Unha vez que medio me perdín no aeroporto de Barajas, descubrín dous stands de información turística pegados: un do Ayuntamiento de Madrid e outro da Comunidad de Madrid. Imaxino que o segundo debía de estar especializado en pregoar os encantos de Xetafe, Pinto e Valdemoro. Acordeime agora, no medio da guerra relámpago desatada contra autonomías coa escusa da austeridade e a racionalización administrativa, e na operación comando contra a presunta corrupción en concellos da Costa da Morte.
O bliztkrieg ideolóxico contra as autonomías, coa FAES como 2º Grupo Panzer e José María Aznar no papel do xeneral Guderian (con tropas auxiliares compostas por outros que botan de menos estar no candelabro, como Alfonso Guerra) sostén que as comunidades autónomas son 17 miniestados paralelos ao Estado de verdade, e polo tanto, en boa medida responsables do despilfarro público que nos invade e mesmo culpables de que os mercados internacionais non se fíen de nós. Por suposto, como tantos informes da Fundación que altruistamente lle pagamos todos os cidadáns a Aznar (uns tres millóns de euros ao ano) para que xogue, é unha mentira baseada nun prexuízo socialmente estendido. O de que as Administracións non son máis ca unha chea de funcionarios que teñen un salario de por vida e non fan nada. Obxectivamente, as administracións españolas non son das máis eficientes, pero habería que ver canta parte de culpa teñen os que traballan nelas e canta os modelos de funcionamento implantados. E os empregados públicos suman en España o 8% dos traballadores, e en países tan eficientes como Alemaña, o 20%.
Pero sen Fundación ningunha que me ampare e sen financiamento público que me sosteña, eu tamén estou de acordo en que habería que racionalizar a Administración. En xeral, facéndoa máis eficaz. En concreto, e empezando por arriba, suprimindo Ministerios inútiles, como Sanidade ou Educación, porque as súas competencias xa as desempeñan as Administracións autonómicas. A continuación, reflexionando sobre o mapa autonómico, porque como agora acordan algúns, hai 17 comunidades, algunhas creadas á remanguillé, como diciamos de pequenos, para disimular a realidade histórica e política de que había tres que xa tiñan identidade e estatuto propio desde a última vez que houbo democracia en España. Se queren recentralizar, empecen por esas que poden ser perfectamente administradas por unha Deputación, como Madrid, que ademais foi de todas a que máis se beneficiou economicamente e en infraestruturas (empezando porque desde os hospitais aos aeroportos pagados cos cartos de todos os españois agora non son de todos). Claro que, ben pensado, para organismo inútil, as deputacións en xeral (quitado en Madrid, claro).
Un dos argumentos a favor da igualdade de competencias en todas as comunidades autónomas no seu momento, e contra a reclamación dalgunhas neste é que todos os cidadáns deben ter os mesmos servizos, vivan onde vivan. Pero as grandes diferenzas non se dan entre os servizos do que dispón alguén que viva en Valladolid e en Barcelona, senón entre u veciño de Nogueira de Ramuín e un de Alcorcón. Ninguén fala de racionalizar os concellos e as provincias, que foron a creación máis artificial que houbo. Hainos que se permiten dilapidar 500 millóns de euros en acondicionar un Palacio como sede (o de Madrid) e sobran os que caro lles custa pagar a luz. E case todos teñen como maior fonte de ingresos as licencias de construción (como se facer máis casas non supuxera ter que dar máis servizos e construír máis equipamentos, quitado que logo os pague a Xunta, como en San Cosme de Barreiros). Ou sexa que primeiro bastantes retorcen a lei para que alguén poida edificar canto, como e onde lles convén, e logo algúns racionalizan: e por que non me vou beneficiar eu tamén?
(La Opinión de A Coruña, 5 de febreiro de 2011)
O sentido común de moita moita xente (non poño pobo para que non me miren mal!) confunde democracia con ter un enesubdelegado caciquil na porta da túa casa. Asumido por madrileños e galegos, en parte graciñas a políticos da transición. E así nos vai ós calvos!
Pingback: Tweets that mention Administracións superfluas | si home si -- Topsy.com
Noraboa polos seus artigos que sigo con moito interés.
Unha curiosidade ¿ por qué na web de laopinion aparecen os seus artigos firmado como “José” Manuel Pereiro ?
Pereiro, agorá os teus artigos xa non se publican no Faro? Se é así, a que se debe iso?
Un saúdo.
Pereiro, agorá os teus artigos xa non se publican no Faro? Se é así, a que se debe iso?
Un saúdo.
quen desempeña as competencias de sanidade e ensino non son as autonomías, son as empresas privadas. Por iso penso que o mellor sería facer un concurso público para poñer a xestión das administracións autonómicas en réxime de concesión, en mans de adiministradores de comunidades. A idea non é miña é de Baltar Blanco
Baltar Blanco? Quén demo é Baltar Blanco? Ah! Xa lembro: o mesmo que proclamou hai unhas semanas en Allariz que Galicia non existe, porque, afirmou o avisado e erudito político, está o teu veciño, e o veciño do teu vecino e así todo, e non hai máis. Ó cabo todo concorda: Galicia como propiedade horizontal, comunidade mesquiña de minipropietarios de presidencia rotatoria (é dicir, turnista) e administrador único, universal e vitalicio (cando non herdable).
Vaiámonos preparando para un segundo aldraxe, como anticipa Antón Baamonde, con posible secuela de achicoria a esgalla ou en pilulas, no canto de café para todos.
digodiego: Pois non me dera conta. Polo de sempre, supoño, por descuido. Adoitan “equivocarse” menos fóra de Galicia que aquí. Xabier Puente Docampo escribiu sobre iso un divertido artigo chamado “Eu non me chamo Javier”. Eu contei a miña odisea resultante de nome e apelidos nalgunhas columnas (a última, esta: https://sihomesi.com/?s=Fillocracia)
Xavier: Van, en xeral, cando hai sitio (normalmente, de martes a xoves).
“hai 17 comunidades, algunhas creadas á remanguillé, como diciamos de pequenos, para disimular a realidade histórica e política de que había tres que xa tiñan identidade e estatuto propio desde a última vez que houbo democracia en España”
Argumento de tufo reaccionario. Veamos
a) ¿Cuántos ciudadanos había durante la época en que se aprobaron los estatutos-finales de los 70, comienzos de los 80- que habían votado en el 36? El argumento no es baladí, porque es el mismo que emplean los hispanofóbicos para deslegitimar la Constitución (“ya pasó mucho tiempo y son más los ciudadanos que no no pudieron votar sobre ella que los que sí pudieron”)
b) Parece que a los que exhiben sangres azules tales como tener una lengua original o un estatuto aprobado en 1936 antes del golpe de Estado les molesta que haya otras CCAA que puedan aspirar al mismo status o nivel de competencias. ¿Por qué? ¿Qué hay de malo en ello?
c) semejante criterio legitima el golpe del 18 de julio, porque extrae consecuencias, para 40 años después!, de la interrupción violenta de la II República, con efectos limitadores sobre lo que la ciudadanía de ciertas partes de España podría demandar, una vez recuperada la democracia.
Por otra parte, el señor Pereiro debería explicar cómo es eso de que haya grupos humanos que no tengan “identidad propia”. Tener una identidad original en el sentido de que tenga rasgos que no se encuentran en otra parte NO equivale a “no tener identidad”, porque en ese caso Uruguay, EEUU, Angola, todos estados-nación exitosos, no tendrían identidad propia, por el hecho de que solo tienen una lengua oficial y ésta no es original, sino la de la metrópoli colonial. Por tanto, nos encontramos aquí con la idea reaccionaria y falaz de que tener “lengua propia” funciona como sangre azul justificadora y sobrelegitimadora de independentismos o asimetrías feudales o “estatutos de primera división”. La “Identidad que no hay en otra parte” puede servir para entender o explicar que en algunos sitios sea más fácil que surja un nacionalismo con apoyos sociales, pero no como criterio normativo de justificación.
Aplicando esta idea al ámbito micro, se concluiría que los gallegos castellanohablantes (o los albaceteños) no tienen identidad propia, algo absurdo. O que Andalucía o Castilla la Mancha no deberían tener tv autonómica
c) la explicación conspiranoica a la generalización de los estatutos (la malvada España quiere desdibujar los rasgos diferenciales-marcadores de superioridad, de nosotros, las razas superiores, dando café para todos) pasa por alto una explicación más sencilla: que en democracia, las diferentes elites políticas, partidistras y administrativas de las diferentes regiones, y sus ciudadanos, tienden a emular lo que hacen otros y a adoptar como demandas propias las demandas de otros grupos avanzados, deseando tener también un centro de poder. Envidia, Igualitarismo, llámese como sea, pero resulta difícil creerse que otras CCAA iban a conformarse con niveles inferiores solo por tener únicamente el español como lengua.
Por otra parte, el señor Pereirpo encubre el componente arbitrario, relativista, puramente ideológico, subyacente a las propuestas “racionalizadoras” de FAES por un lado, o de las propuestas del nacionalismo gallego por otro: cada uno tiene como pretexto de fondo unificar y recentralizar su nación. De ahí la fobia que el nacionalismo gallego (recuérdese: solo el 18% de O Povo, y con un fuerte componente “Nueva Clase” (M. Djilas) funcionarial-burgués en sus filas), le tiene a las provincias y a todo fenómeno que haga de Galicia 51 y no 1, (galicia se rompe!) Sociedad unificada, uniforme y liberada de todo contacto con España.
Que no cuela, hombre. Que tan legítimo es darle más, o menos competencias a Madrid que a Compostela, que lo contrario. O a Vigo. Contra el PP, y contra el BNG, lo que sea racional o no, dependerá del previo punto de partida: ¿con quiénes queremos compartir y coordinarnos y de qué manera? Por ejemplo, puede ser más progresista que las competencias -urbanísticas, p.e.j,- las tenga un centro de poder lejano a un centro cercano, sea Compostela con respecto a Verón o Madrid con respecto a Compostela.
Por otra parte, que el señor Pereiro diga que no tiene sentido un Ministerio de Sanidad ya es de traca: no se le ve mucha racionalidad a semejante propuesta, salvo la de ser una réplica hooligan. Hombre si lo que vd. quiere es que un ciudadano español sea tratado como extranjero fuera de su CA en caso de necesidad médica, pues sí. Al fin y al cabo, tiene sentido racional desde cierto punto de vista:a la hispanofobia le jode la movilidad territorial por toda España de la cidadanía, nos quieren a todo encerraditos en nuestras respectivas naciones. Pero… vd., señor Pereiro? Se pone al nivel de FAES?
Todo lo demás, mistificaciones ideológicas.
Y si les jode a algunos que los gallego sean españolistas, hay mucho Hemoal en las farmacias. A ver si la aldraxe a Nazón va a ser que los gallegos no obedezcamos las ordenes de la vangarda leninista para romper lazos con el resto de España. Menuda manera de entdner la autodeterminación: “sí, pero ciertos resultados o usos son pecados”.
Según esta teoría antidemocrática y neogolpista, los cambios o transformaciones estatutarias o del modelo de estado español solo pueden ir en una dirección única e irreversible: en el camino gradual hacia la plena soberanía de las etnonaciones.
Son los mismos que cagan diarrea ante la sola perspectiva de que O Povo con el que se llena la boca participe en la política educativa-lingüística en vez de obedecer las órdenes de esas tecnocracias que no se presentan a las elecciones y cuya ideología de “emancipación nacional” no es más que la mistificación de sus intereses gremiales de casta estatal con vocación de ser los únicos amos soberanos de esta leira y que aprovechan sus posiciones de poder en los circuitos culturales y tecnocraticos para desatar su blitzkrieg ideológico contra contra tanto “desleigado renegado”.
FAES, IGEA y Tempos Novos, a misma merda é
En fin: anda que no le viene bien a las castas del PSdG (como el sr. Baamonde) esa presunta polarización en ciernes entre “ahora más España” (PP) y “ahora menos España” (BNG), para jugar a la triangulación del moderado que supera a los extremos.
Estimado Trolleiro: Lamento non ter tanto tempo e tanto entusiasmo como Vd. (eu cun comentario así, fago unha columna, e agradézolle que gaste o seu tempo e o seu entusiasmo en facer comentarios aquí). Soamente dous apuntes teóricos: Galicia, como a Escocia previa á súa situación administrativa actual, ten bastante máis identidade colectiva que La Rioja ou Madrid. Iso é así, independentemente de que a riojanos ou madrileños ninguén lles quite o dereito a descubrir as vantaxes de autogobernarse, sempre que non discutan as dos demáis. En canto ao dos Ministerios, para as competencias que ten Educación e sanidade, cunha secretaria de estado van que se matan.
E unha de estilo: racione os insultos o me lo follo, Vd sabrá si con hemoal o a pelo.
“Galicia, como a Escocia previa á súa situación administrativa actual, ten bastante máis identidade colectiva que La Rioja ou Madrid”
Home, sim, caro sinhor Pereiro… se por grau ou nível de “identidade colectiva” entendemos “% de persoas que tenhen consciência e ideología nacionalista”. Porque nos Parlamentos de La Rioja ou Madrid nom hai rem semelhante ao BNG. Pero temo-me que voçê confunde “consciência nacionalista” con “identidade colectiva”. A identidade colectiva, de existir, num senso empírico e nom teológico, nom sería mais ca o sumatorio agregado das identidades individuais de toda a povoaçom. Assim, todos tenhem identidade colectiva, igul ca todos temos identidade individual. Identidade colectiva também é o korunhesismo ou os localismos vários que rachan Galicia…
Pode foder em min cando queira, faltaría mais, que isto é o seu galpom e nom vai ser o conto que um invitado venha faltar-lhe! Mas nom há opçom de editar-mos as mensagens… umha mágoa.
(melhor manteiga, já que finou a M. Schneider)
Umha aperta
Trolleiro, sóbrache un “l”.