Etiquetas

, ,

  1. O tamaño non importa de todo, pero algo si. Un produto feito por 20 persoas é dificil que compita con outros feitos por 100, 200 ou 300. Un xornal depende non soamente da calidade individual dos profesionais que o fan, senón de que haxa un cadro de persoal bastante que a garanta en conxunto.
  2. Calquera sector industrial depende das axudas públicas, como recordou Caetano Díaz. En Galicia, a automoción obtén 5.700 €/ano por cada emprego, mentres a industria cultural recibe 625 € (vía @cequelinhos).
  3. Descoñezo as cifras de venda de Galicia Hoxe, pero chámame a atención que a Xunta se permita regalar suscricións (a colexios e a outras entidades) de xornais editados fóra de Galicia, por razóns de proximidade de liña editorial, e non de cabeceiras editadas aquí.
  4. Descoñezo as cifras económicas do Grupo Correo Gallego, pero éme difícil de creer que perdese moito máis Galicia Hoxe que a radio ou a televisión. É dicir: non sei se as razóns de que pechase o xornal foron puramente económicas ou tivo algo que ver a desafección cara o poder do xornal.
  5. Chámame a atención a desafección dunha parte importante do público consumidor/demandante de produtos en galego cara boa parte deses produtos. A maiores do apuntado en 1., non teño outra que supoñer que tamén é por razóns de tipo ideolóxico, e/ou de reticencias cara a súa propiedade.
Advertisements