Estase convertendo en tradición que as responsables de cultura do Concello da Coruña se estreen no cargo cunha metedura de zoca (lean “pata”, se lles parece demasiado rural, ou “declaración polémica”, se o consideran demasiado coloquial). A anterior, María Xosé Bravo, dixera que a Orquesta Sinfónica era un gasto excesivo, e a actual, Ana Fernández, que as anteriores programacións culturais eran “demasiado gallegas”. A primeira era unha verdade politicamente moi incorrecta. A orquestra coruñesa é demasiado boa e ambiciosa para que a poida manter un concello, como en xeral todos os proxectos de música culta en España, sen que iso signifique que haxa que suprimilos en aras da rendibilidade económica. A segunda é unha mentira redonda, por moi socialmente aceptada que sexa. O que tradicionalmente foron as programacións festivas coruñesas é demasiado cañís. E a xestión cultural de Bravo, á quen evidentemente vai dirixida a crítica, foi unha illa de osíxeno no océano de caspa que nos inundou décadas.
Como non é a primeira vez que o digo, non teño máis preocupación en repetilo que a de estafar aos lectores volvéndolles vender o mesmo xénero: os espectáculos públicos na Coruña sempre estiveron pensados –ou saíronlles así, non hai que presupoñer mala intención- para contentar a veraneantes dos anos 60. No que se refire á musica pop (de popular), desde que mudou o século chéganme os dedos dunha man para contar os concertos salientables que organizara o concello. Sen embargo, os de Santiago ou en Vigo, supoño que con parecidos orzamentos, teñen traído a unha chea de bos representantes desa outra música que non levaba teu pai nas radiocasetes do coche. Á Coruña non foron. Nin irán, supoño, porque eses músicos contraveñen o criterio da nova responsable de cultura: non a entende todo o mundo porque cantan en inglés. A ver se dentro de 20 ou 30 anos, coa educación plurilingüe…
Como galerista de prestixio, Ana Fernández supoño que está de acordo en que a boa programación consiste máis en incrementar a oferta que en satisfacer a demanda, ou senón montaría exposicións de cerámicas de Lladró. E a programación cultural pública debería consistir en traer de fóra as mellores manifestacións artísticas posibles e en canalizar aquelas que paguen a pena que se fan aquí. Durante moitos anos, a política que se seguiu na Coruña foi esmagar calquera manifestación cultural autóctona. O pregón deste ano deuno Sergio Dalma, recén chegado das festas de Duarría (Castro de Rei). Manuel Rivas, que literariamente é á Coruña de hoxe o que foi a Pardo Bazán á de hai cen anos, non o deu nunca. Demasiado gallego, quizais. O mérito de María Xosé Bravo, que lle recoñecen mesmo os que non tiñan demasiadas esperanzas no seu labor, foi o de acoller ás propostas que xurdían da base, dos creadores, e non aforrar traballo nin esforzo en darlles saída. Nada novo, por outra parte: a única manifestación cultural do verao coruñés que se coñece máis alá de Betanzos, Viñetas desde o Atlántico, naceu así (e iso que o seu creador, Miguelanxo Prado, tamén é bastante gallego).
Parecería chocante que un representante político se atreva a dicir que algo é demasiado gallego, cando, por moi torpe que sexa, nunca diría que algo é demasiado coruñés. Pero xa sabemos a que se refería Fernández. No seu ambiente, social ou político, gallegos son as vellas criadas, os vergonzantes parentes da aldea, os obreiros que veñen facer chapuzas a casa e os do Bloque. Non precisa gallegómetro ningún para medir o nivel dunha manifestación cultural.
(para sábado 13 de agosto de 2011)
Estimado Sr. Pereiro,
vocé tem mais que sobrados recursos para levar ao rego o leitor do seu blogue sem necessidade de mentir ou contar meias verdades. O pregoeiro deste ano não foi Sergio Dalma -a quem contrapõe com Manuel Rivas, como se aquele fosse Perico de los Palotres e este Albert Einstein-, senão o jogador do Liceo Hockey, Jordi Bargalló.
O passo de Maria José Bravo pela concelharia de cultura da Corunha foi, para além de sectário, muito mediocre: comezou destituíndo a Ramón Núñez à fronte dos Museus Científicos corunheses para nomear a um dom ninguém da UPG; puxo os orçamentos e instalações municipais ao dispôr dos senhores Seoane, Braxe, Rivas e ci. para fazer/desfazer ao seu dispôr, como se eles representassem muito para além de eles próprios; trouxeram-nos, não a Sergio Dalma, senão aos Hombres G como grande actuação estelar nas festas do ano passado -ve-se que estes não se ponhem de espaldas ao público nem cantam canções que não conhece ninguém, como Bob Dylan, e que ao senhor Tello gostam-lhe mais.
Por favor, deixem de meter-nos ao advenedizo do senhor Rivas até na sopa. P.D.: por certo, tras o primeiro dia em que apareceu para vender livros pela carpa dos indignados seguido das câmaras de TV, a esse senhor não se lhe voltou ver o pélo por Acampada Obelisco -ve-se que agora há demassiado indig…ente, e não queda chic.
Efectivamente, Akiva tiene razon en lo del pregon, lo dio el capitan del Liceo (o algo asi), y no Sergio Dalma. En todo lo demas ni entiendo el comentario, y no por el rollete lusista. Las contrataciones a las que hace referencia el Sr Pereiro corrian a cuenta del IMCE (PSOE), no de Maria Xose Bravo. A Nuñez no lo destituyo nadie, lo ascendieron a Madrid, y aunque la eleccion del sustituto provoco una muy breve polemica inicial los MCC tuvieron mas dinamicas en los ultimos 3 años que en los 15 anteriores (es muy facil vivir de nombres y titulares).
Con respecto a todo lo demas, ni merece la pena considerar esto como un intento de polemizar respecto a lo realizado por Bravo (con cuya labor no concuerdo en muchos aspectos), sobre todo atendiendo a esa insinuante pasion enfermiza por cargar contra que se cite a Rivas (una vez) en una respuesta que finalmente desemboca en una posdata que parece dibujar un perfil de indignado de baratillo. Que asi no se argumenta, hombre.
Tino Fraga da UPG? Quén dí iso non coñece nada da traxectoria deste home, por certo moto máis eficaz ca Moncho na difusión exterior dos Museos, malia o desbaraxuste de Paco Vázquez et alt. na contratación do persoal e servizos dos Museos que lle deixaron…Por certo, Fraga concorreu no seu día á praza que lle deu Paco a dedo a Moncho, un gran profesional, como Fraga, por outra banda…
Home,a min Un millón de vacas ou Que me queres amor? gústame máis que a roncheta lusista do señor Akiva.
Falando xa do conto,o da concelleira é de psicoanalista(mellor non arxentino,non vaia pensar que o acento é galego e non funcione a terapia)
E pola miña parte pediría chous moi galegos. Gaioso forever.
Alfonso, não se trata do rollete espanhol cañí de Goio nem da tua roncheta castrapeira: não desviedes como sempre o tema, que seguro que depois imos presumindo de progres e tolerantes. Em quanto ao de Manolo Rivas, só advirto do perigo de hipersaturação com o senhor -a quem só falta já saír nos cromos que vêm com os Foskitos. Sem ânimo de questionar se a popularidade entre os corunheses dum jogador de hockey é menor ou maior que a de Rivas, a quem Pereiro situa à altua de Pardo Bazán, proponho-lhe que me cite outro escritor corunhês vivo (não confundir com vivo escritor corunhês, que desses há avondo) a quem conheça um de cada cem transeúntes a quem se lhe pergunte pela rua.
“Desviedes”? Es usted el que se ha puesto a liberar demonios sin venir a cuento, muchacho. Yo me lo haria mirar.
Home, Akiva, non se me quede no dedo e mire a lúa. Pero quedando no dedo: quitar ou poñer colaboradores é prerrogativa de calquera político, máis cando Moncho Núñez, ao que respecto, como a Tino Fraga, sexa da UPG ou do SD Sin querer, era un dos únicos tres directores de área do Concello, co que se o mantiñan, o BNG quedaba sen poder nomear ningún.
En canto a que Braxe, etc, non representan a ninguén máis que a si mesmos, penso que os avalía a súa traxectoria profesional, supoño que non proporá que os programadores culturais se escollan mediante eleccións entre non sei quen. E a maiores, non percibin que mangonearan nada, pero si foi así, eu sería dos que escollería para mangonear.
E sobre o de “advenedizo” de Rivas, soamente o pode admitir se vostede ten 80 anos e participou en ‘La Barraca’ de G. Lorca. Rivas ten demostrado en público e de cara, e non de forma anónima en internet, o que pensa e o que deixa de pensar. Sobre a súa presenza na acampada coruñesa, estaba prevista a súa intervención, xunto coa miña e a de Belén Regueira, e tiñamos a data reservada, pero a última hora, déronnos o recado de que ía ser que non, porque, a teor dos medios onde colaboramos, Rivas e eu eramos do PSOE, e Belén do PP.
Como dicía outro mangoneador, Xurxo Souto, moita falta de ignorancia.
Agora, se non lle gusta Rivas, está no seu dereito, pero se vai aos sitios, hipersatura, se non, é que non se enrolla…
Por quitar ferro às liortas, e sen alusions persoais (nen a Ana Fernández, nen a Carlos Negreira, nen a Paco Vázquez nen a Thiago El-Rei Fernández etc.) penso que viria ben uma Galicia Bisexual, na defensa da liberdade real, sen as mariconadas e as putadas das imposicions.
Conste que tenho “Os comedores de patacas” asinado por ele.
Acábame vostede de tirar da burra, ser Home. Non sabía eu que as intervencións esas espontáneas e asamblearias (a algunha asistín, parvo de min) eran espontáneas e asamblearias agás no caso da cita previa de talluditos popes de progresía. Non sabe canto me alegro agora de non dar atopado o manifesto e a mágoa que sinto por tanta deturpación. Mudam-se os tempos, meu amigho….
Por outra banda eu lamento coincidir con Akiva no empacho de rivismo. E de soutismo nin lle conto, que empachei aos quince segundos.
Saturación de Rivas? Se fora o caso que repetira pregón, poida que sí. Fóra diso, a polémica resulta absurda. Polo demáis, e como case sempre, confundímonos de nemigo.
Akiva fai o ridículo co seu primeiro comentário dando dados erróneos. Logo deriva toda a conversa sobre as suas fóbias persoais etc, etc ad libitum
Señoras e señores, presénto-vos un ciber-troll de manual.
Senhor Torquemada -perdão, Punkgalaico!- se introduzim dados errôneos têm-me sido emendados, e de sábios é rectificar. Em quanto às fílias/fóbias, deixe-me você manter livremente as minhas, igual que eu respeito a fóbia que se lhe poida ter a D. Sergio Dalma, autor de impagáveis fitos da música como “Quiéreme hasta que te duela” ou “Cuando ella dice sí”. Doutra banda, quem é um anônimo que assina como Punkgalico para falar de trolls, dixo-lhe a tixola ao cazo?
Home, eSe, xa non sei como se subiu á burra. Nas acampadas, polo menos na de Santiago, había mesas redondas organizadas. A asistencia de Rafa Cuiña á de Santiago (ou a de Rivas, Xurxo Salgado e eu) e a que vin de Guillermo Fdez. Obanza na da Coruña é dificil pensar que eran tipo “pasaba por aquí”, e non sei que mal lle ve, dado que estaban incluidas no xénero “entretemento formativo”, e non nas de carácter decisorio.
A parte das incorreccións do primeiro comentario, non sei a que ven o de dicir que hai unha saturación de Rivas. O que houbo e aínda hai é todo o contrario. Un dos mellores escritores que temos e que para o noso concello, durante decenas de anos, non existíu. Un escritor que ten que exiliarse a escribir en periódicos madrileños, xa que aquí o teñen censurado. Non entendo.