Etiquetas
A este Papa téñolle un certo aquel porque, sen lle quitar mérito ao conclave cardinalicio que o escolleu inspirado polo Espírito Santo, tamén o acollín eu nunha destas columnas. Aínda recordo como foi: estaba eu co portátil nun bar en Bastiagueiro, coa televisión de fondo, e de pronto a que parecía a nai ou avoa do propietario anunciou urbi et orbi: “¡Ganó el alemán!, ¡Este ya habló muchas veces, salió tanto en la tele que hasta yo lo conozco!, ¡me gusta!”. Recordo tamén –ben, non o recordo, acabo de mirar a columna daquel 20 de abril de 2005- que os comentaristas, un tanto desilusionados, tentaron animar á audiencia dicindo cousas como que o novo Papa non era tan ríxido como “ciertos medios de comunicación han destacado estos días”.
De todas formas, que fose ríxido ou flexible sería un problema dos que se rexen polas normas da organización que ten como cabeza visible a Joseph Ratzinger, e de todos na medida en que o mesmo Ratzinger asegura que a súa Igrexa ten dereito a influír en política (como lle dicía a miña avoa Balbina aos Testigos de Jehová que a querían atemorizar dicíndolle que algún día morrería: “Se esa é a novidade que me traen…”). Pero como tanto vai querer influír veña ou non veña, e aínda que non veña ten aquí unha chea de acólitos que están moi dispostos a influír, pois se quere vir que veña, faltaría máis. Ao fin e a cabo consolida unha recente tradición papal de visitar Compostela en ano xacobeo que iniciou o seu antecesor, Karol Wojtyla, posto que en milenio e pico de existencia do asunto, ningún Papa en activo tivo a ben pasar revista a un dos centros históricos do seu culto. O malo non é o Papa, senón os que son máis papistas ca el.
Por exemplo, o home o que quere é chegar, facer o que teña que facer, e seguir a xira, non ver unha cidade rendida aos seus pes, pero o operativo despregado recorda a iso que vemos nas películas de época, as comitivas dos poderosos ás que lle abren paso a xostregazos uns tipos que van diante. Se vai vir unha morea de xente a velo, e o lóxico sería tentar facilitarllo e non facer que a súa emoción se vaia reducir a estar o mesmo día no mesmo sitio que Bieito XVI. E desde logo, sen complicarlle máis do necesario a vida aos que tanto lles ten, e teñen dereitos como cidadáns os 365 días do ano, sexa santo ou civil, veña Ratzinger, Obama ou os Rolling Stones. E todo, e a maiores metendo unha chea de cartos, para saír nunha foto ou nunhas imaxes nos medios de comunicación internacionais. Ou coutando as opinións dos que están en contra da visita, como lle pasou a un colega, Fran Lorenzo, ou aos da revista Retranca, que os propietarios da imprenta decidiron que o contido non era compatible coas súas crenzas ou coas da rotativa. Se un debuxante danés ten todo o dereito a parodiar a Mahoma nun xornal, tamén o teñen os galegos a quen consideren.
Ademais, se aquí imos ter unha sobredose de visita, e máis aló do Padornelo tamén lles vai chegar, alén dos Pirineos uns enteraránse e outros non. Se de verdade queren que a visita teña repercusión mundial, que convenzan a Bieito XVI para que proclame no Obradoiro a recomendación do condón para evitar a sida, a autorización para a ordenación das mulleres ou o fin do teórico celibato sacerdotal, e xa verán que éxito.
(La Opinión de A Coruña, 30/10/ 2010, Faro de Vigo, 3/11/2010)
Querer volver ós tempos dos emperadores romanos (cos seus bispos e cía) non me parece contradictorio coa esencia “paulista do cristianismo”. O que seguro lle fode a Cristo e a sinvergüencería católica de amar o poder político e ó mesmo tempo meterse cos islamistas por manter o mesmo tipo de amor!
Qué bon momento para reler o hilarante El catolicismo explicado a las ovejas, de Eslava Galán…
(gañas de flame, co permiso de Sr. Pereiro….)
“Se un debuxante danés ten todo o dereito a parodiar a Mahoma nun xornal, tamén o teñen os galegos a quen consideren.”
Isto é demagoxia: ao debuxante danés que debuxaba NO SEU propio xornal amenazárono de morte por usar caricaturizar. A Retranca, unha empresa negóuselle, lexitimamente memntres non haxa un contrato polo medio a facer un encargo, sen impedirlle acoder a outro prelo, é máis, convidándoa a facelo. Perden negocio, perderon cartos. “Nós non facenos este chpoio, ide a ourra parte”
Os ultragaleguitas últimamente están “que se salen”: se os demais non aceptan ser escravos ou reféns ao seu servizo, por exemplo se non queres só galego para tí, se queres ter o teu propio menú educativo-lingüistico sen molestar aos que queren outro, ou non queres falarlles galego, sen esixirlle que che falen eles a tí en ningunha lingua, “los oprimes”. Semella que os únicos que teñen dereito a escoller menú educativo (para eles e para os demáis), a non falar o que os outros queren escoitar ou ler, ou a non colborar cos demáis, en suma, afacer o que lles pete, son solo uns poucos, a vangarda elixida.
Comparanza do mais pertinente, porque o Kiko da Silva está en Queremos Galego (para nós e para todos vós, se non, oprimídesnos)
ah, “y me cago en Dios”, non vaia ser o conto
P.D: e que carallo fai a patriótica Retranca recorrendo a unha imprenta en Murcia? non hai dabondo por eiquí? (queixa lida no seu propio blogue, dende a bancada patrioteira, haha)
Home, Sr de garda, demagoxia aí non vexo. Dizer, como di o Sr Pereiro, que o dereito que asiste aos caricaturizantes é o mesmo, independentemente de cal sexa o obxecto (ou obxectivo) da súa retranca (sátira), nao é o mesmo que igualar o que veu depois. Explícome: uma coisa é o dereito apriori dos que pintan, e outra a guerra santa aposteriori que se montou.
Mais eu quisser deixar aquí unha pregunta -de ignorante, porsuposto- se o Estado Patrio é agnóstico, digo ateo, digo a-confessional, o Tribunal Constitucional non debería atuar de oficio perante estas visitacións?
Das credenciais políticas do Sr DaSilva, nom me vou extender moito. Recordo aquilo de “E por que reparas tu no argueiro que está no olho do teu irmão, e não vês a trave que está no teu olho?”
[Por certo, Sr de garda Ye shall know them by their fruits (isto do gugel é a ostia!): non-tan-troll ;-)].
Saude.
Moi ben sr troll, xa quedaches de home cool insultando nacionalistas. Non é nada moi novedoso, de feito bastante habitual.
A imprenta de Murcia levaba tempo imprimindo a revista retranca, entre outras cousas porque un comercial desa empresa ofreceu o servizo a un prezo que conviña a Retranca (é o que che ten non recibir subvencións que hai que axustar os cartos). Cando o número estaba xa impreso algún xefe da imprenta debeu pasar polo centro de impresión e ofendeuse polas referencias ao Papa co cal decidiu non entregar o pedido.
Por suposto iso é un incumprimento de contrato, entre outras cousas porque impede que os suscritores de retranca (coma min) podamos disfrutar desa excelente revista a tempo, además de supor custes adicionais á editora.
No seu comentario o único que vexo é “como son do BNG que se jodan” e paréceme unha postura bastante patétic, que quere que lle diga.
E perdón polo offtopic, Sr. Pereiro.
Señor Daniel:
a) si hay incumplimiento de contrato, eso tendrá que decirlo un juez. Kiko da Silva lo tiene facilísmo: denunciarlo, y si tiene razón, ganará.
b) La imprenta, por priorizar sus valores y principios (que no comparto como buen cagador en dios) por encima del dinero (algo inaudito en estos tiempos) ha perdido todo el dinero correspondiente a los gastos de edición de los ejemplares impresos, puesto que primero imprimieron y luego se fijaron en lo que ponían: gasto que cae a cuenta de la imprenta, que pierde tiempo, tinta, papel y demás fungibles, para tener que comérselos con patatas. Y pierde un cliente. Se tiene que joder la imprenta meapilas, no me lo negará usted, tanto o más que Kiko dal Silva, que perdió tiempo, pero no dinero, y ganó publicidad a mansalva, que presumiblemente se traducirá en más ventas de este ejemplar. Eso, sin contar una hipotética sentencia a su favor.
Conclusión: el caso es que ni hay censura, ni hay secuestro, ni hay nada que tenga que ver con amenzas d emuerte del islamismo ultra internacional a quien ose publicar una caricatura de su Dios. El derecho de un particular a rescindir un contrato y/o no colaborar o n hacerle u trabajo a otro particular por razones de principios no es censura. El victimismo sensacionalista se pasa de rosca. Las molestias de los lectores de Retranca relacionadas con la tardanza inusual en poder adquirir la revista, son minucias.
Supongo que de lo de un patriota yendo a Murcia a dar trabajo no le gustará debatir, por razón de solidaridad interna de la Tribu frente al exterior, y no lavar los trapos sucios a la vista de todos. Pero dicho está en foros patriotas, lamentablemente. La bronca la recibió de su bancada.
P.D no me resisto a transcribir la mayor perla que he oído al señor Kiko da Silva. Del video de su intervención para Queremos Galego(http://vimeo.com/7085120):
“El gallego desaparecerá si solamente lo usa la base individual y particular de los gallegos”. LOL
As miñas desculpas ao señor Pereiro polo offtopic e
o trolleo nesta a súa propiedade.
El señor Xose ramón, sin duda me da a mí que pertenece al colectivo ultra Seioque, que lucha contra la mayoría de O Povo alienada por el nefando españolismo, el kapitalismo y por el castellano, infectada por la tolerancia y la aceptación del bilinguismo oficial y social. Quizás usted me crea conocerme de ciertos garbeos que me dí por dicha web, hasta que empecé a ser “censurado” (Kiko da Silva’s political frameworking) debido a los Owned y lecciones de civilidad que recibían de servidor.
Y ahora me voy ameter en un jardín de Méndez Núñez:
Resulta asombroso ver al señor Pereiro, un socialdemócrata autonomista y galeguista moderado, tan tolerante como para consentir tener un troll en eta su casa, a tener pública amistad y trato con semejante colectivo, cuya web está aquí vinculada en la columna de la derecha, y con falangistas ultra galegueiros como Franco Vicetto y la lumpenpiojosada etnoleninista de la Gentalha, que cree que su misión salvífica y engelizadora es conseguir que Galicia sea una Tribu-Komuna unificada en torno al principio ein Volk, ein Reich, eine Sprache, eine Ideologie, eine normative. Y si hace falta exhibir su xenofobia reventando manifas del Enemigo innombrable, o pintarrajear con normAGAL las señales públicas, o insultar y despreciar sistematicamente a todo gallego que no siga la Verdadera Fe del buen indepe/hispanofóbico/revolucionario, pues se hace, por amor a la Patria.
Me disculpará que me dirija a usted en español, pero tengo por costumbre mantenerme en mi lengua propia cuando intuyo que puede provocar ojetes en llamas, y por otra parte usted lo entiende perfectamente, como yo gallego.
LOL
Eu encantado de que aproveiten esta leira para saudarse, pero usen o florete e non o cantazo. Mr. Troll, trolee, pero non teña soños húmidos co que son ou deixan de ser os demais (xa sei que estou pedindo que renuncie en boa medida á esencia troll) empezando por min, que non me recoñezo demasiado nesa gama de ideoloxías tono pastel que me atribúe.
Indo ao grao, un está cargado de razón para criticar aos que atacan a un caricaturista danés (verbalmente, do demais xa nin falamos) se afirmamos que hai dereito a opinar de todo. O de Retranca non é un ataque á libertade de expresión, efectivamente, senón un canto á liberdade da propia empresa, que debería conlevar o martirio da indemnización (quitado que o asunto pase a un xuiz que poña a súa conciencia sobre o dereito mercantil e a liemos máis). Pero a retirada da columna de Fran P. Lorenzo de Galicia Hoxe, si (aínda que a ilustración, desde logo, acaería moito mellor en Retranca que nun xornal xeneralista).
E ademais, todos somos conscentes, neste asunto do que se trataba é dunha operación de mercadotecnia turística-mediática, ata que o protagonista abriu a boca.