Etiquetas
- Moita participación. Os clásicos do PC, as extremas do BNG, os manifestantes con pedigrí, unha chea de alternativos e sobre todo xente nova (non soamente moza, senón nova, non habitual das reivindicacións).
- Moita participación, pese ao desinterese -ou interese desmobilizador- dos tradicionais axentes de mobilización como organizacións (partidos ou sindicatos) ou medios. Hai unha inquedanza social, mareira a forte mareira, que non se dá encanado e concretado.
- Nun fenómeno altamente político como é este, a ausencia das organizacións que comparten reivindicacións tanxentes con el supoño que se debe á resaca da fobia antipartidista inicial, ou o que é peor: non van porque non o controlan.
- Aínda máis patético é o caso dos medios. Nas versións dixitais dos medios galegos era practicamente imposible atopar información previa sobre as convocatorias locais, e logo era moito máis visible e inmediata a cobertura das manifestacións en Roma ou en Aix-en-Provence. Iso tanto nos dixitais máis estáticos como nos que van de raudos e interactivos. Se pensan que a xente sigue a mercar o periódico pola carteleira de cine, e que o que non sacan non existe, logo que non se queixen de que baixa o “consumo” de “información”. Hai mobilización a pesares dos medios (pero máis habería se houbese información, claro).
- En resumo, e como lle pasou a Nunca Máis, o morto que algúns dan por matado goza de moi boa saúde. Outra cousa é no que acabe, se é que acaba.
- (E que alguén me aclare o misterio da proliferación e mesmo exhibición de bicicletas, ese vehículo certamente molesto para participar nunha marcha a pé).
- 15O na Coruña
Unha posible explicación a proliferación de bicicletas pode ser que unha das organizacións convocantes era “masa crítica”, según me comentaron.
Non ten nome, bueno, sí, ten nome. Inexplícabel, incríbel, inaceptabe, penoso……..que Organizacións que deberan estar nunha Mobilización por un cambio de sociedade non a fomenten, non participen…….
Concordo (desde Santiago) coas apreciacións sobre a participación de xente nova, do papel dos medios, e do temor da desconfianza dos partidos ante un movemento espontáneo que non controlan
Eu que non fun, non por nada, se non porque non vou a ningunha manifestanción (prohibemo a miña relixión), si que tiven que aturar o dia anterior cando estiven visitando a uns cuñados na nova Navia, o coche coa megafonia da convocatoria aparcado xusto baixo o piso.
Mamasiña.Deus nos colla confesados e comulgados.
Semellante retaila fascistoide facia anos que non a escoitaba.
Como xa somos xente moi maior, discutiamos entre nos se o discurso era tipo a do Ruiz Mateos cando se presentara o Congreso ou a do GIL e gil. Ainda que teño que recoñecer que a min caianme mais simpaticos estes últimos porque non se escondian en tonterias de tipo democracia real e cousas raras.
Ainda que é bo que os que se preocupan pola ESPAÑA dos seus amores se manifesten e se aposenten nas plazas ou donde lles pete so lles pedimos por favor que o fagan no Principe ou na Plaza de Compostela ou no Nautico cos meus fillos no botellón pero que deixen os barrios tranquilos que bastante jodido está o asunto como para que non se poida falar e descansar tranquilamente coa familia e amigos .
Saude.
Alvarez