Etiquetas
Nas series de televisión norteamericanas houbo sempre un episodio que corresponde ao Nadal, aínda que logo aquí se emita cando se emita. Ás veces o asunto é de espírito navideño, e noutras ocasións unicamente de ambiente (Santa Claus e todo iso). Eu, nestas columnas e por estas datas, traballo, como moito, a variedade ambiente, pero nesta ocasión voume mergullar de cabeza na opción espírito (xa saben, hemorraxias de alegría e sentimentos positivos a esgalla). Non teño outra porque o pequeno trouxo na mochila unha nota da dirección do colexio na que, a maiores das típicas ofertas para tentar encher o ocio vacacional, había unha mención a unha campaña posta en marcha pola Asociación de Nais e Pais chamada “Axúdanos a axudarte”. “Calquera familia que atravese unha situación delicada e precise axuda, pode poñerse en contacto coa ANPA ou coa Dirección do Centro, e intentaremos axudarlle, sempre de xeito confidencial”, dicía a nota. Non teño outra que confesar o orgulloso que me sentín en concreto dos pais e nais dos compañeiros do meu pequeno, e en xeral -como me apunto a nai concreta do meu neno- dese colectivo máis amplo que é o ensino público.
Orgulloso en concreto porque se me deran a escoller entre a caridade ou a solidariedade e a xustiza social –entre tentar procurala, vamos-, escollería sempre o segundo. O malo é que non dan moita opción a escoller. O bo é que a solidariedade, aínda que non sexa unha emenda total ás desigualdades, contribúe a reducir algunhas, e é unha vía de dúas direccións. Beneficia a quen axuda e a quen é axudado. E se xa me parece encomiable a xente que pon o seu tempo e o seu esforzo en asumir tarefas comunitarias, parécemo moito máis cando esa colaboración non é especificamente para obxectivos escolares. Orgulloso en xeral polo que demostra que iso que se chama “comunidade educativa” é algo máis que un deses nomes rimbombantes que ten todo o relacionado co ensino. O colexio de “Axúdanos a axudarte” está rodeado de chalés e adosados, pero nas aulas hai nenos –familias, vamos- de case todos os tramos fiscais. Cando din que os cativos renden máis canto máis homoxéneo – en posición social ou en xénero- sexa o grupo educativo no que están integrados, non digo que non. Tampouco está demostrado que a igualdade nos faga máis eficientes, e se está aceptado na teoría que todos os seres humanos teñen os mesmos dereitos é por unha cuestión de xustiza.
Aínda no caso que renderan máis educativamente (as notas de selectividade din o contrario, pero non vou discutir iso, lembren o do espírito navideño), teño moita dúbidas de que reciban mellor formación en todas os ordes da vida que aqueles que comparten aula e xogos con nenos de todo tipo, cos que teñen nais/pais que axudan e con que necesitan ser axudados. Mesturados os que volven das vacacións contando todos os sitios aos que os levaron seus pais e os que –como me dixo unha vez aquela excelente persoa que foi a deputada do PP Elisa Madarro– suspenden a propósito para que na casa non teñan que comprar libros novos. E se me apuran, orgulloso porque agora en que a xente está deixando de relacionarse nos espazos públicos tradicionais (as igrexas, as prazas e mesmo nos bares), parece que busca outros espazos onde interactuar. Que facebook está moi ben, pero tamén que os colexios sexan algo máis ca eses sitios onde non hai maneira de aparcar cando imos depositar ou recoller aos pequenos.
(La Opinión de A Coruña/ Faro de Vigo, 27/12/10)
En non poucas ocasións boto en falta escoitar a Elisa Madarro nas tertulias radiofónicas
Tendo en conta os que a substitúen, en non poucas.
Nunca entedín que facía Elisa con esa tropa. De todos modos no deixo de rascar o colodrillo pensando na diferenza entre caridade e solidariedade, sobre todo para os que a padecen. A non ser que pensemos no concepto de caridade como aquel decimonónico de señora con abrigo de astracán. Caritas fai caridade, supostamente, e, de non ser por ela, moita máis xente da que xa o fai andaría a rebuscar nos cubos de lixo mentres agardaba pola solidariedade das AMPAs que no mundo existen.
E que Caritas xa está para iso, e as ANPAs non?
Deve ser o lado escuro de espírito o que fixo ao senhor Pereiro rozar na pantasma filharmonicamente bilingüe do ex-alcaide Vasques no seu aguinaldo de El País. (Agradézolhe tanto a sua aportacion ao esclarecemento da “dinámica de actuación” imoviliária e urbanística corunhesa, como esta da Opinión).
Frikileaks dentro da Galiza, por caridade!
Saúde e, como dizia a minha avoa materna, “se estas son guerras, que nunca paces haxa.”
O de Galileaks xa o reclamei eu hai tempo en El País, e nin caso. Pero sempre se poden mandar cousas a xornalistas concretos…
Non sabía se decir algo nestas datas, xa que eu che son máis de saturnal que de nadal. Pero (como docente e pai) creo que a comuniddae educativa debía solidarizarse máis, sobre todo para axudar ó alumnado “en perigo de exclusión social” (carallo, como soa!!), tratando de meterlle man ó persoal docente (e non en “plan Penhouse ou Kick Boxing” precisamente!).
Sinto que coincida cun día tan”perverso”, pero o escrito anteriormente vai en plano serio, serio, serio (mesmo cabreado!!!)…
A min, e sei que estou errado, o das “gorxas profundas” paréceme que pode estar mais perto do chivatazo noxento que do heroismo cívico. E penso que hai documentación en institucións públicas de acceso mais ou menos livre, que abondarian para abrir investigacións xudiciais a algúns cargos e ex-cargos altos, baixos e até rastreiros. E o tempo vai pasando.
Tamén existen as cláusulas de confidencialidade en contratos laborais, cuxa legalidade e alcance legal gostaríame conhecer en profundidade.
Saúde e, como cantaria Antonio Vega, “paréceme que cheira como a purín…”
A min as intencións tanto que me ten que sexan puras ou impuras. Polos casos que coñezo, van desde a vinganza ata o lexítimo interese político, e nalgunha ocasión, ao desexo de que se faga xustiza. Esa documentación está tan teoricamente accesible aos periodistas como aos cidadáns, que poden presentar denuncias ante as instancias xudiciais, cousa que non deben facer os xornalistas.
Só falava por ser tan pantasma como a que percorre o Paseo Marítimo.
…namentres, a ultradereita neoconliberal espanhola funga contra da sentença do Tribunal Supremo a respeito da proibiçom do homeschooling ou escolarizaçom na casa, essa negaçom da socializaçom:
Associaçom Galega de Maes e Pais Agarimar
ATAQUE SEM PRECEDENTES AO ENSINO DOMÉSTICO NO REINO DA ESPANHA
http://agal-gz.org/blogues/index.php/agarimar/
LOL
P.D.: De certo que o apoio mutuo dende abaixo é o alicerce da justiça social para os autênticos libertarios. Seica nom é o mesmo Kropotkin ca o IGEA…
Que lhes apalpen bem apalpado nestas festas a tudos voçês!!
A infámia da confabulacion xudeo-masónico-separatosionista-islamo-reintegrista-corunhófoba-antivazquista amplíase aos revisionistas troleiro-disidentes de La Gaceta e ao Tribunal de Contos do zapato-chavismo moralista.
Menos mal que os apalpadores xa non levan saion negro, que son os curas obreiros.
Saúde pra todo.