Ou como comezar con propósito da emenda e rematar recaendo. Recoñezo que o título é enganoso: debería ser En que mans estamos! Ata o saqueo da cidadanía e do país é cada día máis burdo.
Foi -está sendo- das columnas miñas en EL PAIS máis lidas, e a maiores de razóns como que a retuiteou @antonlosada, penso que tamén se debe a que a xente é cada vez máis conscente de que están -e estamos, coa nosa parte alícuota- instalados no delirio, e cada día está máis farta.
Vaia “peazo” de artículo!
E non podo evitar 2 apuntamentos:
A cita do suizo me leva a pensar que moitos dos nosos políticos non chegan nin a ter sombra.
Ma mesma páxina do Pais.com aparece que o exvicepresidente “bipartito” pasa a ser “un máis”…
Por unha vez, temo que debo discrepar con vostede, aínda que sexa nun punto pequeno. Se algo bo se fixo (non sei cando) para fomentar a iniciativa empresarial foi a creación dos Puntos de Asesoramento e Inicio da Tramitación (P.A.I.T.), nos que se poden facer facer todos os trámites para constituír unha Sociedade nun par de horas; 24h despois vaise ó notario, e a empresa está en marcha. Pode quedar algún fleco que te leve algún día a Facenda ou a Seguridade Social, e creo que non se poden usar en todos os casos, pero o certo é que resulta incriblemente fácil. Incriblemente.
Polo demais, e como non podía ser doutro xeito concordo con vostede. Eu, de ouvidas, tamén metería nesa lista de empresarios “conscientes” de antano a José Regojo, máis que nada por poñer a Redondela no mapa, porque eu non coñezo ben a historia pero o veredicto local parece unánime: alén das ideoloxías, hai persoas que entenden o lado humano das súas empresas.