, pero xa foi antonte.
Non quisera repetirme,pero a noticia está posta a tiro (perdón pola violencia da frase). O de ETA é puro terrorismo, pero como chamarlle ó que fai a Audiencia Nacional? Por certo, xa me dá medo ata nomeala, será que realmente mudou AN en OP?
Inventou estes días (entre outras cousas, xa inventadas por certo) o xuicio de intencións.
Unha mostra exemplificante (polo de usala como motivo/”proba” e pola falsedade da afirmación): idénticos lemas nas manifestacións do País Vasco!!!
O enlace aquí: http://www.europapress.es/nacional/noticia-an-prohibe-nueva-convocatoria-marcha-tarde-bilbao-20100911115013.html
E pode sairse do rueiro, pero non da repelús que en vez da BPS, agora xa chegue con asociacións de newdemocráticos cidadáns para que che meta un puro a newdemocrática AN (espero non “pasarme”)?
Sintoo moito, dono do blog, pero dinme conta ó ver a data do comentario que día é hoxe: asco dáme pensar no Premio Nóbel da Paz dado a un tal Kiesinger!!!
Oiga, don Xaquín, faga o favor de non faltar que tal día coma hoxe pasaron moitas más cousas. Que nacin eu, por exemplo.
No da manifa, teña vostede en conta que determinados lemas (“Libertad de expresión, todos los derechos para todas las personas”) sonche dun radical que mete medo, e que non gosto nadiña que aproveiten data tan sinalada como a do meu cabodano para andar por aí a espallar ese tipo de consignas. O vindeiro ano que espabilen e que poñan de lema “happy birthday to you” e verá como non hai problema ningún.
Felicidades, eSe, que cumpra moitos máis e non perda e intención nin os dentes!
Xaquín: efectivamente, o de Chile, o de New York e o da AN non é para confiar moito no xénero humano. Sobre o da AN, a única explicación é que en Madrid están tronados, e o andacio esténdese.
MI6 Si, xa o dabamos, pero non tan recrúado. O que veñen dicir SG-D e os que cita non é soamente que a xente a colla con papel de fumar se non lle dan a razón, é que canto máis lle digas en contra, máis se encasquilla no seu. (e asómbrame que lembre o que estudamos!)
Estase celebrando Fundaciön Barrié da Coruña un congreso internacional de economía, ICABE 2010 (http://www.icabe.gr/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1) na que eu participo mañá venres (estades todos convidados).
O meu traballo e o doutros participantes ten que ver coa ‘economía do comportamento’ (behavioral economics), onde xogan un papel esencial algúns dos sesgos que menciona o señor Pereiro. O ser humano funciona así, busca -nos xornais, na bolsa, ou na vida en xeral- os datos que confirman o seu posicionamento previo (os termos en inglés, ‘overconfidence’, ‘anchoring’ ou ‘conservatism’ entre outros explican este comportamento).
En economía cada vez teñen máis peso estas análisis que enfatizan os sesgos sicolóxicos da xente, e seguro que en política, xornalismo e outros eidos das ciencias sociais o efecto destes sesgos é aínda máis marcado.
Asi que non queda outra que traballar o dobre de duro, ou se cadra, ser consciente destes temas para procurar outras solucións.
Eu non leo moito, pero cando leo algo, leo hasta os agradecementos; por iso cheguei ó último párrafo do seu artigo, que suscribo e aplaudo.
O caso é que nese panorama informativo, triste, que vostede pinta, paréceme case unha nota pintoresca o artigo este no que un editor da BBC aclara que non se refiren a ETA nin a ninguén como terroristas por que é un termo relativo e que implica un xuízo por parte de quen o emprega.
http://www.bbc.co.uk/blogs/mundo/blog_de_los_editores/2010/09/la_bbc_y_eta.html