Etiquetas
Esta é a miña iphoto da V Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo na Illa de San Simón. Confeso que está “manipulada”: estaban a muller de vermello e a de amarelo xuntas, e eu díxenlle á de morado que se puxera cando elas, e alí quedaron todo o tempo (o que non lle dixen á señora de morado foi que erguera o puño no momento himno).
Trátase de Concha Nogueira, filla dos militantes comunistas Angel Nogueira e Carmen Miguel, represaliados no Bou Eva. É unha presenza constante nos actos de recuperación da memoria. Sempre ergue o puño con enerxía e emoción.
Atinaches de cheo. E xa no te chufo máis, que isto parece o que non é…
Grazas, Carme. Xabier, o bo (os eloxios) non sobra, ou algo así di un dito.
tremenda imaxe!