Etiquetas
Alberto Núñez Feijoo, información política, primarias, Tomás Gómez
A culpa de que a política sexa como é, é culpa dos políticos e/ou dos medios?
07 Xoves Out 2010
Posted El País, Matrix Press
inEtiquetas
Alberto Núñez Feijoo, información política, primarias, Tomás Gómez
A culpa de que a política sexa como é, é culpa dos políticos e/ou dos medios?
O que eu dicía http://www.elpais.com/articulo/espana/profundo/descredito/Camps/afecta/electoralmente/PP/elpepuesp/20101007elpepunac_37/Tes?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
Núñez F., a pesares desa certa lenda de chaponcete feito a sí mesmo (quere dicir: mentres outros como Pepiño andaban de pancarteiros no canto de chantar cóbados), ten mália todo a mesma teima que calquera rapazote da xeración Ni-ni: vive dos teus pais ata que poidas vivir dos teus fillos. Núñez F. fai súa esa lóxica cínica e aplícaa ó seu xeito: vive de laiarte do bipartito ata que poidas vivir de laiarte do goberno central. Nesas estamos. Santa paciencia!.
Pero atentos todos, que ó pensamento Núñez acáballe de sair unha excrecencia bastante repunante, tipo absceso purulento: o pensamento Negreira. E todo porque Carlos Negreira está preocupado por se o outro Carlos é quen de lle mover os Marcos dunha leira que tiña por súa.
O carallo é que penso na reacción dos kuruños people ante o espectáculo e bótome a tremer.
A culpa de que a política sexa como é, é culpa dos políticos e/ou dos medios?. Haberá un pouco de todo, pero os políticos e os medios necesitan xente -que os crea, que os siga, que os divirta…..- e se Feijoó pode permitirse unha atitude victimista, na cal parece que non ten nada que ver co para que medra en Galicia, é porque hai medios que o xustifican, e bastante xente que segue esa onda.
O que dicía caosemdono sobre a reacción dos kuruños people diante do espectáculo.
Pois creo que ir asumindo que en vez de ser malos tempos para a lírica, son malos tempos para a crítica.