Firmo todo, aínda que non soupera decilo igual. E iso da marea de dereitas que se esponxa cal Bobby liofilizado é dun lírico supremo…malia que algunhas minorías teñamos que sufrilos (aos bobbys) ben cheiños da merda electoral (que non democrática) que lle acaban de insuflar…
Dígalle ao seu amigo que os madrileños non din “playeras”, senón “zapatillas, ou zapatillas deportivas”, ou “deportivas”. O de playeras é algo que din os asturianos, segundo un amigo meu de Gijón. Igual leva un disgusto.
Titula un xornal de privincias hoxe que “España se entrega a Rajoy”. Non é a miña intención enxuizar a significación de tal metáfora, senón cotexala co mapa de maiorías por comunidades. Efectivamente, España é do PP, e o País Vasco e Cataluña dos nacionalistas.
En Galicia, por moito que algúns se chufen de dicir “playeras” e “qué has hacho?”, aínda levan no retintín das súas voces os acusadores ecos da prosodia galega mal disimulada. Que non farían algúns por poder lavar os dentes tres veces ao día cun bo acento de Valladoliddd e que lles aproveitase?

En calquera caso, eu vexo a Raxoi campeando a necesária (con licença dos portugueses) Cruzada pola Reconquista da Orgulhosa Economia Espanhola:
-Xon ox mercadox?
-…
-Poix que xe ponhan…