Etiquetas
иконографияO responsable dos ferrocarrís de Cataluña fixo unhas polémicas declaracións sobre o AVE a Galicia, poñendo en cuestión a súa rendibilidade económica e mesmo social. As reaccións en Galicia non se fixeron esperar, obviamente. Entre outras cousas porque aquí somos moi sensibles no asunto infraestruturas, e máis se as críticas veñen dun ámbito que consideramos privilexiado en obra pública, e de alguén ao que o asunto non lle compete. Sen embargo, a maiores da xusta indignación que nos embarga, boto de menos os argumentos. Os datos nos que nos baseamos para desmentir esas críticas. Quizais sexa porque o único argumento do que dispoñemos é que, xa que os demais o teñen, nós temos dereito a un.
Pingback: X. M. Pereiro: 'Inxerencias ferroviárias'
seguramente haberá técnicos e informes razonados para poder decidir si nos ven mellor un AVE ou un cercanías, que creo que nunca veremos, pero o estilo de facer polítca neste país e vender ideas xeniais e simples, que den ven no telediario, o resultado é o de menos.
Só un par de cousas.
Pereiro, nos xornais habería que usar con máis tino o concepto AVE xa que este se refire exclusivamente a un servizo comercial de RENFE. O termo xenérico debería ser LAV (Liña de Alta Velocidade) que incluiría tanto o que vai haber de Santiago a Madrid (AVE) como o Coruña-VIGO (ALVIA).
Con respecto ás conexións internas, precismaente o que está máis avanzada é a conexión A Coruña-Vigo e Santiago-Ourense. Nun ano máis ou menos o 70% dos galegos estarán conectados por un tren competitivo co coche.
E finalmente, en canto ás estacións como a de Guadalajara (ou a de Ordes), o certo é que salvo nas poboacións importantes, as estacións para as LAV constrúese nas aforas porque metelas no medio das vilas implicaría reducir moito a velocidade e considerase que non compensa. Non discuto o dos terreos de Aguirre (paréceme moi plausíbel)simplemente apunto o dato para cando saia xente de Padrón ou Ordes a protestar por onde lles metero a estación.
Coma sempre é un pracer lelo, Sr. Pereiro
menos mal que nos queda … Pereiro. Bem enfocado o assunto, como de costume, e o melhor e que o tema ainda da mais de si. Agardamos a nova entrega, que poderia, ponho por casso, o re-Parto do Obradoiro, do Plan Galicia de mierda ao Plam Pepinho, …. Mais umha vez obrigados
Daniel: Esa imprecisión terminolóxica hailla que atribuír -sen esquecer a parte alícuota de responsabilidade que teñen os medios- aos políticos, que son os que venden o produto. Evidentemente, a LAV unirá as cidades -veremos se a un prezo competitivo co coche, aínda que eu xa aventuro que non-, pero desfará o que son as cercanías, a posibilidade de conexión ferroviaria das vilas, non soamente das pequenas, e das áreas metropolitanas, porque como di, un LAV non vai parar en todas as estacións, sexan importantes -Vilagarcía, etc- ou non. En canto á proximidade das estacións, a da Coruña non estará onde debera -San Diego- pero si no medio da cidade. E o que é descorazonador é que se estación de Viveiro do FEVE a puxeron a 8 km da vila por facerlle un favor a un tipo, agora se siga facendo o mesmo, un cento de anos despois.
Lute: non é o primeiro toque. Poña no buscador “AVE” (con perdón de Daniel) ou “infraestruturas” (ou o antigo “infraestructuras”) ou mire os post da categoría EL PAIS e verá como o meu é unha teima.
E sobre o dito, estas columnas:
A guerra do AVE
e estoutra (na que hai unha opinión do que daquena aínda era un experto, e non Director Xeral de Mobilidade
Os cidadáns que quería ver o tren
Sr. Pereiro,
Pois eu apóstolle un lacón deses que eran protagonistas por aquí a que en decembro de 2013 os usuarios da liña entre Coruña e Vigo medraron por riba dun 10% (comparado con decembro de 2011).
Contodo, estou dacordo con vostede en que sería precisa unha mellor conexión interurbana, especialmente Coruña-Lugo-Ourense e Vigo-Ourense (polo Sur, non o invento ese de Cerdedo, que iso si que é tirar cos cartos). E un servizo de cercanías (que agora non hai ningún) entre Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.
Sí senhor. Pois sí que lhe tinhas dado umhas quantas voltas ate agora. Chapeau!
Agradecido tambem por nos facilitar os enlaces aos artigos. Ate a proxima. Apertas.
Eu co do lacón estou demasiado escaldado (ao final, cando cedín, os lambolacoeiros non concordaron as axendas) para apostalo,e non digo que non. Pero o uso dun servizo de transporte coido que depende de prezo e frecuencias. Sobre o primeiro, hai poucos meses facían unha enquisa aos usuarios do tren A Coruña-Santiago (4,x €, 35-40′ de viaxe) se estaban dispostos a pagar 10€ porque a viaxe se acurtara en 15′. Soamente algún yuppie debeu dicir que si, supoño, pero ninguén que teña que usar o tren a diario. A conexión A Coruña-Santiago é a única que se parece a un servizo público eficaz por prezo (menor ca peaxe da AP9)-duración-frecuencia. E achégase a da Coruña-Vigo. No resto, pouco importa que vaia haber trens rápidos entre as cidades, se se limitan a 2-3 diarios, e o prezo é considerablemente superior ao do coche. Pero por min, oxalé me equivoque e sexa un bo servizo. O que digo sempre é que máis que conexións rápidas con Madrid, que sempre terán unha demanda relativa, sería mellor investimento unha rede de cercanías que dera servizo ás áreas metropolitanas (A Coruña-O Burgo-Betanzos-Pontedeume-Ferrol) e xa postos a pedir, A Coruña- Monforte.
Miren: eu non lles son sospeitoso de anti-galego, pero entendo o fondo (que non a forma) que hai detrás dalgúns dos cabreos dos políticos cataláns. A día de hoxe, todos os AVEs programados son por/para/a través de/desde/cara a Madrid. O corredor mediterráneo (Almería-Murcia-ALicante-Valencia-Castellón-Tarragona-Barcelona-Xerona-fronteira francesa) non existe nin no papel, pero temos AVE Madrid-Toledo-Albacete. Alguén o entende?
Sen ánimo de seguir dando a lata pero xusto acabo de ler noutra web os datos de usuarios desde que se mellorou a linha Corunha-Santiago
Ano 2008
Santiago 1.225.247
A Coruña 881.457
Vigo 939.370
Ano 2010 (co Eixo Atlántico Santiago-Coruña rematado)
Santiago 1.641.196
A Coruña 1.249.784
Vigo 1.040.460
Os usuarios do Norte (que xa tenhen un tren decente) medraron 4 veces máis que os do Sur que todavía terán que agardar un ano.
Bastante de acordo con Daniel.
E flipo coa suavidade coa que falamos das declaracions de moitos politicos catalans.Seica por ser galegos progresistas non podemos criticar a nula sensibilidade social e territorial dun catalan?
PS. A min tanto me ten o AVE Almeria-Murcia como o AVE Madrid-Toledo
Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?
Pingback: Parte de Bruxelas » Blog Archive » A crise tamén chega ás oficinas de Bruxelas