Case se me pasa de todo outra vez outro ano. Hai seis anos (o día 1 de xuño de 2005), pubricaba este post:
Ooola!
Estamos en campaña electoral (non sei se vostedes, os partidos si e eu tamén, aínda que non a pedir o voto), e hai que reflexionar, que decía o outro. Eu reflexionei e cheguei a conclusión de que para estes tempos acelerados, de ires e vires, de intercambio cruzado de ideas (é un decir), nada como a inmediatez do blog ou diario persoal. Ala vou.
Era o comezo deste blog, que acometín esporeado por María Yáñez e coa confesada intención de que así me custaría menos traballo facer as columnas para a prensa escrita. Desde entón, van 818 posts (con este) e case 5.400 comentarios. O primeiro (case unha semana despois), de Dorfun, era este:
…benvido ó blogmillo …agora non poderás/deberás parar de falar
que resultou ser unha especie de maldición xitana, porque se non o atendo como debera, tampouco son quen de esganalo (ao blog, non a Dorfun).
Ou sexa que grazas a todos (e en especial a Berto, que me deu soporte, en todos os aspectos).
Seguirei arrastrándome por aquí…
Parabéns!
Outros deberíamos sachar algo mais na nosa leira, que a temos a monte… XD
Pois outros seis máis, sequera. Beizóns!
Os gobernos pasan pero sihomesi.com permanece…
Mourullo! Hai máis alegría na casa do Pai por un…etc! (consultar a Biblia)
Non celebre o que xa pasou, e comprométase por outras ses tempadas con este, o seu clube 🙂
Feliz Aniversario. Congratulations. Saudaçoes.
(Estamos em vías de practicar correztamente o plurilinguhismo). 🙂
Ademais da tristeza, haiche outros sans vicios como este blog.
Mil primaveras máis para o galego. E outros tantos posts para este blog.
Eu non sei se o Sr Pereiro e este blog tamén son invencions de Pepe Domingo Castaño, pero vicio si producen… Parabéns de un viciado catalán!
Un dos meus enlaces habituais, parabéns e grazas
Na ausencia do vicio, conserva o teu blog. Saúde iletrista, Xosé Manuel.