Este é un momento clave para o BNG e o que non o queira ver así está negando o obvio. Sería bo que renovase discursos, organización interna e rostros electorais. De non facelo, continuará en caída libre, xusto no momento no que o PP vai para arriba (do cal se beneficiará, tamén, Rajoy) e o PSOE mingúa en intención de voto.
Concordo en que este é un momento clave para o Bloque. No entanto e perdoen se vexo mal onde non o hai, non me dan convencido, por entendelas “gatopardianas”, as peticións de renovación do “discurso”.
Sinceramente, non creo que a baixada repetida do número de electores que votan polo Bloque seña debida a que este non transmite ou explica ben o seu programa de goberno senón, polo contrario, ao feito de que os votantes que o puxeron en 1997 como segunda forza do país comprobaron, na maior parte das ocasións en que o Bloque chegaba ao poder institucional, que, onde esperaban un “proXecto” dificilísimo mais ilusionante de construción nacional e transformación social, unicamente se lles ofreceu un “proIeto” de xestión. E para iso, obviamente, xa están o PSOE e o PP. Véxase, como exemplo, a milagreira resurección de IU na Coruña.
E se é necesario acalaralo -e se non, por favor, disimulen a impertinencia-, nese “proieto” de xestión estaban e aínda están tanto os de Laíño como os de Lestrove.
A resurrección de IU na Coruña foi subir de 3.800 votos a 7.000. Con 3.200 votos máis e un concelleiro na oposición non penso que se vaian ver grandes resultados transformadores. PSOE e BNG perderon 10.000 cada un, que non sei a onde foron, pero se os electores quixeran transformacións sociais radicais, supoño que non votarían ao PP como votaron. Tal e como está a cousa, que alguén xestione algo ben xa me parece a meirande revolución que podo esperar. No da ilusión (ou a falta dela) si lle dou a razón.
Sr. Sihomesi, eses dez mil ou vinte mil -segundo se mire- que desapareceron como o Códice ficaron na casa. Xa sabe: fican na casa cando toca ir votar, besbellando escusas inéditas sobre despilfarros e cousas disas, e non se dan por enterados doutros asuntos graves como o de GH ou anteriormente ANT, por exemplo, porque consideran que no fondo non lles afecta. Ese votante de perfil baixo, tirando a medio desclasado, no que por desgracia encaixan cada vez máis os netos dos que viñeron das terras do interior hai corenta ou cincuenta anos…
(Perdón pola disquisión seudosociolóxica, é que aínda estou impactado polo estupendo artigo de Fermín Bouza de hoxe).

Un saúdo.