иконописBoa parte da poboación está inmersa nesa operación volta ao curso que as superficies comerciais anuncian cun optimismo e cunha alegría tan sincera como os prezos das rebaixas, e que todos sabemos que é unha hemorraxia de cartos e de traballos só un chisco por debaixo dos de Nadal. Tamén é unha fonte de incerteza. Quizais sexa un pai ou nai fachendoso que repite a todas horas modestamente a canto coñecido se atopa que os nenos lle aproban todo, e con nota. Ou quizais pasou o verán vixiando que un vástago ou vástaga cumprira os seus deberes de estudo para os exames de setembro. En calquera dos casos, despreocúpese. Nada ten remedio. O éxito escolar non depende da preparación dos profesores, da disposición dos alumnos nin da preocupación dos pais: a clave está na herdanza xenética. Ou iso é o que asegura a patronal española.

Advertisements