Etiquetas
- O tamaño non importa de todo, pero algo si. Un produto feito por 20 persoas é dificil que compita con outros feitos por 100, 200 ou 300. Un xornal depende non soamente da calidade individual dos profesionais que o fan, senón de que haxa un cadro de persoal bastante que a garanta en conxunto.
- Calquera sector industrial depende das axudas públicas, como recordou Caetano Díaz. En Galicia, a automoción obtén 5.700 €/ano por cada emprego, mentres a industria cultural recibe 625 € (vía @cequelinhos).
- Descoñezo as cifras de venda de Galicia Hoxe, pero chámame a atención que a Xunta se permita regalar suscricións (a colexios e a outras entidades) de xornais editados fóra de Galicia, por razóns de proximidade de liña editorial, e non de cabeceiras editadas aquí.
- Descoñezo as cifras económicas do Grupo Correo Gallego, pero éme difícil de creer que perdese moito máis Galicia Hoxe que a radio ou a televisión. É dicir: non sei se as razóns de que pechase o xornal foron puramente económicas ou tivo algo que ver a desafección cara o poder do xornal.
- Chámame a atención a desafección dunha parte importante do público consumidor/demandante de produtos en galego cara boa parte deses produtos. A maiores do apuntado en 1., non teño outra que supoñer que tamén é por razóns de tipo ideolóxico, e/ou de reticencias cara a súa propiedade.
Concordo contigo en todos os puntos mais non estou dacordo en que se subvencione as empresas, réstalles competitividade e favorece o gran cancro do xornalismo galego, a dependencia do poder político. Os grupos de comunicación galegofobos son estómagos agradecidos.
http://carlosduranblog.wordpress.com/2011/06/28/o-peche-de-galicia-hoxe/#more-140
As cifras que sinalas no ponto 2 non me sorprenden. Hai aprox. dous meses estivo o conselleiro de industra en Lugo para “certificar” unha axuda astronómica á fábrica madeireira de Nadela (creo que se chama TAPISA. O fume véxoo todos os días cando paso, o beneficio económico e social para a zona, descoñézoo.
Efectivamente, sobre todo no pasado, cando as axudas o que fixeron foi consolidar a nugalla e a ineficiencia empresarial. Pero agora é dificil esixir que non haxa axudas, coas que teñen sectores como a automoción, e xa non falamos da banca…
Ah! E esquecinme de dizer que concordo e todo. ademais, moi ben resumido.
Non entendo esa tendencia cada vez máis frecuente, un tanto maniquea, e penso que errada, de contrapoñer a industria da automoción coa industria cultural do noso país. Se o debate se plantexa en termos económicos absolutos e comparativos igual estaría ben tamén indicar tamén cal é o retorno económico para Galicia de cada unha das axudas por traballador dos dous sectores, ou tamén explicar canto produce en termos de PIB, de renta per cápita, etc., cada un deses sectores á Galicia. A cultura produce tamén outro tipo de capital, chámese simbólico ou intanxible, e por iso é necesario axudala e promovela, máis aínda sabendo que o noso ‘desgoberno’ galego vai colocar cantas pedras no camiño sexa necesarias á cultura do país, e á cultura en galego. É lamentable e hai que denuncialo, pero quizais é un erro construír un enemigo ficticio que non existe. Ao final, os empregos da automoción, que non é so Citroën, serán os que tamén terán que consumir a cultura en galego, e para eles tamén terá que estar dirixida, ou non?
O que se fai -ou polo menos fago eu- é discutir a opinión de que non debe haber axudas aos medios coa argumentación de que tamén as hai, e importantes, e axudas ao consumidor, no caso da automoción. E xa non falamos da banca.
Concordo coa argumentación, os medios tamén son industria, ademais de moitas máis cousas, e por dereito, precisan igualmente axudas. Interpretei, quizais erradamente, que na comparación das cifras das axudas había unha crítica implícita doutra circunstancia.
cómo que no hai axudas á industria cultural ? E a cidade da Cultura que é ? Todo ese espectáculo …
Neste enlace http://www.periodistadigital.com/periodismo/prensa/2011/06/27/cierra-el-unico-diario-en-gallego-galicia-hoxe-tras-la-caia-de-las-subvenciones-de-600-000-a-135-000-euros.shtml
veñen unhas declaracións do presidente do comité de empresa da editorial.
As vendas din que non chegaban a 300 exemplares.
Si, esa cifra circulou por aí, e debe ser certa. De todas formas, pregúntelle a calquera profesor ou mellor membro da directiva dun colexio cantos e cales xornais lles chegan como agasallo da Consellería, sen telos pedido nin estar subscrito, e intuirá a realidade das vendas dos xornais en xeral.
Pingback: Galicia Hoxe: o fracaso dun éxito | Altermundo
Lin o artigo de Manoel Santos en altermundo.org e non teño moi claro o sentido da alusión a Xosé Manuel Pereiro.
Xa non sei de que é un bo exemplo o coitado de Sihomesi.
Espero que non lle estea a chamar malicioso ou dereitoso. Entendo que tampouco infiltrado, como cualifica a Núñez Feijóo xusto na frase anterior á citada no comentario.
Prefiro supoñer que o quere dicir é que sihomesí está enganado ou erra ao traspoñer e comparar as axudas á automoción coas que recibe a industria cultural.
Penso que si pretendía unha loubanza a Xose Manuel Pereiro saíulle, alomenos, un tanto embarullada.
Manoel Santos escribió, como réplica un comentario que le hicieron en su sección en GH, que la Fe del Decrecimiento, que él defiende como los demás gurús de Altermundo, exigía suprmir toda ayuda a las industrias que sobran. Que para él es la automoción, y Citröen, peusto que los coches son pecado. O sea que según ese señor, hay que subvencionar sólo lo que él ordene o aquello que le guste o que le beneficie.
Con estes bois hai que arar.
Por certo… quen debe decidir como e que se subvenciona debería ser toda a cidadanía de xeito democrático e participativo, non si?
Non, Trolleiro (e quen pense como él). A subvención como ferramenta para a promoción da lingua ten amparo directo nas normas fundamentais vixentes. As subvencións ó resto das empresas ten unha xustificación de máis difícil encaixe na economía de mercado, e en calquera caso ten un carácter marcadamente conxuntural, por dicilo dun xeito aséptico. O problema é que se cadra habemos ter que dar novamente a batalla das obviedades e contra a cerimonia da confusión, logo de trinta anos de autonomía.
A cultura da subvención é un dos grandes males deste pais. O peche de GH é o reflexo da incompetencia e mala xestión dun grupo empresarial que en case vinte e pico anos de edición dun medio en galego (antes o correo galego) non foi capaz de facelo rendible nin a base de subvencións.
A empresa fai uso dalgúns traballadores cegados pola dor de ver marchar a compañeiros para atacar a Feijóo, que fai ben en pechar -aínda que sexa inxustamente-, este tipo de costumes galaicas. A uns sí e a outros non, dacordo, pero ese non é o tema principal do asunto. E todos sabemos os favores que lle debe o delfín de Fraga a ese medio coruñés que reparte estampiñas da Torre de Hércules.
Se se queren medios en galego, que haxa empresarios serios e capaces de achegar este producto á xente dun modo eficiente e beneficioso para todos. Basta xa de tanto complexo, de botar balóns fóra. Os galegos levamos toda a vida igual, dando pena carallo. Ó señor Caetano impórtalle un carallo o seu xornal, de feito deixouno morrer mordendo a man de quen lle daba de comer. El segue a ter traballo. Que lle importa a el que vinte persoas quedaron na rúa.