• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Decembro 2010

Correos non admite un selo Lois Pereiro

31 Venres Dec 2010

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 36 Comentarios

Quería agasallar ao comezo do Ano Lois Pereiro a amigos e non inimigos usando nos meus envíos postais selos persoalizados coa imaxe de Lois, unha opción que ofrece Correos (cobrando 1 euro por cada selo de 0,34 cent).

O resultado era este.

O selo veume rexeitado porque “El pedido no cumple las condiciones de validación”. As condicións de validación son estas:

“No se admitirán imágenes de personas vivas, excepto el Jefe del Estado, los miembros de la Familia Real u otros Jefes de Estado que guarden directa relación con España.

Correos se reserva, en todo caso, el derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados. En caso de que su imagen sea rechazada, se le devolverá el importe íntegro de la compra”.

Los contenidos y las imágenes de los sellos deberán presentarse en sentido positivo, con la sola excepción de los sellos dedicados a campañas de lucha contra las enfermedades u otros males personales o sociales. (V. gr. Sellos contra determinadas enfermedades, contra las drogas o contra la violencia).

Dado que los sellos constituyen elementos de comunicación y entendimiento, no deben figurar acontecimientos presentes o pretéritos, ni personajes, aun cuando hayan fallecido, cuando su representación pueda herir susceptibilidades o pueda ser causa de división, polémica, controversia, escándalo o conflicto.

Se reserva a la Sociedad Estatal Correos y Telégrafos el más amplio derecho para validar las imágenes, rechazando las contrarias a la ley, a la moral, a las buenas costumbres o al orden público; las que atenten contra los derechos fundamentales y libertades públicas; las que induzcan, cooperen o exalten la comisión de delitos, faltas o infracciones administrativas, o las conductas discriminatorias por razón de sexo, raza, religión, creencias, edad o cualquier otra condición personal o social; las que constituyan publicidad ilícita, engañosa o desleal y, en general, atenten a la libre competencia, a los derechos de propiedad intelectual o industrial, o denigren a personas o productos, y cualesquiera otras imágenes respecto de las cuales no exista la certeza de que no vulneran el ordenamiento jurídico ni perjudican los intereses de Correos, de sus clientes o de terceros.

En la selección de imágenes se protegerán especialmente los derechos de los menores y los derechos al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen.

El solicitante declarará expresamente que posee los derechos necesarios para la utilización de las imágenes, logotipos, marcas, nombres comerciales y cualesquiera otros elementos cuya reproducción solicita, y que responderá directamente de los daños y perjuicios producidos a Correos o a terceros por el uso ilegítimo de estos elementos.

Las imágenes solicitadas deberán cubrir al menos las dos terceras partes del espacio libre susceptible de personalización.

Correos se reserva, en todo caso, el derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados. En caso de que su imagen sea rechazada, se le devolverá el importe íntegro de la compra.”

Resposteilles dicindo que a imaxe non era dunha persoa viva, e que súa inclusión nun selo non podía ferir ningunha susceptibilidade, nin ser causa de división, polémica, controversia, escándalo ou conflicto, nin tampouco contrarias á lei, á moral, ás boas costumes, nin exaltaba delitos, etc, posto que tentaba destacar a designación pola Real Academia Galega do fotografado como escritor merecente do Día das Letras Galegas de 2011 (adxunteille varios recortes de prensa, por se non se fiaban). En resumo, que viña sendo o mesmo caso, coas diferenzas que quixeran, que o selo sobre o centenario de Miguel Hernández (pero á miña conta).

Acabo de recibir unha nova mensaxe:

Lamentamos comunicarte que Correos S.A.E ha considerado que su imagen incumple las condiciones requeridas por el servicio de Tu Sello, no siendo susceptible de ser incorporada en un sello personalizado.
Motivo de rechazo:
No reclamado.

Que non entendo que significa, pero imaxino que se acollen á ultima das condicións: “El derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados”.

Así que, no canto de mandalo por correo postal, poño o selo aquí.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Un año gris topo

30 Xoves Dec 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 3 Comentarios

Homilía quincenal, algo cargada de bombo.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

A columna navideña

27 Luns Dec 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 13 Comentarios

Etiquetas

Navidad. ensino público, solidariedade

Nas series de televisión norteamericanas houbo sempre un episodio que corresponde ao Nadal, aínda que logo aquí se emita cando se emita. Ás veces o asunto é de espírito navideño, e noutras ocasións unicamente de ambiente (Santa Claus e todo iso). Eu, nestas columnas e por estas datas, traballo, como moito, a variedade ambiente, pero nesta ocasión voume mergullar de cabeza na opción espírito (xa saben, hemorraxias de alegría e sentimentos positivos a esgalla). Non teño outra porque o pequeno trouxo na mochila unha nota da dirección do colexio na que, a maiores das típicas ofertas para tentar encher o ocio vacacional, había unha mención a unha campaña posta en marcha pola Asociación de Nais e Pais chamada “Axúdanos a axudarte”. “Calquera familia que atravese unha situación delicada e precise axuda, pode poñerse en contacto coa ANPA ou coa Dirección do Centro, e intentaremos axudarlle, sempre de xeito confidencial”, dicía a nota. Non teño outra que confesar o orgulloso que me sentín en concreto dos pais e nais dos compañeiros do meu pequeno, e en xeral -como me apunto a nai concreta do meu neno- dese colectivo máis amplo que é o ensino público.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Especialistas

22 Mércores Dec 2010

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

internet, prensa, profesionalidade

O outro día pasei a maior e máis útil parte da xornada participando nun debate sobre que está a pasar co xornalismo (o resto da xornada, facendo esta columna). A maiores das habituais radiografías de cómo se achega a apocalipse, e das opinións sobre como evitala que se nos solicitan amablemente aos que non fomos capaces de facer un can que non viñera reflectido nunha nómina, chegouse máis ou menos á conclusión de que a salvación, de habela, está no xornalismo de calidade. Eu tamén participo dela, aínda que mencionei que escollemos un mal momento para apostar pola calidade, porque cada vez nas redaccións hai menos xornalistas, e peor pagados. En canto me subo a unha mesa –séntome nela, quero dicir- transfórmome nun ser aparentemente sensato, así que tamén concordei en que os periodistas profesionais somos os garantes desa credibilidade. O malo é que cheguei á casa, metinme en Internet –aí debeu estar o fallo- e dei cunha chea de contraexemplos.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Negreira e Rivas

18 Sábado Dec 2010

Posted by sihomesi in Kinopravda

≈ Deixar un comentario

Sorpresas que aparecen na caixa de correos.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Viva Caín!

16 Xoves Dec 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 33 Comentarios

Etiquetas

galego, normalización, política

Hai veces que non se pode facer caso da cabeciña que che di que non paga a pena falar. Esta é unha. E adiantándome a posibles comentarios, diría aquilo que recollía Borges da discusión entre dous cabaleiros ingleses do século XVIII na que un deles, fóra de si, botoulle ao outro a cervexa pola cabeza. “Señor: isto foi unha digresión. Agardo o seu argumento”.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Lula e os controladores

14 Martes Dec 2010

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

controladores, Lula, Wikileaks

Os que se preguntan como o aínda presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva pode gozar dunha popularidade enorme logo de dous mandatos, cando aquí os presidentes esgotan os oito anos coa lingua fóra, xa saben por que. Inflúe, claro, ter deixado ao país como a potencia mundial emerxente. Xa se sabía que o Brasil tiña de sempre os vimbios, pero foron os gobernos de Lula os que o deron feito o cesto, e iso que no seu caso a situación herdada era ben mala. Un dos motivos polos que o vello sindicalista se vai igual ou mellor do que veu é a conexión cos temas que preocupan ou deberían preocupar á cidadanía, estean na axenda política ou non. Demostrouna nunha das súas intervencións de despedida do cargo: “o que me parece estraño é que o rapaz que está a desnudar á diplomacia norteamericana… como se chama…, uiquiliques, foi preso, e non haxa protestas pola liberdade de expresión […] o rapaz pon o que alí leu, e se hai bobadas, a culpa é de quen as escribiu, non de quen as divulgou” (a trapallada de transcrición é miña). Ou sexa, dixo o que pensa case todo mundo, coa excepción da inmensa maioría de gobernos e de medios de comunicación.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Assange@Vanzetti

07 Martes Dec 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 9 Comentarios

Etiquetas

Julian Assange, política internacional, Wikileaks

Desde logo, os que se queixaban de que o periodismo de investigación estaba morto, estrangulado pola crise económica dos medios e envelenado polas filtracións interesadas, ben equivocados estaban. Resucitouno Wikileaks, esa organización que recibe material informativo agachado, verifícao e distribúeo e que está a ser unha auténtica transfusión de sangue nova para o corpo exánime do xornalismo. Polo menos para o xornalismo entendido ao xeito clásico: contar cousas que alguén non quere que se saiban. Pero máis importante aínda que a resurrección da investigación é constatar o peso fundamental da palabra escrita.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

A fotógrafa de Assange

03 Venres Dec 2010

Posted by sihomesi in Matrix Press, Xeral

≈ 7 Comentarios

Ata agora non reparara en que a foto “oficial” de Julian Assange era dunha ex compañeira de traballo

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

¡Como está o servizo!

02 Xoves Dec 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

corrupción, empresariado, partidos políticos, Wikileaks

De Wikileaks ao alcalde de Cerceda pasando polo manifesto dos empresarios, na miña homilía quincenal.

Por certo, gracias a Costa da Morte, ao que se lle ocorreu a comparación entre o manifesto TransformaEspaña e o de Primo de Rivera, que incluía esta brillante frase que suprimiron ao editar a columna (coma sempre, paseime na extensión):

“Este movimiento es de hombres: el que no sienta la masculinidad completamente caracterizada, que espere en un rincón, sin perturbar los días buenos que para la patria preparamos”

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • RT @EstefaniaJoaq: Pero ¿esto qué es? La fiscal general se cita con la cúpula de ‘Okdiario’ mientras Villarejo sale de prisión | @ctxt_es h… 1 hour ago
  • RT @EvaOrue: Os pido ayuda. ¿Algún escritor o traductor en este patio tuitero que esté A FAVOR de que la traductora holandesa de Amanda Gor… 8 hours ago
  • RT @DavidJimenezTW: Hay un leve contraste entre el histerismo con el que se lincha a @RTVE cuando admite y corrije un error y la pasividad… 8 hours ago
  • RT @RevistaLuzes: Aquí o primeiro @cafederby21 en colaboración con @punto_gal luzes.gal/03/03/2021/sec… É outro aroma 8 hours ago
  • RT @Xuxipc: Dolly Parton donó un millón para financiar la vacuna y esperó su turno para vacunarse. Es como las infantas, pero al revés. 8 hours ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    loading Cancelar
    A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
    Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
    Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: